O Sindicato Labrego Galego apoia as demandas da AMPA CPI Uxío Novoneira e Caurel Vivo para manter o servizo de transporte escolar en Folgoso, como na actualidade, xestionado por seis taxis do lugar. A intención da Xunta é a de licitar o transporte escolar de Folgoso do Courel a unha empresa que o xestione xunto […]
A representante do Sindicato Labrego Galego no Consello Galego de Benestar (CGB), Margarida Prieto Ledo, criticou o funcionamento deste órgano colexiado por non dar resposta aos problemas fundamentais que arrastra Galiza na xestión de diversos servizos sociais que son imprescindibles para miles de familias. Fíxoo no transcurso do pleno do CGB celebrado onte, 10 de […]
Dende o Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) facemos un chamamento ao Concello de Santiago para que busque, de maneira urxente, solucións para que poidan instalar os seus postos todos os labregos e labregas que fan venda directa na Praza de Abastos de Compostela. Nun comunicado emitido onte (bit.ly/PrazaComposCovid), denunciabamos a expulsión […]
Cando arrincaba o inicio da campaña 2020-2021 no sector lácteo, en primavera, o Sindicato Labrego Galego xa alertou de que as industrias estaban a usar de novo as súas prácticas de extorsión para obrigar a asinar ás granxas contratos con prezos a baixa (ver bit.ly/CláusulaCustes). A grande novidade é que, desta vez, as recentes reformas […]
O Sindicato Labrego Galego é unha das organizacións que presentou alegacións ao proxecto de ampliación de Gesuga (Gestora de Subproductos de Galicia SL) en Cerceda, cuxo prazo de presentación estivo aberto durante dous meses e rematou este 24 de agosto. En concreto, o proxecto contra o que alegamos foi unha modificación das normas subsidiarias do […]
O Sindicato Labrego Galego acaba de coñecer a decisión do Concello de Melide de pechar o mercado semanal de produtos alimentarios até o 5 de setembro debido a un aumento da incidencia da Covid-19 na bisbarra. Dende o SLG queremos expresar o noso rexeitamento a esta medida que consideramos innecesaria e que causará un enorme […]
A pesares de ter pasado dous meses dende a celebración do último Consello Agrario Galego, o 16 de xuño, no que se tratou a necesidade de apoiar os sectores agrogandeiros máis afectados pola crise da Covid-19; unha das producións que máis sufriu o impacto do confinamento e do peche e restricións á hostalería, a carne […]
O pasado luns, 17 de agosto, M.P.P. sufriu un accidente mentres realizaba labores agrícolas nunha finca da parroquia de Labrada (Guitiriz), prendendo lume no tractor que manexaba. En canto empezou o incendio, M.P.P. chamou ao 112, que derivou o aviso ao Concello de Guitiriz, que posúe unha carroceta de bombeiros. Porén, o consistorio guitiricense escusouse […]
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha batería de alegacións contra a solicitude da empresa Recursos Minerales de Galicia SA para pasar dun permiso de investigación no proxecto mineiro Alberta I, en Beariz e Avión (Ourense), a un permiso de explotación que afectaría unha zona denominada Coto Tocayo nos lugares de Doade, Acevedo e […]
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un documento no que interpela a Medio Rural acerca de varias cuestións e deficiencias detectadas no informe anual de execución do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (PDR) correspondente ao ano 2019. Principalmente, detectamos unha serie de medidas contempladas no PDR que consideramos fundamentais para o desenvolvemento rural e […]
O Sindicato Labrego Galego ven de coñecer a proposta de sanción dunha persoa que durante o estado de alarma realizou o desprazamento de 7 quilómetros para poder facer o seu acopio de alimentos persoal. Durante o estado de alarma unha das actividades permitidas era precisamente o suministro de produtos de primeira necesidade, particularmente neste caso […]
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, tivo en exposición pública un anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 12/2013, de 2 de agosto, de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. No texto que estivo en exposición pública, o Sindicato Labrego Galego botou en falta elementos de protección das persoas produtoras […]
Con ser moi malo o recorte de fondos, desde o Sindicato Labrego Galego pensamos que pode ser moito peor para Galiza o resto das cuestións referidas á PAC que se reflicten no acordo. Non deixa de ser curioso que uns poucos aspectos reflectidos no acordo poidan ter tal influenza no que vai ser a PAC a partir […]
O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Asociación Galega de Apicultura (AGA) veñen de rexistrar un escrito de queixa na Delegación do Goberno para denunciar o uso masivo de glifosato por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) para desherbar as beiravías e cunetas das estradas de titularidade estatal na Galiza. A […]
O Ministerio de Agricultura vén de informar que xa se poden pedir as axudas para facer vendima en verde como unha das medidas para enfrontar a crise do sector vitícola provocada polo peche da hostalería durante o estado de alarma polo Covid19. Dende o SLG xa temos denunciado que estas axudas non se adaptan á realidade galega […]
A recente reforma que fixo da Lei da Cadea Alimentaria o Ministerio de Agricultura, presionado polas fortes protestas do agro en todo o Estado, obriga a incluír unha cláusula nos contratos na que se faga referencia a que o prezo pactado entre industrias e produtores e produtoras cobre os custes de produción. Aínda que en […]
O Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do sector lácteo correspondente ao ano 2017 fixa en 39 céntimos o custe medio para producir un litro de leite de vaca nunha granxa galega, un valor moi afastado dos 32,3 céntimos que cobraron as nosas granxas en marzo1. Se utilizásemos este custe de produción, que se incrementou nos […]
Tras as críticas realizadas onte, 7 de maio, polo SLG e a FRUGA contra a prohibición dos mercados alimentarios de proximidade por parte da Delegación do Goberno en Galiza, pedindo a dimisión do delegado, Javier Losada; hoxe, 8 de maio, asistimos abraiados á publicación dun tweet onde sen informa, dende o máximo representante da Moncloa na nosa […]
O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) queremos expresar o noso máis enérxico rexeitamento ao torpedeo permanente que a Delegación do Goberno en Galiza está a perpetrar contra calquera iniciativa relacionada coa reactivación dos mercados alimentarios de proximidade ao prohibir, a través da Subdelegación da Coruña, a celebración de feiras de […]
O Sindicato Labrego Galego dirixiuse hoxe, 30 de abril, á Consellaría de Medio Rural para facerlle entrega dunha lista de once produtores e produtoras da Limia (Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio) que teñen almacenados máis de 1’5 millóns de quilos de pataca sen saída comercial aos que non se lles está a ofrecer ningún […]
O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) veñen de rexistrar hoxe, 29 de abril, unha queixa diante da Valedora do Pobo (achégase documento xunto con este comunicado) para tentar resolver, dunha vez por todas, o grave problema que supón para miles de familias labregas manter prohibidos os mercados alimentarios de proximidade. […]
O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa disconformidade con que se siga impedindo o coidado dos viñedos para autoconsumo ou como actividade non profesional, limitando o acceso só para ribeiras que están no mesmo termo municipal da persoa titular ou a cinco quilómetros como máximo se están noutro concello. Esta norma denota un fondo […]
Ante o peche xeralizado dos mercados non sedentarios de proximidade que supuxo o estado de alarma fronte á pandemia do COVID-19, o pasado 30 de marzo un cento de organizacións, entre as que se atopaban varias plataformas de ámbito estatal, remitimos unha carta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación con oito propostas para protexer […]
Máis de corenta organizacións galegas de diversos ámbitos veñen de facer público un manifesto no que piden a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual de estado de alarma e emerxencia sanitaria pola pandemia do Covid-19. Entre os colectivos asinantes podemos atopar unha ampla representación da […]