🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Diario Oficial de Galicia publica onte a orde de Medio Rural que determina a época de alto risco de incendios forestais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a orde da Consellería do Medio Rural pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Este período comezará o 1 de xullo e rematará o 30 de setembro. Tal e como establece a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a […]

Hoxe abre a nova convocatoria do Bono Concilia para axudar ao pago dunha praza nunha escola infantil

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria do Bono Concilia, unha prestación económica que axuda ás familias galegas no pago dunha praza na escola infantil da súa elección, naqueles casos nos que ou ben non consiga praza nunha escola infantil pública, ou porque residan nunha localidade na que non existan garderías sostidas […]

Activada para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro e por vento nas provincias de Coruña, Pontevedra e Lugo

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activará a partir de mañá a alerta laranxa por temporal costeiro e por vento nas provincias da Coruña e Pontevedra; e por temporal costeiro en Lugo. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o episodio adverso costeiro de nivel laranxa comezará ao redor […]

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para os Premios do Deporte Galego do ano 2018 que nesta edición estrean a categoría ‘xogo limpo’

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar no día de onte a resolución do 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan os Premios do Deporte Galego do ano 2018. A Lei 3/2012 do deporte de Galicia establece entre as competencias da Administración autonómica a de realizar as […]

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito da vía provincial que coincide coa rúa Ramón Bares

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Bueu do treito do viario provincial EP-1310, e que coincide coa rúa municipal Rúa Ramón Bares. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: http://xurl.es/1nqlp O concello pontevedrés solicitou á deputación provincial […]

A Xunta de Galicia sortea as prazas dos campamentos de verán

A Xunta de Galicia realizou hoxe o sorteo das prazas que se ofertan este ano nos campamentos da Campaña de Verán 2019 que organiza a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O sorteo, realizado por medios informáticos e ante notario, repartiu as prazas concedidas tanto no procedemento xeral como nas reservadas para inclusión. Así […]

A Xunta colaborará con 36 entidades para poñer en marcha programas para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas integrais de atención dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. En total, nesta convocatoria resultaron beneficiarias un total de 36 entidades. O orzamento para este ano ascende a preto de […]

O proxecto sectorial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo sométese a información pública durante un mes

O proxecto sectorial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTL) promovido polo Consorcio da Zona Franca someterase durante un mes ao trámite de información pública. Tras o anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o proxecto a partir de agora e presentar as achegas, documentación e alegacións que […]

Medio Rural lembra que está aberto o prazo de inscrición para as catas de viños, augardentes e licores de Galicia 2019

A Consellería do Medio Rural ten aberto ata o próximo día 23 de maio o prazo para inscribirse na XXXI Cata dos Viños, XXI Cata das Augardentes e VIII Cata dos Licores de Herbas e Licor Café de Galicia. As catas oficiais celebraranse entre o 11 e o 14 de xuño en Santiago. Para optar […]

O DOG publica hoxe a convocatoria das axudas para promover o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo. En total, a Xunta destina este ano máis de 2,8 millóns de euros a estas achegas. Os solicitantes contarán cun mes de prazo para solicitalas. Con estas […]

Convocada a terceira edición dos premios Exceleite ás mellores explotacións de vacún de leite de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan para o ano 2019 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia, coñecidos como premios “Exceleite”. Esta é xa a terceira edición destes galardóns, tras a boa acollida das dúas […]

A Xunta fixa como un dos seus obxectivos prioritarios rematar coa fenda de xénero e favorecer a igualdade laboral entre homes e mulleres

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago de Compostela na xornada Mercado laboral en Galicia. Perspectiva de xénero, na que incidiu en que un dos obxectivos prioritarios do Goberno galego é rematar coa fenda de xénero e favorecer a igualdade laboral entre homes e mulleres. Neste sentido, lembrou que as axudas da […]

O programa ‘Campos de Voluntariado’ permite á Xunta achegar Galicia aos mozos do exterior a través de actividades de voluntariado e de lecer

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o programa de axudas para a participación no programa Campos de Voluntariado deste ano, cuxo prazo de solicitudes rematará o 6 de xuño. Esta proposta do Goberno galego persigue achegar a realidade, a cultura e a historia de Galicia aos mozos galegos que residen no exterior, […]

Medio Ambiente destina 2,5 millóns de euros ás axudas para mellorar a eficiencia enerxética en vivendas de promoción pública

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), destinará unha partida de 2,5 millóns de euros a conceder subvencións a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios promovidos polo propio organismo público […]

Organizan unha xornada técnica sobre o mantemento dos solos dos viñedos sen uso de herbicidas

