🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe por videoconferencia un encontro cos alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e Redondela, Digna Rivas, aos que informou sobre a concesión de preto de 173.000 euros para proxectos de mellora enerxética en ambos os dous municipios. Concretamente informou que as axudas permitirán substituír […]

O Concello de Gondomar suspenderá a celebración do mercado de venta ambulante semanal ata novo aviso, sempre seguindo as indicacións que marca a Xunta de Galicia para frear a curva ascendente da terceira ola da pandemia e ante o incremento de contaxios da covid19 que se están a rexistrar na comunidade galega.

O concello de Gondomar facilita aos colexios material para fomentar a educación ambiental.

O departamento de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, con motivo da celebración do Día Mundial da Educación Ambiental, o próximo 26 de xaneiro, porá a disposición dos centros educativos de Gondomar material de tipo lúdico-educativo relacionado con cuestións de carácter ambiental e o cambio climático. En total repartiranse entre os colexios de Educación Primaria do […]

Reunión co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Gondomar.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a Concelleira de Urbanismo, Iria Lamas, reuníronse este xoves co responsable do equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Gondomar, Alfonso Botana, para analizar as pequenas correccións que hai que introducir no documento, segundo o Informe de Avaliación Mediambiental remitido pola Xunta de Galicia. O […]

O “miniecopunto” de reciclaxe de REES (residuos eléctricos e electrónicos) permanece no Centro Cultural de Mañufe para facilitar a veciñanza un lugar onde depositar os aparellos electrónicos (móveiles, tablets, cargadores, etc) dos que se queran desfacer. O obxectivo e concienciar e sensibilizar a poboación na necesidade de reutilizar e reciclar estes aparellos. Este “miniecopunto”, que […]

Gondomar xa conta cun punto limpo renovado pola Deputación para a reciclaxe dos residuos eléctricos e electrónicos

A Deputación de Pontevedra levou a cabo as obras de acondicionamento e adaptación do punto limpo de Gondomar para a xestión e reciclaxe dos residuos eléctricos e electrónicos, nas que a institución provincial investiu un orzamento de 35.307 euros. Grazas a estes traballos, que se enmarcan no proxecto ESTRAEE, a veciñanza conta xa cun espazo […]

Gondomar contará con dos nuevos transformadores para prevenir cortes en el suministro eléctrico

En la reunión el acalde, mostró su preocupación por lo sucedido y trasladó su malestar y el de los afectados al delegado provincial de la distribuidora, Francisco Ramos, y al jefe de operaciones de la Zona Sur, Marco Gelpi, y a la que acudió también el Presidente de la Entidad de Morgadáns, Alfonso Misa. El […]

O Concello de Gondomar mellora a seguridade viaria nas inmediacións do pavillón e institutos

As obras de mellora da seguridade viaria na estrada EP-2303 Gondomar-Vilaza-Parada xa están en marcha co obxectivo de seguir ampliando a implantación dun modelo seguro e sustentable da rede viaria na provincia, e concretamente no concello de Gondomar. O alcalde e técnicos da Deputación provincial visitaron nas últimas horas esta actuación que contempla a construción […]

A Concellaría de Medio Ambiente do concello de Gondomar impartiu esta semana unha charla formativas dirixida ao profesorado do municipio interesado en coñecer mellor as técnicas de compostaxe para poder trasmitirllas ao seu alumnado. É o caso dos docentes do CEIP Xosé Neira Vilas de Peitieiros que interesáronse por esta posibilidade. Así da man da […]

O goberno local de Gondomar avanza os trámites para poñer en marcha as obras do Polígono da Pasaxe

Un total de oito empresas optan á execución dos traballos de urbanización da Fase II do Polígono Industrial da Pasaxe en Gondomar, por un prezo de saída de 3,4 millóns de euros e outras catro presentaron ofertas para a dirección de obras, presupuestados en torno 50.000 euros máis ive, tras finalzar o prazo de presentación […]

A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial 2303 Gondomar-Vilaza-Parada, na que investirá preto de 32.500 €. A actuación, que se desenvolverá durante dous meses, nun tramo de 55 metros, ten por obxectivos executar unha senda peonil e manter o viario para optimizar a súa seguridade […]

O Goberno dota dun novo regulamento ao Punto Limpo de Gondomar adaptándoo ás novas esixencias e lexislación en materia ambiental

“Seguimos avanzando nos nosos compromisos e na mellora das infraestruturas para dar servizo a nosa veciñanza, neste caso en materia medioambiental”, sinalou o alcalde Paco Ferreira, no pleno da corporación municipal onde se deu luz verde ao novo regulamento de funcionamento do punto limpo de Gondomar, que permanecía sen actualizar desde o ano 2008. O […]

A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo

A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño. […]

