🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta pon en marcha unha páxina web para difundir entre os axentes do sector as axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

Unha páxina web da Consellería do Mar ofrece ao sector e aos axentes interesados información e asesoramento relacionado coas axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Neste espazo, dedicado exclusivamente ao fondo FEMP, as persoas interesadas poden acceder ás convocatorias vinculadas a esta ferramenta de financiamento pesqueiro, ás resolucións de concesión das axudas e tamén a […]

A Xunta convocou no que levamos de ano 143 permisos de explotación para marisqueo a pé e a flote en Galicia

A Consellería do Mar convocou no que levamos de ano un total de 143 permisos de explotación para marisqueo a pé e a flote en Galicia. Así, dentro da prioridade de crear emprego no mar e máis concretamente no sector marisqueiro, a Xunta publicou a convocatoria de 113 prazas para o marisqueo a pé, sete […]

Más de 1,3 millones de toneladas de cuotas de pesca se han quedado varadas en los despachos entre 2008 y 2016

Según un estudio realizado por ARVI, la mayor asociación pesquera de España y Europa, la brecha entre las cuotas repartidas cada año entre los países miembros de la Unión Europea y las capturas efectivamente realizadas por esos países, ha ido creciendo desde el año 2008. De hecho, y según ese estudio, el sector pesquero europeo […]

A Xunta intensifica a vixilancia nas zonas de maior incidencia do furtivismo durante a Semana Santa

A Consellería do Mar está a intensificar os labores de vixilancia contra o furtivismo naquelas zonas de maior incidencia con motivo das festas de Semana Santa. Así o trasladou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, esta mañá durante unha visita que realizou á unidade operativa do Servizo de Gardacostas en Ribeira. Alí Rosa Quintana enxalzou […]

O persoal dos centros oceanográficos denuncia o recorte drástico nos orzamentos

Os traballadores e as traballadoras dos centros oceanográficos denuncian o recorte drástico e continuido dos orzamentos, a excesiva centralización e a inacción da equipa directiva que está conducindo a unha situación de “colapso” destes organismos de investigación. Galiza conta con dous dos nove centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO), un en Vigo (con 100 […]

A Xunta agradece á Unión Europea que conte con Galicia no debate sobre as normativas de medidas técnicas e de control

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, agradeceu hoxe en Santiago aos eurodeputados Gabriel Mato e Francisco Millán Mon a súa presenza no pleno do Consello Galego de Pesca e que fagan partícipe a Galicia das negociacións dos regulamentos europeos de medidas técnicas e de medidas de control para determinar a conformidade dos produtos da pesca […]

A Xunta investiu 3,3 millóns de euros o ano pasado para fomentar a actividade marítimo pesqueira sustentable

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, clausurou este mediodía a II Conferencia do proxecto Core LNGas hive, no marco da Feira da Enerxía de Galicia. Alí trasladou que a Xunta investiu o ano pasado 3,3 millóns de euros no fomento da actividade marítimo pesqueira sustentable. Neste sentido, a secretaria xeral explicou […]

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe no Parlamento que a Xunta ten a vontade de levar adiante o proxecto de dragaxe do Lérez, na ría de Pontevedra, pero sempre, subliñou, “supeditada ao cumprimento da lexislación e da tramitación, ao respecto ambiental e á salvagarda da actividade marisqueira da área da ría”. Neste sentido, […]

Europêche lamenta que la Universidad de California avale un estudio sin rigor como el Global Fishing Watch

La patronal europea del sector pesquero, Europêche, de la que forma parte la Confederación Española de Pesca (Cepesca), lamenta que la Universidad de California respalde y otorgue credibilidad a un estudio de un grupo de investigadores sobre la huella global de la pesca que, como afirman los propios autores, presenta “resultados basados en estimaciones” y […]

Mar covoca os exames ordinarios teóricos e prácticos para o manexo das embarcacións de lecer e motos náuticas para 2018

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as datas para a realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos para obter os títulos que permiten manexar embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia. As titulacións para as que se convocan os exames son patrón para a navegación básica, patrón de embarcación de lecer, patrón de iate, capitán […]