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza unha xornada técnica sobre o mantemento dos solos dos viñedos sen necesidade de recorrer ao uso de herbicidas. Os relatorios serán o 3 de maio na casa da cultura de Albarellos, en Monterrei, e colaboran o concello, o consello […]

A Xunta impartirá novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas as dúas primeiras fins de semanas de maio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, impartirá novos cursos gratuítos de condución segura de motocicletas as dúas primeiras fins de semanas de maio. O prazo de inscrición nestas xornadas formativas abrirá o vindeiro luns, 22 de abril. Na seguinte ligazón pódese ampliar a información sobre estas actividades e enviar o correspondente formulario para inscribirse. Estes cursos […]

A Consellería de Política Social licita unha unidade de primeira acollida na provincia de Pontevedra

A Consellería de Política Social publica no Perfil do contratante da Consellería de Política Social a licitación da Unidade de Primeira Acollida (UPA) na provincia de Pontevedra para a atención de menores en situación de risco. Esta unidade terá un máximo de 10 prazas e o prazo para a presentación de ofertas de contratación finaliza o 15 […]

A Amtega organiza o 10 de abril no CDTIC o segundo encontro sobre a solución de almacenamento masivo de datos ‘CEPH’

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizar o vindeiro día 10 de abril o segundo encontro sobe Ceph tralo éxito da primeira xornada celebrada o pasado ano, na que asistentes e poñentes amosaron a súa satisfacción e interese en repetir. A xornada leva por título “II encontro sobre Ceph, unha solución aberta […]

Cultura e Turismo abre a convocatoria de adhesión de festivais de música á nova temporada de FEST Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de adhesión á marca FEST Galicia, dirixida a festivais profesionais de música que se celebren entre o 1 de xuño e o 30 de setembro deste ano. Esta resolución da Consellería de Cultura e Turismo establece as condicións que deben reunir os eventos interesados en […]

A Xunta convoca o 15 de abril os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora de seguridade na estrada PO-552, no Concello de Vigo, para o levantamento de actas previas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convoca o 15 de abril os titulares dos terreos afectados polas obras de mellora de seguridade na estrada PO-552, no Concello de Vigo, para o levantamento de actas previas. Os propietarios das fincas deberán acudir o citado día ao Concello de Vigo, entre as 9.30 e as 13.00 horas. […]

A Xunta publica a primeira guía para facer fronte ao radon en vivendas xa existentes

A Xunta de Galicia vén de publicar a primeira guía de recomendacións para evitar os efectos do gas radon nas vivendas xa existentes, ofrecendo información detallada sobre as solucións que se poden adoptar en cada tipo de vivendas para facer fronte ao mesmo. O Instituto Galego da Vivenda e Solo elaborou unha publicación que contén […]

A Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa en todo o litoral galego

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal de nivel laranxa en todo o litoral galego. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comenzará ao redor das 14 horas da tarde no litoral da provincia da Coruña con vento do Sur- Suroeste, de forza 8, […]

Os concellos xa poden tramitar con Medio Ambiente as axudas estatais para fomento da compostaxe e recollida de biorresiduos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda será a encargada de tramitar as axudas a concellos que acaba de convocar o Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO) co fin de promover actuacións que permitan avanzar nos obxectivos de reciclaxe da directiva comunitaria de residuos, en enerxías renovables e na redución das emisións de gases […]

A Xunta presenta o curso Celga 3 en liña no marco do plan de formación en lingua galega

A Xunta, por medio dos responsables da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e da Secretaría Xeral da Emigración, presentou hoxe o novo curso en liña preparatorio do nivel 3 do certificado de acreditación da lingua galega (Celga), un proxecto que se suma aos dous niveis xa […]

A Xunta convoca hoxe no DOG 323 prazas de emprego público, con 269 no servizo contra incendios e 54 no eido da saúde laboral

A Xunta convoca hoxe luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) as oposicións para cubrir 323 prazas de emprego público: 269 prazas correspóndense co Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais -as primeiras probas que se celebran para este servizo desde o ano 2006-, e outras 54 prazas son para catro escalas distintas no […]

A Xunta convoca o premio ‘Comunicar en igualdade 2019’ para recoñecer traballos xornalísticos que contribúan á defensa e difusión da igualdade entre homes e mulleres

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do ´Premio Comunicar en Igualdade 2019´, que ten por obxecto recoñecer traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero. Trátase de premiar as boas prácticas respecto dun […]

Os gandeiros e agricultores galegos xa poden solicitar as axudas da PAC

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, as coñecidas como axudas da PAC. Os gandeiros e agricultores galegos poderán presentar de forma telemática a […]

