🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O alumnado comeza, lentamente, o regreso aos campus seis meses despois do inicio da pandemia

Se ben o inicio do período académico non está previsto ata o vindeiro día 21, desde este luns xa hai alumnas e alumnos que, medio ano despois do inicio da crise sanitaria provocada pola covid-19, volveron presencialmente aos campus. Non é un regreso masivo, nin moito menos, pero a actividade xa comezou a notarse en […]

A Universidade incorporará dous investigadores seleccionados no programa europeo Starting Grant

Dirixidas a que novas e novos investigadores destacados poidan crear os seus propios equipos de traballo e desenvolver liñas de investigación pioneiras, as bolsas Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) recibiron neste 2020 un total de 3272 candidaturas, das que só 436 acadaron o financiamento do organismo europeo. Entre elas, as presentadas polos investigadores Mario […]

Remata o prazo para solicitar as axudas de investigación da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo

O 24 de xullo Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra renovaban a súa colaboración a través da Cátedra de Feminismos 4.0 Depo-UVigo. Un mes despois lanzábase, no marco deste acordo, unha nova convocatoria das axudas de investigación que teñen como obxectivo de fomentar o coñecemento no eido da cultura e da sociedade dixital en estudos de […]

‘Nature’ publica un estudo con participación da UVigo sobre como o mar pode dar resposta ás necesidades alimentarias do 2050

Dar resposta á pregunta de que cantidade de alimentos podería producir o mar de forma sustentable no ano 2050 é o obxectivo do estudo que publican, na prestixiosa revista Nature, un grupo de 22 investigadores e investigadoras de dez países, entre os que se atopa a responsable do grupo Future Oceans Lab, do CIM-UVigo Elena Ojea. […]

O Academic Ranking of World Universities (ARWU) ou ránking de Shanghai do ano 2020, publicado hoxe, confirma o retorno da Universidade de Vigo entre as 600 mellores universidades do mundo, do total de 1000 institucións de educación superior, que avalía a clasificación elaborada pola organización independente Shanghai Ranking Consultancy. Logo de situarse o ano pasado no tramo […]

Alumnado, PAS e PDI repártanse os Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2020 de ANL

O poemario Prohibido apañar flores do estudante da Facultade de Ciencias da Educación Física e do Deporte Ciro Fernández Briones; o relato curto Joost do técnico especialista de Servizos Xerais da FFT Miguel Iglesias Van der Woude e a tradución dun texto de Denis Johnson realizado polo docente investigador do Departamento de Historia, Arte e Xeografía Adrián Presas Sobrado, […]

A Cátedra Deloitte da UVigo premiará os mellores TFG e TFM do ámbito TIC con beneficio social

A Cátedra Deloitte da Universidade de Vigo ten convocados os seu premios ao mellor traballo fin de grao e traballo fin de mestrado do ámbito TIC con beneficio social. Os galardóns distinguirán dous traballos fin de estudos presentados no curso 2019/2020 por alumnado da UVigo centrados no ámbito TIC e nos que os beneficios sociais sexan un […]

A opción de calcular rutas para viandantes que ofrecen aplicacións, como por exemplo Google Maps, xeran itinerarios que na práctica non son viables para o seu uso por parte dos peóns, ao estar baseadas principalmente en mapas de estradas, o que se  traduce, en que a ruta proposta transcorre por unha vía, que pode non […]

O informe Ardán salienta o potencial económico das actividades relacionadas coa terceira idade

Este mércores presentouse en Vigo o informe Ardán Galicia 2020, elaborado pola Zona Franca coa colaboración da agrupación estratéxica da Universidade de Vigo Ecobas no marco da Cátedra Ardán. Nel ofrécese unha visión completa da economía de Galicia desde múltiples dimensións, prestando nesta ocasión especial atención, a través dun monográfico, ao potencial económico das actividades relacionadas […]

Aumentan a case 20 os graos que o vindeiro curso comezarán impartíndose de xeito presencial na UVigo

