🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Convocadas axudas para a execución de accións de mellora e conservación nos seis parques naturais de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde pola que se convocan as axudas para a execución de actuacións de mellora e conservación no seis parques naturais de Galicia, por un importe de case 1,4 millóns de euros. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca estas subvencións para as que, tal e como […]

A Xunta somete a información publica o anteproxecto de instalación dunha área de servizo na autovía AG-53, no tramo entre o Alto de Santo Domingo e a Autovía das Rías Baixas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a información pública o anteproxecto de instalación dunha área de subministración e servizos na autovía AG-53, no tramo entre o Alto de Santo Domingo e a Autovía das Rías Baixas (A-52). Segundo o anteproxecto, a zona […]

A Amtega celebra o Día da Internet Segura con preto dun centenar de actividades na Rede Cemit durante o mes de febreiro

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Rede CeMIT súmanse un ano máis á celebración do o Día de Internet Segura, con preto dun centenar de actividades durante o mes de febreiro cunha duración de máis de 500 horas. Este ano a data celébrase baixo o lema “Unha Internet mellor comeza […]

A Xunta destaca en Bueu a especialización dos mozos galegos como unha das claves para avanzar cara a Industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, destacou hoxe en Bueu, durante a visita ás instalacións da compañía Corvus Belli, que a especialización profesional dos mozos e mozas de Galicia é unha das claves para avanzar cara a Industria 4.0, sinalando que a empresa pontevedresa é unha das pemes que están a desenvolver proxectos de mellora […]

O DOG publica o Decreto de artesanía alimentaria que porá en valor os produtos do agro e do mar feitos de xeito tradicional

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Decreto polo que se regula a artesanía alimentaria, que elaboraron as Consellerías do Medio Rural e do Mar para poñer en valor os produtos agrarios e pesqueiros que se elaboran de xeito tradicional, así como para protexer os seus produtores. Trátase dunha novidosa regulación que especifica o que […]

O DOG publica o Plan Marco 2020-2021 da Xunta que investirá 12 M€ na mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrarias

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se aproba o Plan Marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, co obxectivo de seguir traballando na mellora das infraestruturas rurais. Así, a Consellería achegará case 12 millóns de euros que se xestionarán a través da Axencia […]

A Xunta convoca o segundo ‘Obradoiro de Novela Cidade da Cultura’, tras o éxito de acollida da primeira edición

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia presentou hoxe o segundo Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, tras o éxito alcanzado pola primeira edición celebrada en 2019, na que se esgotaron as prazas en menos de cinco días. Deste xeito, dáselle continuidade a unha actividade que procura potenciar e desenvolver o talento de novos valores […]

A Xunta de Galicia destina preto de 1,2M€ para impulsar actividades vencelladas ao sector da libro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases de cinco subvencións vencelladas ao sector do libro e ao fomento da lectura que, en conxunto, supoñen unha achega por parte da xunta de Galicia de preto de 1,2 millóns de euros. Concretamente, publícanse os detalles das axudas para a tradución e edición do libro galego, […]

A EGAP organiza unha xornada para previr a aporofobia, o odio e a desinformación dentro do ámbito administrativo

O próximo 20 de febreiro terá lugar na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a xornada Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación desde a Administración pública, organizada en colaboración con EAPN-Galicia. Esta actividade ten como finalidade ofrecer os coñecementos e competencias necesarios para previr situacións de discriminación, culpabilización […]

A Xunta activa apoios por 2 M€ para impulsar a contratación de 120 profesionais de I+D+i en empresas e organismos de investigación

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de activar, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), as convocatorias dos programas Talento Sénior e Principia a través dos que se destinan máis de 2 millóns de euros á contratación de preto de 120 persoas en empresas e organismos de investigación. Promóvese así a atracción e retención […]

O alumnado de ESO, FP e Bacharelato poderá visitar empresas e centros tecnolóxicos galegos co programa EduTecEmprende

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de lanzar o novo programa EduTecEmprende, a través do que alumnado de FP e Bacharelato poderá visitar empresas e centros tecnolóxicos da nosa comunidade. O obxectivo desta iniciativa, que se enmarca no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo (Eduemprende), é motivar e sensibilizar os estudantes de diferentes […]

A Xunta apoiou na comarca de Santiago a 165 autónomos con axudas de máis de 390.000€

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, informou da resolución do Bono Autónomo na área de Santiago de Compostela. Concretamente, nesta comarca recibiron estas axudas, no 2019, 165 persoas e as achegas totais foron de máis de 390.000 euros para traballadores por conta propia dos concellos de Ames, Arzúa, Boimorto, Brión, Melide, Negreira, Ordes, Oroso, […]