Abren o prazo de solicitude das axudas para escolas infantís de 0 a 3 anos xestionadas por entidades de iniciativa social

A Xunta de Galicia abre mañá e durante un mes o prazo para a presentación da solicitude de axudas dirixidas ao mantemento de escolas infantís de 0 a 3 anos dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social (EPIS) para o ano 2019. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta nova convocatoria que ten como obxectivo […]

O DOG publica hoxe o proxecto construtivo da prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9, que suporá un investimento autonómico de máis de 35 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a anuncio da aprobación definitiva do proxecto de construción da prolongación da Vía Ártabra ata a autoestrada AP-9, unha actuación na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis de 35 millóns de euros. Esta actuación desenvolverase en dúas fases, unha primeira entre o enlace da N-VI […]

A Xunta incrementa nun 60% o número de programas sociais financiados a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as axudas da Consellería de Política Social con cargo ao 0,7 do Imposto da Renda das Persoas Físicas (IRPF) que xestionan as comunidades autónomas. Cun importe total de 11,5 millóns de euros, financiaranse 332 programas impulsados por 104 entidades, agrupacións de entidades e federacións. Estas cifras supoñen un […]

A Xunta concederá ata 10.800 euros a menores de 35 anos que adquiran a súa vivenda en concellos de menos de 5.000 habitantes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda destinará este ano un importe de 800.000 euros a axudas para adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitante. O importe global desta liña de axudas cuadriplica os fondos destinados a esta liña de incentivos o pasado ano. […]

A Xunta convoca as axudas do programa Principia para favorecer a contratación de 110 mozos e mozas cualificados en empresas e organismos de investigación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Vigo unha xuntanza co presidente da Alianza Intersectorial de Galicia (Atiga), Juan Manuel Vieites, para avaliar os resultados de 2018 das iniciativas postas en marcha de xeito coordinado para impulsar na industria galega o liderado de proxectos innovadores, así como as posibilidades de […]

O DOG publica a convocatoria de axudas destinadas a proxectos de atención integral para vítimas de explotación sexual e trata

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, que contan cun orzamento […]

A Xunta convoca a orde de axudas de bono de alugueiro social, que duplica o importe máximo e a duración

O importe máximo que poderán percibir os beneficiarios do Bono de Alugueiro Social que concede a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, duplícase na convocatoria correspondente ao ano 2019, pasando de 7.800 e 13.425 euros. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convoca esta axuda para o ano 2019, que se […]

O DOG publica hoxe as axudas periódicas para mulleres vítimas de violencia de xénero cun orzamento de 5,1 millóns

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se convoca para 2019 as axudas periódicas destinadas a mulleres vítimas da violencia de xénero. As prestacións contan este ano cun orzamento de algo máis de 5,1 millóns de euros, 1,4 millóns de euros máis que na anterior convocatoria. Ademais do incremento do orzamento, […]

Abrirán mañá o prazo para solicitar axudas para a adquisición de taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida, cun investimento de 250.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade abrirá desde mañá o prazo de solicitude das axudas para a adquisición de vehículos taxis adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) para o exercicio 2019, cun investimento de 250.000 euros. Desde o 2016, ano no que a consellería pon en marcha este programa, se concederon 132 axudas para […]

O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas do Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas de Uso Público destinado ás entidades locais galegas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe dúas ordes de axudas da Vicepresidencia destinadas ás entidades locais. Por unha banda, a convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental e, por outra banda, a Orde de Infraestruturas de uso público. Tal e como recolle hoxe o DOG, a Orde que establece as bases reguladoras e a convocatoria […]

Destinaran 12,5 millóns de euros á liña de axudas para entidades sociais con cargo ao IRPF

A Consellería de Política Social vén de incrementar en máis dun millón de euros a liña de axudas dirixida ás entidades do terceiro sector financiada con cargo ao 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle esta ampliación que sitúa en 12,5 millóns de euros o importe total […]

Medio Ambiente convoca unha orde de axudas para fomentar a implantación de puntos limpos móbiles nos concellos galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas para fomentar a implantación de puntos limpos móbiles nos concellos galegos. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda articula por primeira vez unha liña de actuación neste sentido, coa finalidade de favorecer e potenciar a axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización de residuos […]

O Diario Oficial de Galicia publica a relación definitiva de admitidos e excluídos na OPE de Sanidade de varias categorías de persoal estatutario

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermería, celador e grupo auxiliar da función administrativa. Tamén se publican os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega. Neste proceso ofértanse1.429 prazas, das cales 830 corresponden […]