Co agradecemento polo esforzo realizado durante os últimos meses por mor da pandemia e o desexo dunhas boas vacacións aos seus integrantes, remataba este martes a derradeira intervención do reitor, na sesión de Consello de goberno que hoxe puxo fin ás celebradas ao longo do curso 2019-2020. Así finalizaba unha xuntanza ordinaria na que os […]

Co obxectivo de incentivar o uso do galego nas teses de doutoramento, nos traballos de fin de grao e nos traballos de fin de mestrado, así como de premiar o esforzo e o rigor de coidar o idioma e de incrementar o patrimonio dos textos redactados na lingua propia, a Universidade de Vigo, a través […]

Transversalización de xénero en ámbitos estratéxicos, distintivos para centros ou unha ludoteca provisional, propostas do III Plan de Igualdade da UVigo

“Este plan defínese pola vontade de dar resposta a todas as demandas da comunidade universitaria de acadar unha sociedade máis xusta e de maior calidade, que coloque a ‘vida’ no centro”. Con estas palabras resume a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, o espírito do III Plan de Igualdade, que a institución […]

Co obxectivo de afondar en como a tecnoloxía innovadora podería facilitar a comunicación entre persoas xordas e oíntes, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, organizou nas última horas o seminario web Tecnoloxía e comunicación sen barreiras. A catedrática a UVigo Carmen García Mateo foi a encargada de presentar a sesión, na que se trataron […]

Transversalización de xénero en ámbitos estratéxicos, distintivos para centros ou unha ludoteca provisional, propostas do III Plan de Igualdade da UVigo

“Este plan defínese pola vontade de dar resposta a todas as demandas da comunidade universitaria de acadar unha sociedade máis xusta e de maior calidade, que coloque a ‘vida’ no centro”. Con estas palabras resume a directora da Unidade de Igualdade da UVigo, Águeda Gómez, o espírito do III Plan de Igualdade, que a institución […]

O ciclo de conferencias Café con Sal regresa tras o parón pola pandemia

A declaración do estado de alarma no mes de maio paralizou practicamente toda a actividade universitaria. Entre os moitos eventos que quedaron en suspenso estaba o ciclo de conferencias Café con Sal, a proposta pioneira de divulgación científica posta en marcha pola Estación de Ciencias Mariñas de Toralla hai xusto dez anos. Agora, tras estes […]

Dixitalización industrial como gran temática de fondo, fábricas intelixentes, xemelgos dixitais para a industria, mecatrónica, robótica colaborativa e sensitiva, realidade virtual e aumentada, visión artificial, intelixencia artificial, internet industrial das cousas, ciberseguridade, analítica de datos e estándares de comunicación industrial… estes son algúns dos temas principais que se abordarán na I Digital JAI, unha versión dixital […]

Dar visibilidade e realizar unha análise crítica das normas, políticas e programas desenvolvidos, nomeadamente pola UE, en pro dun crecemento sostible, dende unha perspectiva medioambiental, económica e social, do sector pesqueiro, son os obxectivos do seminario internacional Pesca e crecemento sostible que, ata esta tarde, se desenvolve na sede da Fundación MarInnleg, no peirao de trasatlánticos de […]

Xa pode descargarse para calquera dispositivo móbil Android  talkAACtive, unha aplicación gratuíta dirixida a facilitarlle ás persoas con autismo a súa comunicación na contorna laboral.  A nova app foi deseñada polo Grupo de Tecnoloxías da Información do centro de investigación atlanTTic da Universidade de Vigo,  grazas ao financiamento achegado por Indra, unha das principais empresas […]

Pouco a pouca volven os eventos presenciais aos campus. Un dos primeiros foi este venres a xornada anual de avaliación do programa de doutoramento DocTIC do centro atlanTTic, que se celebrou na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Ao longo da mañá máis de medio cento de estudantes desta titulación presentaron os seus traballos de investigación en sesións […]

Elaborar unha serie de vídeos que achegasen recomendacións para facer fronte á desinformación e ás fake news era o obxectivo central do proxecto de aprendizaxe-servizo Dixitais. Laboratorio cidadán para a competencia dixital e mediática, que, baixo a coordinación do profesor Alberto Dafonte, máis de 60 estudantes do grao en Publicidade e Relacións Públicas desenvolveron ao longo do […]