Galicia defende un acordo do brexit a longo prazo e que aposte pola sustentabilidade da súa pesca

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, explicou hoxe en Santiago que Galicia busca un acordo do brexit a longo prazo que “estea ligado ao acceso mutuo ao recurso, ás zonas pesqueiras e ao mercado; que permita preservar e mellorar a distribución actual dos TACs e cotas de pesca e que proporcione un marco de xestión […]

Científicos franceses investigan sobre a produción dos bancos de berberecho galegos no Centro de Investigacións Mariñas

Científicos franceses da Estación Mariña de Arcachon, da Universidade de Burdeos (Francia), investigan sobre a produción dos bancos de berberecho galegos no Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). O equipo de investigadores estivo esta semana no centro de Vilanova de Arousa para sumar esforzos cos profesionais do CIMA co obxecto de procesar mostras deste bivalvo recollidas […]

A Xunta decide aprazar o sorteo de horarios a Cíes ante as demandas de maior información das navieras

Esta tarde, as navieras que realizan o transporte de pasaxeiros ás illas Cíes asistiron en Santiago a unha reunión convocada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia. Atendendo ás demandas das navieras, a administración autonómica ha accedido a escoitar as súas propostas e abrir unha vía de diálogo co obxectivo de ofrecer […]

El sector pesquero demanda realismo y flexibilidad ante la llegada inminente de la “tormenta perfecta”

El secretario general de Cepesca y presidente de Europêche, Javier Garat, ha expuesto los retos a los que se enfrenta el sector pesquero comunitario debido a las rígidas exigencias marcadas por la Política Pesquera Común de conseguir el Rendimiento Máximo Sostenible (RMS) en 2020, la obligación de desembarque y la incertidumbre que está creando el […]

A UE escolle a Galicia para participar nun foro que avalía as posibles consecuencias do brexit nas rexións europeas

Representantes da Xunta de Galicia participan hoxe en Bruxelas nun foro que avalía as posibles consecuencias e o impacto territorial da saída do Reino Unido da Unión Europea. A comunidade de Galicia é a única de España que foi invitada polo Comité das Rexións para amosar a súa opinión ao respecto do Brexit, especialmente en […]

Rosa Quintana pon a iniciativa `Navega o camiño´ como exemplo de atracción turística e de impulso dos tránsitos da náutica recreativa

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta tarde en Santiago na presentación da terceira edición da travesía Navega o camiño, a experiencia da peregrinaxe por mar, onde puxo esta iniciativa como exemplo de atracción turística e de impulso dos tránsitos da náutica recreativa. Segundo destacou a titular de Mar, este evento representa a suma […]

As navieras cuestionan a eficacia do modelo de xestión de reservas proposto pola Xunta

O sector do transporte marítimo de pasaxeiros mostrou a súa desconformidade coa proposta que a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio realizou este fin de semana sobre a xestión de reservas para as visitas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas. O modelo que quere implantar a Xunta de Galicia, desde o punto de […]

As vendas nas lonxas galegas acadaron a mellor cifra no 2017 con máis de 212.000 toneladas comercializadas de peixe e marisco

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, subliñou hoxe no Parlamento que as vendas nas lonxas galegas acadaron a mellor cifra no 2017 con máis de 212.000 toneladas comercializadas de peixe e marisco por un valor económico que supera os 500 millóns de euros. Unha cantidade procedente da primeira venda que […]

A Xunta pon á disposición das empresas de transformación e comercialización 96 millóns de euros ata 2020 para mellorar a súa competitividade

A Xunta porá a disposición das empresas de transformación e comercialización galegas 96 millóns de euros de aquí a 2020 para mellorar a súa competitividade e colaborar para que as compañías acaden un maior valor engadido na venda dos seus produtos transformados. Así o destacou este mediodía en Vigo a conselleira do Mar, Rosa Quintana, […]

Javier Garat, nuevo miembro de la real academia de la mar

Javier Garat, secretario general de Cepesca y presidente de Europêche, se ha incorporado recientemente como académico correspondiente de la Real Academia de la Mar para impulsar la participación del sector pesquero en esta institución. Este organismo, que preside Alejandro Aznar, también presidente del Clúster Marítimo Español (CME), tiene como objetivo la defensa de los intereses […]

