No día 1 de xaneiro foi difundido a través das redes sociais un boletín da Subdirección da ‘Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña’, titulado ‘Orde núm. 001 para o venres 01 de xaneiro de 2021’ en que, no ítem ‘Efemérides’ se lembraba o afundimento do submarino C5 da ‘escuadra vermella’ en 1937 coa […]
Este é un dos compromisos adquiridos polo Goberno español ao asinar o acordo de investidura co BNG no pasado mes de xaneiro de 2020. Unha medida que, para alén do máis, ten xa consignación orzamentaria a través de tres partidas que suman globalmente 55 millóns de euros, dos que 50 son para bonificar as portaxes […]
O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, lamenta que o Goberno español máis unha vez ignorara os intereses da Galiza e dera o visto bo ao Acordo que suporá unha nova redución das cotas de pesca para a frota galega que porá en risco o futuro desta importante actividade produtiva e sector […]
O Bloque Nacionalista Galego cualifica como “triunfalista” e “pouco axustada á realidade” a avaliación que fai o Goberno español do grao de cumprimento do Acordo de Investidura asinado no pasado 3 de xaneiro. Para alén de que na devandita avaliación faltan moitas medidas que figuran no Acordo (entre elas practicamente todas as que teñen a ver […]
O Bloque Nacionalista Galego demandará no derradeiro Pleno municipal do ano reverter o desmantelamento da política xuvenil do Concello de Vigo. Así se recolle na moción que esta mañá presentou publicamente o concelleiro do BNG na cidade olívica, Xabier P. Igrexas. “Vivimos nunha cidade na que o alcalde presume todos os días de acender moitas luces, pero […]
O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar do Goberno municipal de Vigo que despregue “unha posición firme” perante os proxectos de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) e dun novo recheo de 65 mil metros cadrados de Bouzas, promovidos pola Autoridade Portuaria de Vigo. Ambos os dous proxectos fican arestora en fase de avaliación […]
En vésperas do 25 de novembro, o Bloque Nacionalista Galego demanda en Vigo un maior esforzo de todas as administracións contra a violencia machista, subliñando que a pandemia non só non a fixo desaparecer senón que mesmo a agravou. A responsábel de Acción Feminista do BNG de Vigo, Sefi Romero, sinalou que “a violencia machista segue […]
O Bloque Nacionalista Galego levará ao Pleno do Concello de Vigo, convocado para este mércores 9 de setembro, unha moción contra as comisións bancarias abusivas e polo dereito ao acceso universal e gratuíto aos servizos bancarios. Unha iniciativa en reacción á nova vaga de comisións adoptadas por diferentes entidades financeiras, e na que salienta o […]
“Entendo que despois de ver reducidas as súas competencias na última remodelación do Goberno municipal, o concelleiro Abel Losada actúe con certo nerviosismo defendendo o indefendíbel”. Desta maneira, reaccionou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, ás declaracións realizadas polo edil responsábel da área de Emprego após a fronte nacionalista demandar un maior esforzo en políticas […]
O Bloque Nacionalista Galego demandou ao Goberno municipal de Vigo a posta en marcha dun Plan de Continxencia Municipal co que enfrontar a segunda onda do coronavirus. Así llelo vén de trasladar o portavoz municipal do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, ao alcalde a través dun escrito, no que insta a reforzar todos os […]
O Bloque Nacionalista Galego vén de facer público o contido das 14 emendas parciais que formulan ao proxecto de ordenanza municipal reguladora do uso e desfrute dos areais do termo municipal de Vigo. Emendas, que segundo explicou o seu portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, recollen ideas, proposta e suxestións que lle foron trasladadas por diferentes colectivos […]
Para o Bloque Nacionalista Galega fuxida ao estranxeiro do Rei emérito, Juan Carlos I, deixa sen argumentos a quen se nega a retirar o seu busto da praza do Concello en Vigo, tal e como demandan desde o pasado mes de marzo, e insisten na súa necesidade “por hixiene democrática”. Igrexas lembrou que o pasado […]
O Bloque Nacionalista Galego vén de lanzar unha campaña nas redes para opoñerse ao intento de incautación por parte do ministerio de Facenda dos remanentes e excedentes orzamentarios do Concello de Vigo. A fronte nacionalista inicia unha recollida de sinaturas, a través da plataforma dixital Change.org, para reclamar que o Concello poida dispoñer libremente do […]