O prestixioso Journal of Marine Science and Engineering acaba de facer público o maior estudo realizado ata a data sobre os fondos da enseada de Samil, un traballo levado a cabo por un equipo de investigadores e investigadoras do grupo Geoma do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, dirixidos por Ana Bernabeu e Daniel Rey, tras […]

España mellorou significativamente o seu índice de descarbonización en 2019, segundo o Barómetro de Transición Energética

O índice de descarbonización en España no ano 2019 mellorou significativamente respecto  de 2018, grazas a unha combinación de factores marcada pola redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, a continuidade na tendencia á baixa no custo das reservas para integrar fontes renovables e o descenso, tanto do gasto, como do prezo da enerxía. […]

A Unidade de Igualdade lanza a terceira edición do Itinerario virtual de formación en xénero

Tras o éxito das dúas primeiras edicións do Itinerario virtual de formación en xénero, nas que participaron máis de 1850 persoas, a Unidade de Igualdade ten xa deseñada unha nova edición deste programa que trata de dar resposta ás necesidades de formación en xénero da comunidade universitaria, propóndolle un itinerario virtual composto por nove cursos de diversas […]

Atopar e pór en marcha unha ducia de proxectos de emprendemento no sector mariño-marítimo. Con este obxectivo o proxecto europeo Sherpa do Mar, liderado pola Universidade de Vigo, pon en marcha as denominadas Sherpa Journeys, un programa de apoio e acompañamento personalizado ao emprendedor co que axudar as persoas participantes a desenvolver as súas ideas de […]

As terrazas fluviais da conca baixa do río Miño protagonizan a secuencia sedimentaria “máis completa de Galicia”

A revista Quaternary International publicou recentemente un estudo liderado polo investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo Eduardo Méndez no que se recolle a secuencia sedimentaria cuaternaria “máis completa de Galicia”, protagonizada polas terrazas fluviais da conca baixa do río Miño. A investigación, detalla o seu coordinador, “sinalan a […]

A EE de Minas e Enerxía consegue un novo galardón no concurso internacional Ciencia en Acción

2016, 2018 e 2020. Unha edición máis, e xa van tres, o concurso internacional Ciencia en Acción volve premiar unha iniciativa de divulgación científica posta en marcha desde a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía da Universidade de Vigo. Nesta ocasión concedéronlle a Mención de Honra na modalidade Ciencia e Tecnoloxía ao traballo Aula […]

O Programa de Maiores busca novos estudantes dispostos a unha aprendizaxe ao longo da vida

Como para o resto da comunidade universitaria, os últimos meses deste curso foron para o alumnado sénior un verdadeiro reto, no que tiveron que afacerse á docencia en liña e ás novas tecnoloxías. Coa vista posta en normalizar, na medida do posible, a vida académico a partir do mes de setembro, a Universidade abre a convocatoria […]

Un artigo sobre a medición da desigualdade de oportunidades outórgalle a un investigador de Ecobas o premio Aldi Hagenaars Memorial

750 euros; unha invitación a participar como membro distinguido do centro de datos LIS e a presentación do galardoado no próximo LIS Summer Workshop. Estes son os galardóns que o estudante de doutoramento da UVigo Hugo del Valle-Inclán Cruces acadou ao se converter hai uns días no gañador do premio anual Aldi Hagenaars Memorial, co […]

Finaliza o prazo de solicitude de axudas para a organización dos obradoiros do primeiro cuadrimestre

Fomentar o desenvolvemento sustentable, a vida saudable, a cultura, o deporte e o voluntariado son os fins prioritarios establecidos no artigo dous dos estatutos da Universidade de Vigo. Para conseguir isto, un dos instrumentos dos que dispón a Universidade é o seu programa de obradoiros, que lles permite aos membros da comunidade promover e organizar […]

Persoas vítimas de violencia de xénero; inmigrantes ou emigrantes retornados; persoas sen fogar ou que habitan nunha infra-vivenda; membros dunha minoría étnica; persoas transexuais ou que están en proceso de reasignación sexual. Estes son algúns exemplos de estudantes pertencentes a grupos desfavorecidos ou pouco representados e que no conxunto do programa Erasmus +, unicamente representan […]