Galicia acollerá este mes un seminario no que distintos países europeos sumarán argumentos de defensa da pesca ante o brexit

Santiago de Compostela acollerá o 26 deste mes un seminario no que distintos países europeos poñerán en común a información de interese e sumarán argumentos para a defensa do mar nas negociacións do brexit. Nel participarán representantes do sector de Galicia e do resto de España e tamén de países como Holanda, Alemaña, Bélxica, Francia […]

A Xunta destaca que será o estrito cumprimento da legalidade o que determine a viabilidade do novo proxecto mineiro de Touro

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe no Parlamento que “será o estrito cumprimento da legalidade vixente, que ofrece todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas, o único que determine se o novo proxecto mineiro de Touro e O Pino se pode aprobar ou non”. Así o sinalou durante a resposta a unha pregunta […]

ARVI pone en marcha el proyecto “espantaves” para reducir las capturas incidentales de aves mariñas durante la pesca

ARVI, la mayor asociación pesquera española, y el Centro Tecnológico del Mar, han puesto en marcha el proyecto “ESPANTAVES”, que se desarrollará a lo largo de este año, y cuyo fin es reducir las capturas incidentales de aves marinas durante la actividad pesquera. Para lograr este objetivo y mitigar el efecto negativo de la pesca […]

El puerto de Vigo participará en Rotterdam en la primera edición del seminario de puertos atlánticos de españa

Una delegación de la Autoridad Portuaria de Vigo, encabezada por su directora, Beatriz Colunga, viajará mañana jueves rumbo a Rotterdam, donde participará en la primera edición del Seminario de Puertos Atlánticos de España. La cita tendrá lugar en el histórico Schielandshuis de Rotterdam y en ella se destacarán las oportunidades para hacer negocios en los […]

Los puertos de Vigo y Tánger Med estudian posibles vías de colaboración

La Autoridad Portuaria de Vigo recibió hoy la visita de una delegación del Puerto de Tánger Med, encabezada por el Director de la terminal de pasajeros y ro-ro, Hassan Abkari, su Responsable Comercial y de Desarrollo, Imane Agzenay, y su Gerente Comercial, Mohamed Bensouda. A su llegada a Vigo fueron recibidos por el Presidente de […]

A Xunta investirá 37 millóns de euros ata 2020 para recuperar e mellorar hábitats mariños

A Consellería do Mar investirá 37 millóns de euros ata 2020 para recuperar e mellorar os hábitats mariños galegos. Así o explicou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, no marco do almorzo informativo Fórum Europa-Tribuna Galicia celebrado esta mañá en Santiago de Compostela. A conselleira sinalou que esta é unha liña prioritaria do seu departamento […]

Mañá abre o prazo de matrícula para os exames das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

Mañá abre o prazo de matrícula para os exames ordinarios de carácter libre (non é preciso realizar un curso previo) para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, en Vigo; Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol […]

Dous técnicos da Xunta formarán a 20 alumnos da USC no diagnóstico e manexo das principais enfermidades dos moluscos bivalvos

Dous técnicos da Consellería do Mar formarán a 20 alumnos da Universidade de Santiago de Compostela no diagnóstico e manexo das principais enfermidades dos moluscos bivalvos. O biólogo do Centro de Investigación Mariñas de Galicia, Antonio Villalba, e a bióloga do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Susana Darriba, impartirán un curso […]

A Consellería do Mar construirá dúas embarcacións patrulleiras para o Servizo de Gardacostas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá a resolución pola que se anuncia a contratación da fabricación de dúas embarcacións patrulleiras para o Servizo de Gardacostas de Galicia. Así o adiantou esta mañá no Parlamento a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro, nunha comparecencia sobre o a loita contra o furtivismo na nosa […]

A Consellería do Mar incrementa máis dun 2% os fondos destinados a ensinanzas marítimo-pesqueiras para este ano