Un total de 122 adegas e particulares beneficiáronse no 2019 de máis de 1,5 millóns de euros en axudas da Xunta para reestruturar e reconverter as viñas galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas concedidas na convocatoria de 2019 ao abeiro dos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. En total outorgáronse algo máis de 1,5 millóns de euros a 122 bodegas e adegueiros particulares. O obxectivo […]

A Xunta mobilizará investimentos por 10 M€ en proxectos de medio cento de empresas para seguir avanzando na Industria 4.0

A cuarta convocatoria dos premios e axudas a proxectos Industria 4.0, unha iniciativa que impulsa a Xunta cun orzamento de 4,18 millóns de euros, apoiará ata seis novas iniciativas colectivas para seguir avanzando no desenvolvemento en Galicia da fábrica intelixente e conectada en sectores estratéxicos da economía. A previsión da presente edición é mobilizar investimentos por […]

O 14 de febreiro remata o prazo para que os concellos soliciten a súa adhesión á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

O vindeiro 14 de febreiro remata o prazos para que os concellos interesados en adherirse á iniciativa autonómica de mellora de cobertura móbil presenten a súa solicitude. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron o pasado mes de decembro uno acordo marco para facilitarlle ás entidades […]

A Consellería de Educación convoca probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e de grao superior

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020. O obxectivo é permitir cursar estas ensinanzas ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o título de […]

A Xunta somete a información pública o proxecto de acceso ao parque empresarial de Beariz, que suporá un investimento autonómico de máis de 380.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do acceso ao parque empresarial de Lebozán, en Beariz, desde a estrada OU-212, así como a relación individual de bens, […]

A Xunta de Galicia destina case tres millóns de euros a axudas para previr e paliar os danos provocados polo xabaril e lobo

A Xunta de Galicia destina case tres millóns de euros ás axudas para previr e paliar os danos que provoca a fauna silvestre, o lobo e xabaril, nas explotacións agrogandeiras da Comunidade. A contía global de 2020 significa duplicar o orzamento, respecto do reservado no exercicio anterior (1,4 M€). A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, mantivo […]

A Rede Galega de Teatros e Auditorios coordinada pola Xunta contribúe á oferta cultural de Vigo con 30 actuacións escénicas

A programación viguesa da Rede Galega de Teatros de Auditorios, circuíto promovido pola Xunta xunto a 45 espazos asociados en toda Galicia, arranca mañá ás 21,00 h. no Auditorio Municipal con A compañeira de piso, de Contraproducións. Esta será a primeira das 30 actuacións que configuran a oferta en rede de Vigo neste primeiro período […]

Destinaran este ano 300.000 euros á subsidiación de préstamos para rehabilitación de vivendas e edificios residenciais

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará un total de 296.780 euros á subsidiación dos xuros dos préstamos que se concedan este ano para a rehabilitación de vivendas e de edificios de carácter residencial. As axudas, que na convocatoria de 2020 disporán dun 45% máis de orzamento que na anterior, poderán solicitarse a […]

Convocan dous programas de axudas por preto de tres millóns para fomentar a promoción de vivendas en alugueiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mobilizará un total de 2.854.576 euros a fomentar a promoción de vivendas destinadas ao alugueiro por medio de dous programas de subvencións dirixidos a promotores, tanto públicos como privados. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convocan paralelamente as axudas para o fomento do […]

O Celga universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 en liña

O certificado de acreditación da lingua galega (CELGA) universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación, tal e como anunciou o Goberno galego hai un ano, cando avanzou que antes do remate da lexislatura estarían implementados e en funcionamento todos os cursos preparatorios das probas de acreditación dos […]

O Goberno galego convoca 100 novas bolsas para contratos predoutorais de persoal investigador, ás que destina 8,1M€

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria (a través da Axencia Galega de Innovación, GAIN) veñen de convocar 100 novas bolsas de contratos predoutorais co fin de garantir a formación inicial dos investigadores galegos no Sistema Universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de […]

Abre o prazo para solicitar as axudas para as escolas infantís das entidades de iniciativa social, que se incrementan para implantar a gratuidade das prazas a segundos fillos e sucesivos

A Xunta de Galicia abre mañá e durante un mes o prazo para a presentación da solicitude de axudas dirixidas ao mantemento de escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social (EPIS) para o ano 2020. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta nova convocatoria na que o Goberno […]

A Xunta convoca as axudas do bono de alugueiro social, que este ano incorpora dous novos colectivos de beneficiarios

As axudas do Bono de Alugueiro Social, que xestiona e concede a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), poderán solicitarse a partir de mañá e ata o próximo 11 de decembro co fin de facilitar o acceso á vivenda en réxime de aluguer a […]