Unha vintena de alumnos-traballadores comezou hoxe a segunda edición do obradoiro dual de emprego ‘Crea e Coida Miñor’ promovido polos tres concellos do Val Miñor e que está orientado por un lado a formación en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ou en domicilio, e, por outro, a deseño de produtos gráficos destinados […]

Ethel Vázquez trasládalle ao alcalde de Gondomar que antes do vindeiro verán os menores de 21 anos do municipio poderán viaxar gratis no autobús interurbano coa tarxeta ‘Xente Nova’

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle hoxe ao alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, que o antes do vindeiro verán os menores de 21 anos do municipio poderán viaxar gratis nos autobuses dependentes da Xunta coa tarxeta Xente Nova. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro, por videoconferencia, […]

Medio Ambiente avanza na tramitación do PXOM de Gondomar ao emitir o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de formular o documento de alcance correspondente ao estudo ambiental estratéxico do futuro PXOM de Gondomar. Trátase dun paso importante e que permite avanzar na tramitación ambiental do plan xeral deste concello, que desde o ano 2008 carece dun instrumento de planeamento urbanístico en vigor. O […]

Posicionamento da Comunidade de Montes de Vincios sobre o parque eólico proxectado

Dende a capacidade soberana de decisión, a asamblea de comuneiros decidiu o rexeitamento sen paliativos da implantación do parque eólico sobre a superficie propiedade do monte veciñal. Esa mesma capacidade soberana podería ter decidido dentro das súas atribuciòns apoiar a instalación do mesmo, pero non o fixo, e non o fixo entre outras cousas polo […]

Conceden unha axuda de 300.000 euros do Fondo de Cooperación para a adquisición da Casa Peralba no concello de Gondomar

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concede unha axuda de 300.000 euros ao Concello de Gondomar do programa Fondo de Cooperación, para adquirir a Casa Peralba co fin de rehabilitala. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Gondomar, Juan Francisco Ferreira González, veñen de asinar telematicamente […]

A Deputación de Pontevedra expresa a súa “indignación e rotunda condena” dp crime machista de Gondomar

A Deputación de Pontevedra trasladou hoxe a súa “repulsa, condena, dor e indignación” ante o novo crime machista que rematou coa vida de Soledad Rey, a veciña de Mañufe (Gondomar), de 59 anos, presuntamente asasinada pola súa parella, e trasladou a súa dor e condolencias á familia e amizades da vítima. A presidenta provincial, Carmela […]

El presunto autor permanece ingresado en el Álvaro Cunqueiro en calidad de detenido. Un hombre ha matado a su mujer en la tarde de este miércoles en la parroquia de Mañufe, en el municipio pontevedrés de Gondomar, tras lo que ha tratado de suicidarse. Según han informado a Europa Press fuentes de la investigación, el […]

La Guardia Civil, en un operativo conjunto realizado con el apoyo de las policías locales de Gondomar y Nigrán, ha puesto a disposición judicial a tres vecinos de Vigo, que fueron sorprendidos cuando transportaban en una camioneta tres vigas metálicas que habían sustraído en el municipio de Gondomar. Los hechos ocurrieron el pasado martes cuando […]

Inician as obras para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na contorna do parque empresarial da pasaxe, en Gondomar

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe. Os traballos suporán un investimento da Xunta próximo aos 435.000 euros e estarán rematados este mesmo ano. A intervención nesta estrada autonómica que comunica O Porriño e Gondomar […]

Carmela Silva enxalza en Gondomar “ás mulleres guerreiras galegas das que herdamos a forza para loitar pola igualdade”

A homenaxe á muller galega e a reivindicación da súa forza foron hoxe os fíos condutores da nova acción do programa contra as violencias machistas “Mulleres en Acción. Violencia Zero” que se desenvolveu en Gondomar, a actuación “tribal” da cantante Zeltia, acompañada de Andrea, e na que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, […]

A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe. Os traballos, adxudicados á empresa Covsa por un importe de máis de 352.000 euros, prevén o seu comezo o vindeiro mes de xullo. A intervención nesta estrada autonómica […]

Arde un pendello en Gondomar

Un incendio declarado no interior dun pendello provocou que a construción ardese por completo, sen que se rexistrasen danos persoais. Sucedeu en Gondomar, no lugar de San Ciprián e, segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a causa do incendio foi unha tixola esquecida ao lume nunha cociña. Foi unha persoa particular quen alertou do […]

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Miñor e Zamáns e nos regatos de Zapa e da Rasa, no concello de Gondomar

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Miñor e Zamáns, así como no regato de Zapa e o regato da Rasa, ao seu paso polo municipio de Gondomar. Estas tarefas estanse a desenvolver nun tramo de preto […]

Gondomar inicia o reparto de preto dun cento de composteiros individuais do Plan Revitaliza

O Plan Revitaliza de compostaxe vai a repartir preto dun cento de composteiros individuais (COIN) no concello de Gondomar. Esta semana realizouse o primeiro reparto á veciñanza, estando convocadas 20 persoas para recibir unha charla de formación sobre a compostaxe de residuos orgánicos e recibir despois o composteiro. Nos vindeiros días realizaranse outras convocatorias para que outros […]