A Consellería do Mar incrementará este ano un 2% os fondos destinados a ensinanzas marítimo pesqueiras. Así o explicou a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Isabel Concheiro Rodríguez, na presentación do Curso superior en Innovación, Competitividade e Emprendemento arredor do mar (ICEMAR) da Universidade de Vigo. Alí, a secretaria xeral técnica reiterou que […]

Galicia representa en Bruxelas a voz das comunidades costeiras sobre o futuro do fondo de financiamento pesqueiro

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu hoxe en calidade de experta ao primeiro debate de presentación do documento de traballo do ditame FEMP post 2020: investindo nas comunidades costeiras europeas, un labor que lidera Galicia por encargo da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR). Alí, a Xunta, a través […]

O Servizo de Gardacostas renova catro vehículos máis para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo

O Servizo de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, renovou catro vehículos todoterreo máis para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. Estes turismos serán empregados tamén para aqueles traballos que se realicen por terra en materia de busca e salvamento marítimo e tamén na loita contra a contaminación. O subdirector xeral do […]

A Xunta e o Instituto Español de Oceanografía impulsan a súa colaboración no eido da investigación

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o director do Instituto Español de Oceanografía (IEO), Eduardo Balguerías, mantiveron esta semana unha xuntanza na que intercambiaron diferentes aspectos sobre o traballo da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB), da Consellería do Mar e o do IEO. Durante a reunión, Rosa Quintana e Eduardo Balguerías puxeron […]

A Xunta estima provisionalmente en máis de 600.000 de euros o custo dos danos ocasionados polo temporal en Cariño

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a realizar unha primeira valoración provisional dos danos ocasionados polo temporal Evi no peirao de Cariño. Así o comunicou esta maña o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona afectada polo forte mar de fondo do pasado mércores. Durán Hermida […]

Lídia Senra: Presionamos ao Comisario Europeo de Pesca para que se pronuncie claramente sobre a protección do “xeito”

No ano 2014, a posibilidade de prohibición da pesca con redes de deriva alertou ao sector pesqueiro artesanal do xeito. Lídia Senra, unha das responsábeis do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca, realizou unha intervención en outubro de 2014 para chamar a atención ás eurodeputadas/os de dita Comisión sobre o carácter artesanal do xeito, […]

La comisión mixta Hispano-Marroquí de profesionales de la pesca discrepa con el abogado general sobre el acuerdo pesca UE-Marruecos

La Comisión Mixta Hispano-Marroquí de Profesionales de la Pesca ha manifestado hoy su disconformidad con las conclusiones del Abogado General, Melchior Wathelet, sobre la cuestión prejudicial relativa al acuerdo pesquero entre la UE y el Reino de Marruecos. La Comisión Mixta considera que el acuerdo sí garantiza el respeto al Derecho Internacional y a los […]

Os portos de titularidade autonómica moveron máis de 1,7 millóns de toneladas durante o ano 2017

Os portos de titularidade autonómica moveron máis de 1,7 millóns de toneladas de mercadorías ao longo do ano 2017. Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa na sede do ente público na que fixo balance da actividade de carga e descarga de mercadorías e […]

Opinión por Mar Moreira | Daqueles 300, unha nova oportunidade

por Mar Moreira Hai máis de 30 anos, a flota española que faenaba no caladoiro do Gran Sol, era coñecida como “La Flota de los 300”. A realidade é que dita flota sumaba máis de 400 barcos dos cales case un 90% eran galegos. A día de hoxe esta flota non chega aos 100 barcos, […]

Rosa Quintana aplaude a Anmupesca por dar visibilidade ás mulleres do mundo do mar a través do seu espazo web

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá en Santiago na presentación da páxina web da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca), onde sinalou que este “espazo de encontro dixital” servirá como ferramenta para aglutinar todo o saber facer das mulleres que forman parte desta asociación, o que contribuirá ao seu empoderamento, subliñou. […]

A Consellería do Mar revisa e repara preto de medio centenar de sinais de balizamento marítimo

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia vén de revisar e reparar medio centenar de sinais de balizamento marítimo das case 400 instaladas en terra na contorna dos peiraos de titularidade autonómica. Con esta actuación o ente público reforza as condicións de seguridade para a navegación das embarcacións que acceden aos portos […]

1 7 8 9