🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O deputado do BNG, Daniel Pérez formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre o gromo detectado na Residencia de Maiores, Domus Vi de Vimianzo que afectou á totalidade das persoas usuarias do centro, “150 afectados de 150 usuarios”. Tras a intervención do director xeral de Atención Integral sociosanitaria, Antón Acevedo que coincidiu na diagnose do […]

O BNG de Vigo chama a actuar nos colexios públicos que fican sen calefacción

Diante das denuncias trasladadas por familias dos colexios públicos Escultor Acuña e Otero Pedraio que levan semanas sen calefacción, o Bloque Nacionalista Galego chamou ao Goberno municipal de Vigo a actuar coa maior urxencia para resolver esta situación. A fronte nacionalista insta tamén a reforzar o servizo de mantemento para evitar novos casos. A través […]

BNG exixe o Goberno unha alternativa de futuro nas Pontes antes do peche da térmica de ENDESA

O Bloque Nacionalista Galego, ante o anuncio de ENDESA de pechar definitivamente a central térmica das Pontes, insta o Goberno español a dar unha solución industrial alternativa de forma urxente e que impedir o pechamento da planta sen antes garantir un futuro económico e industrial de toda a comarca de Ferrol e o mantemento dos […]

Aprobada por unanimidade a proposta do BNG para poñer en marcha un Plan de rescate da hostalería con axudas inmediatas e a fondo perdido

O deputado do BNG, Daniel Pérez volveu a levar ao Parlamento a “situación crítica” da hostalería galega e a urxencia de medidas para asistir a un sector gravemente afectado polas restricións da pandemia “dende hai moitos meses” polo que reiterou a urxente posta en marcha “dun plan de rescate” con axudas directas e a fondo […]

BNG presenta o proxecto de Recuperación Produtiva das Rías Galegas cun investimento de 1.096 M€

A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou na Coruña o Proxecto de Rexeneración Produtiva das Rías Galegas cun investimento de 1.096 M€,  como proposta para ser financiada con cargo aos fondos de recuperación europeos. A líder do BNG salientou que se trataba “dun proxecto de país que beneficia de cheo á economía real, a un sector […]

Ana Pontón: «É inaceptable o peche da central de Endesa nas Pontes mentres non haxa alternativas viables sobre a mesa»

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera “inasumible” o anuncio de Endesa de pechar a central térmica de Endesa e advirte de que “non se pode aceptar o peche desta central mentres non haxa alternativas viables sobre a mesa”. Neste sentido, Pontón exixe á Xunta e ao Goberno central que “deixen de bailar ao son que […]

O BNG de Vigo urxe a actuar con transparencia e protocolos claros no surto de Covid19 no Hospital do Meixoeiro

O Bloque Nacionalista Galego expresou esta mañá o “profundo desacougo” diante de como se está a xestionar por parte do Sergas o surto de contaxios de Covid19 rexistrado no Hospital do Meixoeiro en Vigo. A fronte nacionalista urxe ao Sergas a actuar con transparencia e protocolos claros para conter a transmisión e protexer tanto a […]

A Deputación de Pontevedra debaterá no Pleno ordinario deste mes de xaneiro unha moción asinada polos grupos de Goberno (PSdeG-PSOE e BNG) pola que esixe á Xunta de Galicia un Plan de Rescate da hostalería e do resto dos sectores afectados pola pandemia de Covid19 nun marco de colaboración interadministrativa. A Deputación adianta a súa […]

O BNG defendeu hoxe no Parlamento galego unha proposición non de lei para instar á Xunta a elaborar unha normativa específica dos usos sociais do monte, en colaboración coas comunidades de montes veciñais, que favoreza a coexistencia dos distintos usos e preveña das posibles consecuencias negativas que algúns deles poden ter, unha iniciativa que foi […]

O BNG avanza que o control da expansión do virus, o plan de vacinación do Goberno galego e as medidas para compensar os sectores máis afectados pola pandemia serán as súas prioridades no primeiro pleno parlamentario do ano, no que o presidente da Xunta comparecerá para dar conta da preocupante evolución do virus no país, […]

Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego, integrada pola portavoz nacional, Ana Pontón, o portavoz no Congreso, Néstor Rego, e o deputado do Parlamento galego, Paulo Ríos, mantivo nesta terza feira unha reunión telemática con asociacións de transportistas de mercadorías e viaxeiros e autónomos para abordar a situación das peaxes da AP-9. Na xuntanza, en que […]

O BNG de Vigo reclama que se informe dos acordos do Comité Municipal de Seguimento da Covid19

O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá que se dirixirán ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, para lle reclamar que informe a todas as formacións políticas con representación no Pleno dos contidos e acordos das xuntanzas que celebre o Comité Municipal de Seguimento da Covid19. A fronte nacionalista demanda, ademais, diálogo de cara á definición […]

BNG propón un confinamento de dúas semanas se a curva da terceira onda non se controla de xeito inmediato

Os datos mostran que a terceira onda é tan virulenta como a primeira, con cifras de contaxios, hospitalizacións, ingresos en UCIS e falecementos inasumibles. Con este escenario, o BNG pide tomar medidas valentes incluído un confinamento total de dúas semanas se a curva non se aplana de xeito inmediato nos próximos días. “As restricións non […]

BNG acusa ao PP de estar máis cerca da patronal do xogo que da saúde pública e o interese xeral

O deputado do BNG, Luís Bará instou ao goberno galego a elaborar “un estudo” sobre “recadación e fiscalidade” das casas de apostas, salas de xogo e máquinas de xogo na hostalería acompañado dun programa de prevención, sensibilización e educación dirixido á mocidade e ámbito escolar así como  medidas para detección e tratamento das ludopatías. No […]

O BNG de Vigo esixe do Goberno municipal que cumpra as sentenzas e busque unha solución ao conflito dos bombeiros

Após coñecerse o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que confirma a sentenza que xulgaba ilegais os servizos mínimos impostos polo Concello de Vigo na folga de bombeiros, o Bloque Nacionalista Galego esixiu esta mañá ao Goberno municipal que cumpra as sentenzas e que procure unha solución definitiva ao conflito, atendendo as reivindicacións […]

O BNG vai reclamar á Xunta no Parlamento galego a prórroga do selamento de oficio das demandas de emprego en tanto existan medidas restritivas de mobilidade ou de acceso aos distintos edificios administrativos, logo de que esta medida rematase oficialmente o pasado 31 de decembro. Nunha proposición non de lei presentada polos portavoces nacionalistas de […]

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, acaba de preguntar ao Goberno español, a través dunha iniciativa parlamentaria, por que Patrimonio Nacional, organismo público dependente do Ministerio de Presidencia, está a asumir o custo do persoal que asiste Juan Carlos de Borbón como axudas de cámara na súa nova residencia nos Emiratos […]

A portavoz nacional, Ana Pontón, propón un plan de rescate do sector da hostalería similar ao posto en marcha en Alemaña pola chanceler Angela Merkel, habilitando axudas inmediatas para compensar até o 70% das perdas rexistradas polos locais, axudas que deben estar en vigor tanto tempo como duren as restricións que, como no momento actual, […]

BNG insta o Goberno a dar solucións para evitar o fechamento de SIEMENS-GAMESA nas Somozas

O Bloque Nacionalista Galego presentou unha batería de preguntas para instar a Xunta de Galiza e o Goberno do Estado a participar activamente nos foros que se poidan constituír para abordar a problemática da factoría de SIEMENS-GAMESA no Concello das Somozas e intervir decididamente para evitar o fechamento da factoría e a perda dos máis […]

O BNG de Vigo chama a poñer en marcha unha programación cultural municipal “en liña” para evitar que a pandemia afogue a cultura na cidade

O Bloque Nacionalista Galego insta o Goberno municipal de Vigo a poñer en marcha unha programación cultural estábel “en liña” que evite que as restricións derivadas da pandemia acaben por afogar o tecido cultural da cidade. O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, defendeu a necesidade dunha resposta municipal diante dos impedimentos que […]

