“O anuncio da ocupación dos terreos do Souto para a EDAR é unha táctica fraudulenta de Fomento para comezar unha obra que saben que pode ser ilegal”

Ante as novas aparecidas nos medios nos últimos días sobre o proxecto da EDAR no Souto, e que non se corresponden coa realidade, a Plataforma pola Recuperación do Sar
Publicado por o día 29/01/2018 na sección de Galicia,Ourense,Social

“O anuncio da ocupación dos terreos do Souto para a EDAR é unha táctica fraudulenta de Fomento para comezar unha obra que saben que pode ser ilegal”

Ante as novas aparecidas nos medios nos últimos días sobre o proxecto da EDAR no Souto, e que non se corresponden coa realidade, a Plataforma pola Recuperación do Sar, desexa informar do seguinte:

  • Malia as declaracións que tentan sementar á dúbida sobre a existencia dun recurso contencioso contra o proxecto, a realidade é que este recurso presentado pola Plataforma pola Recuperación do Sar e polos veciños de Quistiláns, Costoia e Framil foi admitido a trámite polo Decreto de 16 de novembro de 2017 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e o procedemento atópase na fase de remisión do expediente administrativo polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, como se pode comprobar na nosa páxina web onde temos publicadas ás dúas resolucións que así o corroboran: 

O decreto de admisión a trámite do recurso contencioso:http://defensadosar.ga/wp-content/uploads/2018/01/2_Decreto_Admision_2017_0004534_.pdf

Tamén temos publicado o segundo documento, unha dilixencia do Tribunal, polo que este nos entrega o expediente administrativo do proceso da EDAR no Souto tras serlle solicitado dito expediente ao mesmo Ministerio de Medio Ambientehttp://defensadosar.ga/wp-content/uploads/2018/01/3_Recibido_expediente_traslado_20.pdf 

  • Como xa se ten explicado públicamente, no caso de que o Concello de Santiago de Compostela asinara o convenio tal e como está, este tería quepagar uns 18 millóns de Euros (1.800 €/veciño), o 20% do total; a depuradora prevista acada os 90 millóns de Euros. Os recibos da auga a partir dese momento incrementaríanse de xeito inasumible.

  • Se se compara o custe da depuradora coa de Ourense, por exemplo, vemos como esta costou 59 millóns de Euros e o Concello pagou o 5%, é dicir, 3 millóns de euros, seis veces menos que o que se lle pretende facer pagar aos veciños de Compostela (info de ACUAES, no primeiro párrafo da segunda páxina pódese ver o desglose por administracións):http://www.acuaes.com/sala-de-prensa/notas-de-prensa/isabel-garcia-tejerina-la-nueva-estacion-depuradora-de-ourense

Este agravio comparativo é máis grave se temos en conta que a depuradora de Compostela tería capacidade para 100.000 habitantes menos. 

  • A construción dunha EDAR no Souto supón unha desfeita patrimonial e natural irreversibleA decisión da súa ubicación foi tomada alterando deliberadamente os estudos económicosos ambientais e os patrimoniais tal e como se desprende do propio expediente. Por exemplo, na propia documentación, ACUAES recoñece que a opción elixida de fangos activos é a peor opción entre as catro tecnoloxías baralladas. Esta tecnoloxía é a que precisa, sen embargo, a maior extensión de terreo ocupado, inaplicable polo tanto no lugar de A Silvouta. Dende a Plataforma entendemos que o único motivo polo que se optou por esta tecnoloxía, recoñecida como a peor, é porque precisamente con ela se eliminaba como alternativa A Silvouta, deixando como única posible O Souto.

  • Onte o Consello de Ministros acordou a urxente ocupación dos terreos e bens do Souto coa que se pretende dar inicio á construción da EDAR.

    Dende a Plataforma denunciamos un intento fraudulento de por en marcha unhas obras sobre as que pesa a ameaza da súa declaración de ilegalidade derivada do recurso contencioso administrativo interposto, que se está a tramitar diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que de prosperar, suporía a anulación da Declaración de Impacto Ambiental e deixaría sen motivación nin xustificación posible o devandito acordo de inicio do procedemento de expropiación forzosa. Esta mesma táctica foi xa empregada nun caso similar en Xixón. Asimesmo, supón un menosprezo ao Concello de Ames pois xa se manifestou abertamente en contra da ubicación da EDAR polas numerosas irregularidades na toma de decisións e o grave dano patrimonial e natural que implicaría.

A pregunta que nos facemos é: Por qué existe un empeño en facer a EDAR no Souto cando a opción de facela no mesmo lugar onde está a actual é moitísimo máis barata e ten unhas consecuencias ambientais e patrimoniais moitísimo menores?