🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta mañá na xornada en liña Mobiliario pensado para o coidado das persoas maiores, no que se avaliaron novas posibilidades para o sector do moble e do contract galego. Dirixida a empresas da madeira e do moble, do sector sociosanitario, a tecnoloxía e o deseño, […]

A Xunta destaca o investimento de 15 M€ na eliminación de treitos de concentración de accidentes nas vías autonómicas, coas obras practicamente rematadas este ano

A Xunta está a investir 15 millóns de euros na eliminación de treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, coa previsión de que este ano estean practicamente finalizadas todas as obras. O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, precisou hoxe na Comisión 2ª do Parlamento que nos vindeiros meses estarán concluídas 16 […]

  O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se notifican os pagamentos directos á agricultura e gandaría regulados na convocatoria de 2019 das axudas da PAC. Así, un total de 26.000 agricultores e gandeiros galegos recibiron un montante global de 170 millóns de euros por este concepto. […]

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe por videoconferencia un encontro cos alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e Redondela, Digna Rivas, aos que informou sobre a concesión de preto de 173.000 euros para proxectos de mellora enerxética en ambos os dous municipios. Concretamente informou que as axudas permitirán substituír […]

O Comité Asesor Sociosanitario comeza a traballar nas liñas xerais do novo modelo de residencias

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, adiantou hoxe que o Comité Asesor Sociosanitario comezou a traballar xa nas liñas xerais do novo modelo de residencias. En declaracións aos medios, logo de asistir á segunda reunión deste grupo de traballo, concretou que, entre outros avances, este encontro serviu para acordar a creación da […]

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, vai poñer en marcha, en toda Galicia, unha campaña específica de reforzo para a mellora do cumprimento das medidas sanitarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid. O obxectivo da campaña será o de asesorar e mellorar o cumprimento das medidas […]

Amplían a autorización para conxelar a carne da Indicación Xeográfica Protexida ‘Ternera Gallega’ debido á emerxencia sanitaria pola covid-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que amplía a autorización para conxelar a carne da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ternera Gallega. Deste xeito, vólvese modificar de xeito temporal o prego de condicións técnicas desta IXP para que, mentres dure o estado de alarma ou medidas similares decretadas en España […]

Galicia recupera o seu ritmo exportador cos bos resultados de sectores estratéxicos como a automoción e a alimentación

O director do Igape, Fernando Guldrís, destacou hoxe en Santiago de Compostela a recuperación que se está a percibir nas exportacións galegas desde que a aparición da covid-19 en España provocou unha relevante caída das vendas no exterior. Así, os resultados no período de xaneiro a novembro de 2020 confirman a mellora na última parte […]

Feijóo anuncia a ampliación de crédito do segundo Plan de rescate para achegar máis de 150 millóns de euros entre as dúas convocatorias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a ampliación de 50 a 75 millóns de euros o segundo Plan de rescate para autónomos, microempresas e hostalería e pediu a concellos e deputacións acordar unha folla de ruta “na que todos aportemos os recursos que se precisan”. Durante a súa comparecencia, esta mañá, […]

A Xunta recibe 14 ofertas para o mantemento e conservación dos treitos interurbanos dos ríos de Galicia-Costa nos vindeiros 2 anos cun investimento de 5,6 M€, un 70% máis

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de recibir 14 ofertas para executar os servizos de conservación, mellora e mantemento dos treitos interurbanos dos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa, para os dous vindeiros anos. Destas 14 ofertas, 5 delas están conformadas por UTE, o que supón que son un […]

A Xunta convoca 151 novos contratos predoutorais e posdoutorais de formación inicial, financiados integramente con case 15,2 M€ de orzamentos autonómicos

A Xunta de Galicia vén de convocar hoxe a través do Diario Oficial de Galicia outras 151 axudas predoutorais (102 contratos) e posdoutorais da modalidade de formación inicial (49 contratos) de investigadores en Galicia, cunha dotación orzamentaria autonómica de case 15,2 millóns de euros a través dunha acción conxunta entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a […]

A Xunta fomenta a dixitalización e a descarbonización do sector forestal para mellorar a súa sustentabilidade e competitividade

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, presidiu hoxe a xornada de traballo on line a prol da dixitalización do sector forestal, dentro dunha estratexia que ten, entre outras finalidades, as de reducir custos e mellorar a trazabilidade e eficiencia da cadea de subministro da madeira. Neste evento, organizado pola Consellería […]

A Xunta impulsa os contactos coa Comisión Europea no ciclo de encontros virtuais da Fundación Galicia Europa