Preto de 13.000 galegos poden solicitar desde hoxe a súa praza en ‘Elixe Galicia’, o programa da Xunta de impulso ao turismo interno

Preto de 13.000 galegos poden solicitar desde hoxe a súa praza no programa da Xunta para o fomento do turismo interno Elixe Galicia, cuxa convocatoria publica o Diario Oficial de Galicia. Esta nova iniciativa permitirá mobilizar máis de 3,4M€ no sector turístico da Comunidade apostando pola calidade e a desestacionalización da oferta. Avanzouno esta mañá o […]

Medio Ambiente ofrece este inverno case 250 prazas en 14 rutas guiadas para explorar o patrimonio natural das Illas Atlánticas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza este inverno un total de 14 rutas guiadas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG). Baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional, estas visitas, de carácter totalmente gratuíto e dirixidas por guías profesionais do parque, pretenden contribuír a dar a coñecer o patrimonio […]

A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa no noroeste da provincia da Coruña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña. O resto do litoral galego está en alerta amarela. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa terá lugar no día […]

Un total de 142 universitarios poderán beneficiarse das bolsas convocadas pola Xunta para a mellora das competencias en linguas estranxeiras

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2020, co obxecto de coñecer a lingua dese país. Un total de 142 estudantes poderán beneficiarse destas […]

A Xunta convoca 41 millóns de euros en axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e o desenvolvemento de pequenas explotacións

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a plans de mellora nas explotacións agrarias, á creación de empresas por parte de agricultores mozos e ao desenvolvemento de pequenas explotacións. As achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural […]

O novo decreto de Inspección ambiental de Galicia entrará en vigor o 17 de febreiro co fin de modernizar e mellorar o servizo

A DOG publica hoxe o novo decreto regulador da inspección ambiental da comunidade, un documento co que se clarifica, actualiza, unifica e completa o réxime aplicable ao exercicio desta función no ámbito autonómico. Deste xeito, a Xunta culmina desde o punto de vista normativo o traballo feito nos últimos anos co fin de acometer unha profunda transformación […]

Medio Rural convoca preto dun millón de euros en axudas para indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe cun orzamento próximo ao millón de euros unha nova orde de axudas da Consellería do Medio Rural para indemnizar o sacrificio obrigatorio ou morte de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades. A convocatoria deste ano 2020 está dotada, en […]

Abren o prazo de solicitude de axudas para impulsar as infraestruturas e servizos dos parques empresariais galegos

A Xunta mantén o seu compromiso coa mellora das infraestruturas e os servizos dos parques empresariais galegos e vén de abrir un total de tres convocatorias de axudas cun orzamento global de 7,9M€ cos que se agarda mobilizar preto de 10M€ e apoiar unha trintena de iniciativas. Deste xeito, os polígonos industriais axudarán a que […]

A mocidade galega compra en Internet o dobre que os maiores de 35 anos

O uso do comercio electrónico entre os galegos de 16 a 34 anos é practicamente o dobre que o que fan dos maiores de 35 (73,8% fronte a 38,4%). É un dos datos que se recolle no estudo “A Mocidade e as TIC. Edición 2019” que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e […]

A Xunta convoca 13 millóns de euros en axudas para accións silvícolas de prevención e para o incremento do valor ecolóxico dos montes galegos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde de axudas da Consellería do Medio Rural por valor de 13 millóns de euros destinadas a levar a cabo accións silvícolas nos montes galegos. Por unha banda, quérese incidir na prevención dos danos causados polos incendios ou desastres naturais, e por outra, incrementar a capacidade de adaptación […]

Hoxe comeza o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

Hoxe abre o prazo de matrícula para os exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico (Vigo), Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o […]

A Xunta destina este ano un investimento de 400.000 euros á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina este ano un investimento de 400.000 euros á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria. Esta orde fixa as bases polas que se rexerá o outorgamento destes incentivos, que van dirixidos ás entidades que se integran no Comité […]

Novas axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios por un valor de 26 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios correspondentes ao exercicio de 2020. As achegas para esta convocatoria contan cunha dotación orzamentaria total de 26 millóns de euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de […]

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar, data e hora da fase de oposición dos procesos selectivos correspondentes á convocatoria do ano 2019. En concreto trátase das probas para o acceso a un total de 277 prazas, das cales 126 corresponden á categoría de persoal de servizos xerais (quendas de […]

Medio Ambiente mobilizará este ano un millón de euros para erradicar uns 150 puntos de vertido incontrolado en toda Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará este ano un millón de euros a eliminar puntos de vertido incontrolado (PVI) por toda a xeografía galega. Así se recolle na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia relativa á encomenda das obras de recuperación, restauración, adecuación e limpeza destes puntos para o ano 2020. […]