O BNG vén de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a apostar de forma inequívoca pola práctica deportiva segura dotando de todo o material necesario aos clubs galegos de fútbol base, fútbol sala e fútbol feminino, sen que isto supoña custe algún para os mesmos, para poder desenvolver as […]

O BNG expresou o seu compromiso na defensa do sector pesqueiro galego mediante a posta en marcha dunha batería de iniciativas nas distintas administracións que freen a perda da súa capacidade económica como consecuencia non só da pandemia, senón tamén pola incertidume causada polo acordo do Brexit. “A redución dun 25% dos dereitos de pesca […]

Ante a evolución dos datos da pandemia,- con record de contaxios diarios-, a portavoz nacional, Ana Pontón, propón que se reforce a sanidade pública, en particular a atención hospitalaria e de camas UCIs, para anticiparse e evitar calquera saturación na asistencia sanitaria hospitalaria e de urxencias. “Unha proposta que facemos en positivo e sen máis […]

O viceportavoz do grupo parlamentar do BNG, Manuel Lourenzo reclamou hoxe, na xuntanza da Deputación permanente, convocar un Pleno extraordinario no que o presidente da Xunta compareza para informar das medidas adoptadas polo goberno contra a terceira onda da COVID-10, o plan de vacinación e as compensacións aos sectores económicos máis afectados. O deputado pediu […]

Ana Pontón demanda que o DOG coas medidas para frear a COVID inclúa tamén as axudas aos sectores máis afectados

A portavoz nacional, Ana Pontón, pediu ao presidente da Xunta que deixe de culpabilizar á cidadanía da evolución da COVID, que sexa claro e contundente na adopción de medidas e que o mesmo DOG que recolle as restricións inclúa tamén as axudas directas aos sectores máis prexudicados. “A situación non é culpa dunha cidadanía que […]

BNG reclama a supresión xa da peaxe na AP-9 no tramo Vigo-Redondela

Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego conformada polo deputado no Congreso, Néstor Rego; as deputadas do Parlamento galego, Alexandra Fernández e Carmela González; e os portavoces municipais de Vigo, Xavier Pérez igrexas e Redondela, Xoán Carlos González, mantivo na mañá desta cuarta feira unha reunión con representantes da veciñanza para abordar a demora na aplicación […]

BNG reclama á Xunta que facilite a realización dos cursos preparatorios e das probas do CELGA no exterior de Galiza

O BNG vén de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento galego para instar á Xunta a volver ofrecer a posibilidade de realizar, tanto os cursos preparatorios como as probas CELGA, en todos aqueles centros que ofrezan cursos de lingua galega tanto en Galiza como no exterior. O Bloque leva á Cámara esta reivindicación logo […]

BNG insta a creación do Centro para a investigación no almacenamento de enerxía na Galiza

O Bloque Nacionalista Galego acaba de presentar unha Proposición Non de Lei no Congreso para instar o Goberno a crear na Galiza o Centro para a Competitividade e a I+D+i no Almacenamento de Enerxía que se situaría no concello das Pontes, tal e como xa fixera como emenda parcial no debate dos Orzamentos Xerais do […]

O BNG de Vigo urxe o reforzo de persoal de Atención Primaria para axilizar o proceso de vacinación fronte á Covid19

O Bloque Nacionalista Galego demanda “dilixencia e transparencia” á Xunta na posta en marcha do plan de vacinación contra o coronavirus, e reclaman que se reforce con máis persoal a Atención Primaria. O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, advertiu da “tendencia preocupante” que se está a rexistrar nas últimas semanas na […]

Denuncian o incremento de multas a pequenas embarcacións nas augas da Galiza

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, interpelou ao Goberno polo incremento producido nos últimos nas multas impostas por parte da Garda Civil a embarcacións que non levan a bandeira española. “Esta intensificación case parece unha campaña de persecución específica con ánimo exemplarizante e de afección ao simbolismo español ademais de recadatorio, […]