Scribus é un programa de software libre creado para o deseño de publicacións, a composición tipográfica e a preparación de arquivos para equipos de configuración de imaxes de calidade profesional. Para que o persoal de administracións e servizos da UVigo poida coñecer o seu funcionamento, no mes de setembro terá lugar un curso formativo de 20 horas […]

O feito de que na maioría dos rescates acuáticos non sexa posible manter a distancia de seguridade, sumado á exposición a secrecións respiratorias que estes implican, fan que os e as socorristas sexan un colectivo cunha elevada exposición a un posible contaxio da covid-19. Reunir unha serie de recomendacións e pautas de actuación que permitan a estes […]

Unha xornada para orientar aos futuros profesionais da Organización Industrial

Comezar a carreira docente e investigadora é un proceso ao que os titulados e tituladas se enfrontan con multitude de incógnitas e dúbidas. Para crear un punto de encontro naceu hai xusto un ano a Adingor Joven, unha asociación centrada no eido da Organización Industrial, e liderada por dous investigadores novos do Grupo de Ingeniería de […]

Elaborado por Shanghai Ranking Consultancy, responsable do prestixioso ránking ARWU, máis coñecido como o ránking de Shanghai, este luns deuse a coñecer o Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2020, unha clasificación das mellores universidades do mundo en 54 materias ou ámbitos. Nel, a Universidade de Vigo sitúase entre as institucións académicas de referencia en 12 categorías, […]

O PAS con cargas familiares e de grupos vulnerables poderá seguir desenvolvendo traballo non presencial ata mediados de setembro

A poucos días de que se cumpra o final da terceira fase do protocolo que establece o retorno á actividade presencial na Universidade de Vigo, a Xerencia fai pública unha instrución con medidas aplicables ao persoal de administración e servizos (PAS) con cargas familiares ou pertencente a grupos vulnerables, que será aplicable a partir do 1 […]

O Congreso Internacional de Agroecoloxía será o primeiro simposio en liña dentro do Campus Remoto

O Congreso Internacional de Agroecoloxía, que ía ter lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais a vindeira semana, converterase no primeiro que se desenvolva de xeito virtual no Campus Remoto da UVigo. Organizado polo grupo de investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, esta oitava edición do simposio tivo que facer fronte á nova situación […]

O grupo Ecotox participa no proxecto europeo Glaukos para reducir a contaminación xerada pola roupa e as artes de pesca

14 institucións de oito países traballan coordinadamente no proxecto europeo Glaukos que, no marco da convocatoria H2020, busca solucións circulares para a industria téxtil. O grupo de Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña, Ecotox, do Centro de Investigación Mariña da UVigo, é o único representante español nesta iniciativa que ten como obxectivo desenvolver fibras e revestimentos téxtiles biodegradables e […]

Integrantes da Rama de Estudantes do IEEE, Institute of Electrical and Electronics Engineers, da Universidade de Vigo en colaboración cos seus homólogos da UNED están a organizar para este venres e sábado unhas xornadas de traballo colaborativo en formato hackathon, un espazo virtual, remoto e de acceso totalmente gratuíto. “Teremos persoas expertas en diferentes áreas, desde […]

Por segundo ano consecutivo a enxeñaría viguesa acada a final de Vodafone Campus Lab

Por segundo ano consecutivo a Universidade de Vigo é unha das tres finalistas de Vodafone Campus Lab, un programa de formación online onde estudantes universitarios de diferentes disciplinas traballan en equipo para crear solucións a retos de innovación. Nesta ocasión a participación viguesa chega da man de Somos Opopona, seis alumnos e unha alumna dos graos […]

Unha guía para fomentar no eido universitario a conciliación no teletraballo

A Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU), que reúne a 52 universidades españolas, entre elas a UVigo, acaba de publicar a guía de boas prácticas Teletraballo e conciliación corresponsable en tempos de covid-19. Con ela, a entidade aprema ás universidades españolas a apostar por esta corresponsabilidade ofrecendo recomendacións e medidas […]