Un total de nove empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar, cun investimento de 435.000 euros

Un total de nove empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe, por un investimento de 435.000 euros. A actuación nesta estrada que comunica O Porriño e Gondomar ten como obxectivo a eliminación dun treito de concentración de […]

Persoal do concello de Gondomar, formado en compostaxe polo Plan Revitaliza

O Concello de Gondomar ten xa persoal formado en compostaxe polo Plan Revitaliza da Deputación. No día de hoxe rematou o Curso Básico de Compostaxe e Información Ambiental, impartido durante o mes de xaneiro e a primeira semana de febreiro, cunha parte práctica e outra teórica. A formadora e o formador deste curso foron o técnico Carlos […]

A Xunta financia con 30.000 euros a compra dun vehículo destinado a labores ambientais para o Concello de Gondomar

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe o concello de Gondomar, onde o Goberno galego ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, achegou 30.000 euros para a compra dun vehículo patrulla destinado ás funcións que a policía local ten asignadas na protección do medio ambiente e do espazo natural. O investimento da […]

Política Social visita a residencia de Vila do Conde de Gondomar, á que destina 713.000 euros anuais

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou hoxe a residencia de Vila do Conde situada no concello pontevedrés de Gondomar. Alí destacou a calidade da atención que reciben os usuarios do centro ao que a Xunta de Galicia destinou no ano 2019 preto de 713.000 euros. Ildefonso de […]

Gondomar repartirá 6000 euros en premios no Desfile de Comparsas do Entroido 2020

O goberno local, a través da súa concellería de Cultura, contempla un total de 6000 euros para premiar ás comparsas que se decidan a participar este ano no Desfile Concurso do Entroido do municipio, que se celebrará o vindeiro domingo día 23 de febreiro a partir das 16.30 horas cun percorrido a través das principais […]

Gondomar recoñecerá a traxectoria dos seus deportistas nunha nova Gala do Deporte

O concello de Gondomar publicou as bases reguladoras dos premios da V Gala do Deporte coa que, por quinto ano consecutivo, búscase recoñecer “a entrega e dedicación de persoas, clubs ou institución de Gondomar no mundo do deporte, que coa súa actividade, ademais de transmitir valores inherentes e necesarios para todos, en moitísimos casos están […]

Gondomar renova o seu parque móbil do servizo de recollida de lixo e limpeza

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polo edil de Medio e Transición Ecolóxica, Brais Misa, presentaron hoxe a nova frota de camións e maquinaria do servizo de recollida de lixo e limpeza do municipio e que, segundo manifestou, “axústanse á política que desde o goberno local realizamos co obxectivo de converter o noso concello […]

Gondomar acolle unha nova acción formativa centrada en potenciar o desenvolvemento local

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto á presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentaron esta mañá na localidade unha nova edición do itinerario “ Coas mans na masa”, que se desenvolverá entre os meses de febreiro e marzo en diferentes concellos integrados na citada asociación. Na […]

A Xunta licita as obras de mellora da seguridade viaria no contorno do parque empresarial da Pasaxe, en Gondomar, cun investimento de 435.000 euros

A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de licitar o contrato para executar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-331, no contorno do parque empresarial da Pasaxe, por un investimento de 435.000 euros. Este anuncio, publicado hoxe na plataforma de Contratos Públicos de Galicia, […]

O Concello de Gondomar aposta pola reciclaxe e inaugura un segundo centro de compostaxe comunitaria

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xunto ao concelleiro de Medio do goberno, Brais Misa, asistiron este xoves á posta en marcha do segundo centro de compostaxe comunitarios da localidade, situado no Parque dás Ánimas, onde algúns veciños esperaban xa para depositar os seus residuos orgánicos e estrealo nese mesmo momento. O rexedor lembrou a […]

A Xunta pon hoxe en servizo a glorieta da senda entre Gondomar e A Ramallosa, na estrada PO-340, para reforzar a seguridade viaria na contorna

A Xunta vén de poñer esta tarde en servizo unha glorieta na estrada PO-340, na intersección coa vía provincial que vai a Donas, en Nigrán, para aumentar a seguridade e facilitar a mobilidade dos veciños desta contorna, tras finalizar os traballos que se retomaban o pasado mes. Esta rotonda está enmarcada no proxecto da senda […]

O SERGAS inicia o próximo venres a actividade do novo Centro de Saúde de Gondomar

O novo centro de saúde de Gondomar iniciará a súa actividade na tarde do venres dia 22 de novembro. Así, unha vez o Concello de Gondomar realizou todos trámites administrativos necesarios para a súa posta en funcionamento e oficializou a licencia de actividade do centro, o Servizo Galego de Saúde xa está en condicións de […]