A Xunta e a Comisión Europea retomaron hoxe o ciclo de encontros virtuais Next Generation Galicia, organizado pola Fundación Galicia Europa co obxectivo de seguir achegando aos responsables da Administración autonómica todas as novidades da axenda comunitaria e de ofrecer apoio técnico á comisión Next Generation Galicia, posta en marcha polo Goberno galego o pasado […]

Lorenzana subliña a vertente tecnolóxica das novas lanzadeiras de emprego como clave para favorecer a empregabilidade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe desde Santiago de Compostela nun encontro virtual coas Lanzadeiras Conecta Emprego da Coruña, Santiago de Compostela, Carballo, Ourense, Pontevedra e Vigo estreadas o pasado novembro. Aproveitou a ocasión para enxalzar o papel deste instrumento formativo para a creación de emprego estable, “clave” de cara […]

Un total de 5 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Domaio, no municipio de Moaña

Un total de 5 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de eliminación do treito de concentración de accidentes na estrada autonómica PO-551, en Domaio, no concello de Moaña. O proxecto, cun investimento autonómico de máis de 490.000 euros, permitirá actuar no treito comprendido entre os puntos quilométricos 27+760, no paso […]

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicará a vindeira semana a orde pola que se establecen as normas que rexerán a actividade pesqueira nas augas continentais de Galicia durante este ano. Así llo trasladou esta tarde a conselleira Ángeles Vázquez a unha representación das entidades de pesca da provincia de Pontevedra, coas que […]

Reformaran o programa de Vivendas Baleiras para dinamizar o alugueiro nos concellos cunha maior demanda

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reformará o programa de Vivendas Baleiras para facilitar o acceso a unha vivenda en alugueiro, sobre todo naqueles concellos nos que se rexistra unha maior demanda, como é o caso das cidades. Así o adiantou esta tarde a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, […]

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, instou hoxe ao Goberno a adoptar as medidas que sexan necesarias para evitar o encarecemento do recibo da luz e as continuas flutuacións no prezo da electricidade como, por exemplo, baixar o tipo impositivo do IVE do 21% ao 10% mentres se manteña […]

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou esta tarde no Parlamento que o intenso traballo de prevención e detección da covid levado a cabo nos últimos meses nas residencias de maiores e persoas con discapacidade fan hoxe destes centros os lugares máis protexidos de Galicia. Ademais de ser as primeiras en recibir tanto a […]

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, subliña que compromiso do Goberno galego coa innovación e a investigación universitaria reflíctese nos arredor de 75 millóns de euros que o seu departamento está a investir nas estruturas científicas do Sistema Universitario Galego (SUG) a través de varias liñas de actuación, que abranguen desde o […]

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o parque tecnolóxico e loxístico da cidade para coñecer de primeira man o proxecto do novo envasado de conservas liderado pola viguesa Precisgal e da que a conserveira Frinsa do Noroeste vai ser a empresa tractora. Durante a visita, na que […]

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión coa xunta directiva da Cooperativa de Armadores de Pesca do porto de Vigo, encabezada polo seu presidente, Javier Touza. Unha xuntanza na que tiveron a oportunidade de avaliar a situación actual que enfronta o sector pesqueiro, necesidades e problemáticas, derivadas […]

Lorenzana insta a deputacións e concellos a acadar mañá un acordo para “sumar esforzos” e apoiar aos colectivos máis afectados pola covid-19

A Xunta segue a recoller as achegas dos principais sectores de actividade económica afectados pola crise sanitaria cara a configurar o 2º Plan de Rescate para persoas traballadoras autónomas, microempresas e establecementos hostaleiros para o que o Goberno autonómico xa comprometeu un mínimo de 50 millóns de euros. A conselleira de Emprego e Igualdade, María […]

A Xunta publica a orde de axudas para a posta a disposición dos concellos dun total de 35 unidades de atención temperá

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas para a posta a disposición dos concellos galegos dun total de 35 unidades de atención temperá. A este fin o Goberno galego destinará 3 millóns de euros, o que supón un incremento do 50% respecto dos fondos reservados nestes momentos para a Rede Galega de […]

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuniuse co comandante Víctor Manuel Leiva, novo coordinador do Seprona da Garda Civil en Galicia, así como con Manuel Carlos Rico Noceda, xefe de grupo de incendios e medioambiente, e Claudio Emilio Amboage Fuciños, subinspector e subxefe do grupo de incendios, ambos da Unidade de Policía […]