O BNG insta o Goberno a paralizar o recheo do porto de Vigo

O Bloque Nacionalista Galego insta o Goberno español a paralizar ou suspender as obras de ampliación da superficie do porto de Vigo da dársena de Bouzas, no Berbés, até que a Autoridade Portuaria de Vigo dispoña dunha Delimitación de Espazos e Usos Portuarios aprobada de maneira definitiva e firme, actualmente en fase de avaliación ambiental […]

Ana Pontón na homenaxe a Castelao: “a esencia do BNG é defender Galiza”

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a homenaxe a Castelao para proclamar que o BNG é a única forza que pon os intereses de Galiza por diante fronte ao “sucursalismo” das forzas estatais que se moven entre a “confrontación estéril” do PP e o “servilismo inútil” do PSdeG. “Quero aproveitar este acto de honra a […]

O BNG pedirá a comparecencia do conselleiro de Sanidade no Parlamento galego para dar conta da evolución da pandemia -ante a que considera “evidente terceira onda de contaxios COVID”- e da estratexia de vacinación que, segundo recalca, “debería ser unha peza clave para evitar a transmisión”. Nunha batería de iniciativas presentada na Cámara pola deputada […]

O BNG afea a “inoperancia” da Xunta á hora de atallar as deficiencias do Conservatorio

O BNG instará á Xunta a abordar a reforma e adecuación do edificio Conservatorio Superior de Música de Vigo para a eliminación das humidades e filtracións que presenta mediante unha iniciativa trasladada ao Parlamento de Galicia. Nunha rolda de prensa celebrada en Vigo tras unha reunión cos alumnos, a deputada autonómica do Bloque Alexandra Fernández resaltou a situación “absolutamente lamentable” da infraestrutura […]

O BNG defenderá no Congreso as herdanzas en vida propias do Dereito Civil da Galiza

O Bloque Nacionalista Galego para evitar que o Proxecto de Lei de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal invada as competencias da Galiza en materia de Dereito civil, presentou no Congreso dos Deputados distintas emendas para eliminar do texto as reformas que afectan á Lei do IRPF e do Imposto de sucesións […]

O Bng considera que o ataque sufrido por Caballero é unha “falta de respecto” cara ao que non pense como el

O portavoz do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, saíu esta tarde ao paso das descualificacións vertidas polo alcalde da cidade, Abel Caballoro, contra o deputado nacionalista Néstor Prego, motivo polo que lamentou o «desprezo» e as «descualificacións» do rexedor a aqueles que non están de acordo con el. Na súa comparecencia matinal ante os […]

O BNG de Vigo insta a reapertura dos parques infantís fechados desde hai tres meses

O Bloque Nacionalista Galego vén de instar o Goberno municipal a que reinicie os traballos de desinfección e adopte as medidas necesarias para proceder, á maior brevidade, á reapertura segura dos 74 parques infantís fechados na cidade de Vigo desde o pasado mes de outubro. O concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas, […]

BNG considera inaceptábel demorar máis a baixada de peaxes da AP-9 e pide ao PSOE que rectifique

O BNG rexistrou hoxe unha iniciativa no Congreso preguntando ao Ministerio de Transportes porque non preveu ao longo do ano 2020 as modificacións normativas necesarias, vía Real Decreto, para que as baixadas das portaxes da AP-9 puidesen entrar en vigor no día 1 de xaneiro. Aliás, a forza nacionalista pregunta tamén cales son as previsións […]

BNG exixe aplicar as baixadas na AP-9 neste mes de xaneiro ou chamará a mobilizacións

O deputado do BNG no Congreso compareceu en conferencia de prensa para avaliar a situación xerada pola nova suba das portaxes da AP-9 aplicadas no día 1 de xaneiro e que converteron esta autoestrada de novo na que máis sobe de todo o Estado español. Rego considera “inadmisíbel” que as portaxes volten a subir “cando […]

BNG leva ao Congreso a paralización do túnel da Porta do Sol de Vigo

O BNG insta no Congreso a paralizar as obras do túnel da Porta do Sol para estudar outras propostas que permitan unha peatonalización completa do trazado comprendido entre a Porta do Sol e o Paseo de Alfonso sen a construción de ningún túnel. O portavoz no Congreso, Néstor Rego, salientou que esta obra que ascende […]