Os membros da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Xaime Leiro Darriba e Ana González Liste reuníronse este venres en Santiago de Compostela cunha representación do Bloque Nacionalista Galego formada por Olalla Rodil, portavoz parlamentaria deste partido na Comisión de control da CRTVG, Xavier Campos, secretario xeral de comunicación, e Goretti Sanmartin, coordinadora da Executiva […]
O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá que levarán ao vindeiro Pleno do Concello de Vigo, previsto para o mércores 1 de xullo, unha moción na que demandan a retirada do busto de Juan Carlos I, instalado na entrada da casa consistorial, a retirada de todas as imaxes do Rei Emérito que continúen penduradas en […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, insistiu en que votar o 12 de Xullo en pleno estado de alarma e nun proceso imprevisible de desescalada é unha temeridade, pero unha vez tomada a decisión o BNG vai traballar desde o minuto cero para conseguir que a cita coas urnas traia “o cambio galego” que o país […]
O Bloque Nacionalista Galego vai solicitarlle ao alcalde de Vigo que convoque unha xuntanza con todas as forzas políticas da Corporación para poñer en común as medidas a aplicar, desde o Concello de Vigo, perante os efectos socioeconómicos derivados da crise sanitaria pola Covid-19. Así o vén de anunciar o concelleiro do Bloque na cidade […]
O Bloque Nacionalista Galego anunciou esta mañá que proporá ao Goberno municipal de Vigo a habilitación de zonas de xogo pintadas nas beirarrúas na cidade para as crianzas. O concelleiro, Xabier P. Igrexas, defendeu esta iniciativa para facer máis “amigábel e divertido” o espazo urbano para a cativada durante a desescalada do confinamento. Igrexas que […]
As afirmacións do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, de que o BNG votou no congreso “en contra de reclamar o IVE” son absolutamente falsas. O voto contrario do deputado Néstor Rego á PNL presentada polo Partido Popular veu xustificado precisamente porque os populares non reclamaban nela os 170 millóns de incentivos por cumprimento da […]
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, insta ao presidente do goberno que saia das urnas o vindeiro 10 de novembro a cumprir as directrices que marcan a Resolución contra o avance do fascismo en Europa, aprobada na Eurocámara o 25 de outubro de 2018. Segundo salienta Miranda, entre esas directrices figuran a prohibición das […]
Galiza era un dos territorios coa volta ao cole máis barata de todo o Estado, pero os recortes que chegaron da man do goberno de Feixóo cambiaron esta situación polo que o Bloque presenta unha batería de medidas no Parlamento para alixeirar a actual carga económica que supón para as familias o inicio do curso […]
Ao fío da sentenza feita pública pola CIG-Ensino na que a xustiza avala a obriga de elixir relixión ao alumnado de bacharelato para poder cursar Robótica, desde o BNG levaremos ao Parlamento iniciativas para derrogar a LOMCE e o Decreto 86/2015. “A sentenza xudicial é moi clara, para garantir o dereito do alumnado a non cursar relixión […]
A portavoz nacional, Ana Pontón, citou a Cicerón para advertir contra a política sen principios, -“cando os políticos non ser rexen pola ética son como hienas á caza do poder”-, para denunciar que Galiza non se merece un presidente “sen palabra, disposto a manterse no poder custe o que custe” como ven de demostrar en […]
O BNG de Vigo presentou publicamente esta mañá unha relación de 20 “propostas en positivo” para os 100 primeiros días do novo Goberno municipal. O concelleiro electo, Xabier P. Igrexas, explicou que se trata de alternativas concretas para incidir en problemas e necesidades reais da veciñanza de Vigo. Cuestións que, para o nacionalista, non foron […]
O BNG defendeu hoxe unha proposición de lei para elevar “a rango de lei” o uso do galego como “lingua vehicular no ensino”. A lei, defendida pola deputada, Olalla Rodil foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular argumentando que non existen problemas nesta materia. Na defensa da Lei, a parlamentaria do BNG negou enerxicamente […]
Esta mañá lanzouse publicamente a iniciativa “Somos cultura, temos lingua. Manifesto contra a desertización cultural de Vigo” que subscriben 45 referentes culturais da cidade, entre os que se atopan artistas, artesás, escritoras, músicos e outros axentes do tecido cultural que quixeron demandar xunto ao Bloque unha verdadeira política cultural para a cidade. Nas sinaturas salientan nomes como o […]
A deputada por Ourense, Noa Presas, deixou en evidencia a incapacidade da Xunta para dar unha solución aos problemas do transporte por tren que soporta a veciñanza de Ourense, tras constatar a total falta de logros por parte do Executivo de Feixóo en relación ao acordo que, a proposta do BNG, aprobou o Parlamento fai 15 […]