Un total de 16 empresas presentan ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, en Salceda de Caselas, cun investimento de máis de 876.000 euros

Un total de 16 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, que suporá un investimento da Xunta de máis de 876.000 euros. Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros […]

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, trasladou ao alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, que no mes de marzo se convocarán as axudas dirixidas aos concellos para subvencionar actuacións urbanísticas que melloren a contorna e os equipamentos municipais. Así llo trasladou a conselleira ao rexedor local ao que lle adiantou […]

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou hoxe que o conxunto de medidas adoptadas polo Comité Clínico no que atinxe ao eido educativo teñen como obxectivo principal reducir a mobilidade das persoas nas próximas tres semanas co fin de atallar a incidencia do virus no conxunto de Galicia, pero que non está […]

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta para a Democracia e a Demografía da Comisión Europea, Dubravka Šuica, as liñas xerais da Lei de impulso demográfico e as medidas impulsadas desde Galicia nesta materia. Fíxoo durante unha reunión por videoconferencia que mantivo hoxe coa mandataria europea, acompañado pola conselleira de Política Social, […]

A Xunta adxudica o servizo de explotación e mantemento da rede de estacións de seguimento dos niveis de caudais dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o servizo de explotación e mantemento da rede actual de estacións de seguimento dos niveis de caudais dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Este servizo adxudicouse á empresa Typsa e supón un investimento de máis de 555.000 euros. O […]

A Xunta garante 50 millóns de euros para o seu segundo plan de rescate a autónomos, microempresas e hostalería

A Xunta garante 50 millóns de euros para o seu segundo Plan de Rescate a autónomos, microempresas e hostalería. Eses fondos súmanse aos 86,2 millóns da primeira convocatoria, co que serán en total case 140 millóns de euros en apenas 90 días. Así o trasladaron hoxe vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, […]

Lorenzana urxe ao Estado a coñecer os criterios de reparto e o orzamento que lle corresponde a Galicia dos fondos europeos para políticas de emprego

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe por videoconferencia en Santiago de Compostela na reunión convocada pola ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, xunto co resto de conselleiros da área laboral, na que amosou a súa preocupación, xa que a día de hoxe non se coñece o orzamento que […]

Feijóo anuncia que toda Galicia estará desde o mércores, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do comité clínico, que toda Galicia estará desde o mércores 27 de xaneiro, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima. “Todas as áreas sanitarias están a soportar unha presión importante e é necesario reducila; e iso implica […]

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro co novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, no que ambos subliñaron a necesidade de traballar man a man para impulsar a reactivación económica desde o diálogo e a colaboración, detectando novas oportunidades, sinalando que o […]

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia co director executivo da Agencia Europea de Control de la Pesca (EFCA), Pascal Savouret.   Este encontro inscríbese na rolda de contactos que mantén a representante autonómica cos principais organismos da cidade de Vigo, axentes sociais e económicos.

O DOG publica a resolución das axudas destinada a sufragar o custo do alugueiro de 244 locais de ocio nocturno

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas para contribuír a sufragar os custos de alugueiro dos locais de ocio nocturno que permanecen pechados desde o pasado 15 de agosto –agás as terrazas- co obxectivo de conter o coronavirus. A través destas axudas, o Goberno galego destinou un total de 755.000 euros entre 244 […]

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), destina 3,7 millóns de euros ás axudas para o apoio ás actividades de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, realizadas por grupos de produtores no mercado interior no exercicio 2021. Así o recolle hoxe o Diario Oficial […]

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentou esta mañá, na sede do Inega en Santiago de Compostela, as convocatorias de enerxías renovables dirixidas a particulares que se abrirán este ano. Dúas liñas de axudas (renovables térmicas e autoconsumo) coas que se pretende chegar a 1600 fogares galegos. En total, destínanse […]

Un total de 13 empresas presentan as súas ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista entre Bagüín e Seixo, en Marín, cun investimento de preto de 675.000 euros

Un total de 13 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar a nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-551, entre Bagüín e Seixo, no concello de Marín. Esta actuación, cun investimento de preto de 675.000 euros, comezará no segundo trimestre do ano co obxectivo de rematala a finais de 2021 ou […]

A Xunta de Galicia está ultimando a actualización da normativa de atención á diversidade nos centros educativos co obxectivo de dar unha resposta axustada á realidade de cada alumno, ás súas necesidades e aos seus talentos, camiñando cara unha escola pensada desde a perspectiva do alumnado e co apoio do conxunto da sociedade. O conselleiro […]