🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta sorteará cinco vivendas rehabilitadas no Casco Vello de Vigo o vindeiro 6 de marzo

A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sorteará o vindeiro día 6 de marzo cinco vivendas rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, nos edificios Subida á Costa 5 y Subida ao Castelo 12 . As listas de demandantes de vivenda que participarán en ditos sorteos foron xa publicadas […]

A Amtega publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións Java

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións empregando a tecnoloxía Java Spring Web. O código fonte, liberado baixo unha licenza de software, está dispoñible no repositorio de Software Libra da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-spw/). Con esta nova liberación búscase poñer […]

Desde hoxe e ata o vindeiro 30 de abril uns 33.000 beneficiarios poderán solicitar as axudas da PAC 2018 en Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da Política Agraria Común (PAC). Son un total de 190 […]

A Xunta somete a información pública dous proxectos para a eliminación de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-552, nos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona Escoitar

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se someten a información pública dous proxectos para a eliminación de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-552, nos Concellos de Vigo, Nigrán e Baiona. Estas dúas actuacións forman parte do conxunto de tres proxectos de […]

A Xunta informa aos concellos da área territorial de Vigo das axudas para a promoción da igualdade e apoio aos CIM

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe aos representantes municipais da área territorial de Vigo da nova convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción da Igualdade, de forma individual e xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo. O Goberno galego destinará a este programa máis de 4,2 millóns de euros. […]

A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para escolas infantís de 0 a 3 anos xestionadas por entidades de iniciativa social

A Consellería de Política Social publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria de axudas para o mantemento de escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social (EPIS) no ano 2018, unha orde que permite consolidar a oferta de prazas de educación infantil entre 0 e 3 anos […]

A Xunta destina máis de 4,2 millóns de euros aos concellos galegos para promoción da igualdade e apoio aos CIM

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción da Igualdade, de forma individual e xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, cun orzamento que supera os 4,2 millóns de euros. Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta resolución os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de […]

Mañá abre o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá martes o prazo de inscrición para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no DOG con 180 prazas para o curso de teleformación preparatorio que comezará o día 19 de febreiro e rematará o 25 […]

Mañá ábrese o prazo para solicitar as axudas que promoven a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agrícola en común

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas para promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agrícola cun orzamento de tres millóns de euros. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O obxectivo […]

A Xunta activa dúas liñas de apoio aos concellos para a contratación de persoas desempregadas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar a pasada semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) dúas convocatorias de axudas dirixidas aos concellos nas que o Goberno autonómico investirá preto de 7 millóns de euros para a contratación de 1.420 desempregados. A delegada territorial da Xunta en Ourense subliña que ambas as […]

Un total de 692 gandeiros e agricultores recibiron axudas para modernizar as súas explotacións agrarias no 2017

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural das axudas concedidas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, coñecidas como plans de mellora. En total foron 692 os beneficiarios desta liña de achegas, por un montante total de 40 millóns de euros, datos que poñen de manifesto a intención de […]

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en núcleos de menos de 150 habitantes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a  convocatoria de axudas a operadores de telecomunicacións para despregar redes de cando menos 100 megas en entidades de poboación do rural que non contan con cobertura nin previsión de dispoñer deste servizo. É a terceira medida do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, que desenvolve a Xunta […]

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social para proxectos de atención a persoas en situación de explotación sexual e vítimas de trata

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación social ou laboral na nosa comunidade, para […]

A Xunta convoca unha nova edición de ‘Lingua de namorar’

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta convocan unha nova edición do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, unha iniciativa que premiará por sexto ano a creatividade en lingua galega da xente nova. Nesta ocasión, e coincidindo coa estadía do Pergamiño […]

Un total de 466 mozos galegos reciben apoio de Medio Rural para incorporarse ao agro na convocatoria de 2017

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe dúas resolucións da Consellería do Medio Rural polas que se dá publicidade ás axudas para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. No que respecta á primeira delas foron 466 as solicitudes aprobadas na […]

A Consellería de Educación convoca 9665 prazas para a acreditación de competencias profesionais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a convocatoria para o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais. En total serán 9665 prazas para que as persoas que demostren unhas determinadas capacidades […]

O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria de axudas do Bono de alugueiro social, á que a Xunta destina 2,2 millóns de euros Escoitar

A Xunta de Galicia destina este ano 2,2 millóns de euros a axudas do Bono de Alugueiro Social, incluído no Plan RehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellora de acceso á vivenda 2015 – 2020, destinadas a facilitar o pago do alugueiro da súa vivenda a determinados colectivos desfavorecidos. O Diario Oficial de Galicia […]

Medio Rural destina 450.000 euros ás axudas para nova participación de agricultores en réximes de calidade

A Consellería do Medio Rural destina un total de 450.000 euros en axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade para o ano 2018, un incremento de máis do 140% con respecto á convocatoria anterior, tal e como recolle a orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Estas achegas, que están cofinanciadas […]

O Diario Oficial de Galicia publica as axudas de Medio Rural para accións silvícolas de prevención nos montes de Galicia

A Consellería do Medio Rural mantén o seu compromiso na mellora das masas forestais existentes, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras. Neste senso, destina 7 millóns de euros para a convocatoria de 2018 ás axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais […]

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que dará comezo mañá no litoral da provincia da Coruña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa que afectará ao noroeste da provincia da Coruña. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das primeiras horas de mañá esperase vento do suroeste de forza 8-9 no noroeste da provincia da Coruña. Recórdaselle á […]

A Xunta estende o desconto do 50% na campaña de verán ás familias monoparentais

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a modificación dos prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís -coa fin de incorporar un novo desconto para familias monoparentais- e á expedición de carnés dirixidos á mocidade. No que respecta ás familias monoparentais, estas están formadas por un único proxenitor ou proxenitora […]

Amplíase a alerta de temporal de nivel laranxa vixente a todo o litoral galego

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta amplía a alerta de temporal costeiro de nivel laranxa vixente a todo o litoral galego. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) amplíase a alerta vixente nas provincias da Coruña e Lugo ao litoral da provincia de Pontevedra. Espérase mar combinada do oeste […]

O DOG publica hoxe a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. O seu principal obxectivo é dotar dun marco normativo actualizado ao ámbito dos espectáculos públicos que garanta a máxima seguridade tanto das persoas como dos bens. O texto é froito do maior […]

A Xunta convoca tres liñas de axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero cun orzamento de máis de 4,15 millóns

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe tres convocatorias de axudas destinadas ás mulleres vítimas de violencia de xénero, cuxo orzamento total ascende a máis de 4,15 millóns de euros. O obxectivo fundamental desta iniciativa é proporcionar ás mulleres apoio económico para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica fronte ao agresor, que lles posibilite […]

1 105 106 107