A eurodeputada do BNG e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda, anunciou que a implantación do impulso do salario mínimo europeo será a primeira medida que o Bloque impulsará no Parlamento Europeo na vindeira lexislatura. Avanzouno así na presentación do programa electoral para as europeas do 26 de maio, xunto a candidata á Alcaldía de […]
O BNG de Vigo continúa a avanzar na elaboración do seu programa electoral de cara as vindeiras eleccións municipais do próximo 26 de maio. Após desenvolver unha rolda de encontros abertos á veciñanzas nos barrios e parroquias e no medio dun intenso calendario de xuntanzas con asociacións e colectivos da cidade, a fronte nacionalista vén […]
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón recriminou hoxe a Núñez Feixóo que o “seu balance en Igualdade é o mesmo que propón a extrema dereita en Andalucía e que aplicou en Galiza durante dez anos”. Para a nacionalista, a política de Igualdade do Goberno galego, con Núñez Feixóo, á cabeza, limítase a colocar todos […]
O alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) vén de denunciar a intención do Goberno local de suprimir o curso de luthería antiga, unha das trece especialidades do centro e que en todo o Estado só se oferta en Vigo e Bilbao. A non convocatoria da praza docente após a xubilación do actual […]
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, no marco do Día Mundial do Alzheimer que se conmemora o 21 de setembro, defende aumentar o investimento nos programas de investigación desta enfermidade e demais enfermidades neurodexenerativas. Ao seu xuízo, son numerosos os proxectos europeos, mais insuficientes, polo que considera que “Europa debe implicarse máis, igual que todas […]
Unha vez levantado o veto ao debate da Lei de transferencia da AP9, -cuestión de elemental democracia para o BNG-, a portavoz nacional e impulsora da lei, Ana Pontón, salienta que a clave para conseguir a xestión galega desta infraestrutura está na posición que manterá o Executivo do Estado. “Que unha lei aprobada no Parlamento se […]
Novamente Baiona quedará sen servizo de pediatría, desta vez do 1 ao 15 de setembro por vacacións do pediatra titular no Centro de Saúde de Baiona. Como xa sucedera hai un ano, o BNG insta á veciñanza a que presente reclamacións ante o SERGAS, co fin de que se perciba o descontento da mesma. “Só […]
Dende a organización nacionalista consideran que a proposta recollida no borrador do PXOM, tería un impacto moi negativo para entornos como O Salguieral, ou Eidos. “O novo vial, trasladaría o problema de miles de vehículos que se desprazarían cara a Vigo, Pontevedra ou Portugal a escasos metros do centro de Redondela,” afirman. Presentaron suxestións de […]
O voceiro municipal, Xoán Carlos González considéraos como “uns orzamentos a favor dos intereses do PP, en contra dos intereses dos e das redondeláns”. Para o edil nacionalista “debe realizarse unha análise global do xeito de levar as finanzas polo goberno encabezado por Javier Bas”. Afirma que ademáis dos orzamentos municipais, disporán de 1’2 millóns […]
Esta mañá militantes de Galiza Nova e mais do Bloque Nacionalista Galego despregaron unha bandeira xigante da patria no monte do Castro, nas inmediacións do antigo castelo. A acción enmárcase dentro dos actos da III Semana da Patria para "afirmar o noso orgullo de sermos galegos e galegas e reivindicar o noso dereito como pobo […]
O BNG denunciou no Parlamento a represión da liberdade de expresión por parte do Estado español amparándose na Lei mordaza, que mesmo ten suposto penas de prisión para persoas que ben polas redes, ben a través de diferentes expresións artísticas manteñen unha posición crítica ou provocadora contra o status quo, como por exemplo o rapeiro […]
Sábado 7 de abril, a partir das 10.15 horas, no Parlamento Galego (Rúa do Hórreo, Santiago de Compostela) PROGRAMA: 10.30 horas. Mesa de políticas públicas de memoria histórica galega Luís Bará Torres, deputado e exdirector xeral de Cultura no goberno galego. Goretti Sanmartín Rei, Vicepresidenta da Deputación da Coruña. 11.15 horas. A batalla de Meirás como […]
A deputada do BNG, Olalla Rodil preguntou hoxe ao goberno polo patrocinio contratado pola Axencia Galega de Turismo cunha Unión Temporal de Empresas, “sen concurso público e sen publicidade”, para financiar con 3 Millóns de euros un macrofestival de 3 días e 6 concertos en 2018 no marco do Xacobeo 2021. Ante a evidente falta de […]