🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Consellaría de Educación acaba de facer público que lles retira ás universidades públicas galegas a súa proposta para implantar a docencia mixta con carácter masivo o vindeiro curso académico. Unha decisión moi polémica e que contou cunha forte oposición por parte de toda a comunidade educativa vinculada á universidade. Para a CIG-Ensino esta rectificación […]

A Inspección confirma que a reincorporación do persoal dos centros educativos non cumpriu coas obrigas legais

A Inspección de Traballo vén de confirmar que a incorporación do persoal aos centros educativos o pasado 11 de maio non cumpriu coas obrigas legais. A autoridade laboral asumiu a proposta de requirimento achegada pola CIG-Ensino e advirte da necesidade de xustificar as recomendacións das autoridades sanitarias e de respectar a representación legal dos traballadores/as. […]

A CIG-Ensino non ve factíbel a volta ás aulas e insta a traballar na adaptación e necesidades do ano que vén

“Sen protocolos de prevención e protección non pode haber reincorporación”. Así de tallante se amosou o secretario nacional da CIG-Ensino, Suso Bermello, na súa intervención na reunión “informativa” coa conselleira mantida esta tarde, á que lle lembrou que o seu departamento acaba de ser denunciado ante a Inspección de Traballo por non cumprir a normativa […]

Xulgado decreta medidas cautelares obrigando a empresa de ambulancias do 061 do Barbanza a realizar test a todo o seu persoal

O xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela vén de decretar medida cautelares contra a empresa COEXAM (que ten adxudicado o transporte sanitario urxente no Barbanza) polas cales se obriga a compañía a realizar de xeito inmediato as probas de coronavirus de dobre banda a todos os seus traballadores e traballadoras. No auto, […]

Denuncian escravitude e explotación laboral nas obras do AVE en Ourense

A Federación de Construción e Madeira da CIG relanzou a campaña iniciada no 2018 para denunciar a vulneración masiva de dereitos laborais nas obras das novas vías do AVE entre Ourense e Lubián, en concreto no tramo máis próximo á Gudiña, onde se dan condicións de traballo que cualifican de “escravitude e explotación laboral”. A […]

A CIG rexeita o novo pacto social porque non garante os salarios, o emprego, nin a protección social á clase traballadora

A CIG rexeita o pacto social de medidas laborais  acadado entre a patronal, UGT, CCOO e o Goberno español por afondar no abuso patronal, “no cheque en branco” para que o empresariado faga o que lle pete, e por non  garantir os ingresos das familias e o mantemento ou recuperación do emprego para as traballadoras […]

A CIG denuncia a Xunta na Inspección pola falta de negociación e planeamento preventivo contra a Covid19

A Xunta de Galiza négase a convocar os comités de seguridade e saúde laboral e a facer as avaliacións de riscos laborais co risco biolóxico á COVID19, a pesar de que xa está a preparar a volta ao traballo dos servizos non esenciais. O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de presentar denuncia na Delegación Territorial da […]

A CIG-Ensino denuncia a situación de improvisación continua no ámbito educativo desde o inicio do estado de alarma “que está a prexudicar a familias, alumnado e docentes”. Critican que a Consellaría se emenda a si propia cun documento de Preguntas frecuentes que condiciona as instrucións ditaminadas para o desenvolvemento do terceiro trimestre; mentres a conselleira, […]

Vixilantes dos museos de Vigo reclaman o pago das débedas cunha protesta diante do Concello

Vixilantes de seguridade dos museos municipais de Vigo concentráronse hoxe diante do Concello por espazo de hora e media para reclamar o pago das débedas pendentes, xa que a empresa concesionaria do servizo non lles ingresou a paga extra de Nadal nin parte da nómina de xaneiro. O responsábel de Organización da CIG-Servizos, Pedro Pérez, […]

CIG e UGT denuncian a “deslealdade” de CCOO por rachar a unidade de acción na defensa da Universidade Pública Galega

As organizacións sindicais CIG e UGT veñen de emitir un comunicado dirixido a todas as organizacións que forman parte da PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DA UNIVERSIDADE PÚBLICA que, de seguido reproducimos: No mércores 12 de xaneiro, tan só 24 horas despois das concentracións nos principais campus do país promovidas pola PLATAFORMA, CCOO, organización sindical que forma parte […]

Concentración para esixir a readmisión dun traballador que Salutrans despediu “alegando feitos falsos”

A CIG realizou unha concentración esta mañá diante das instalacións da empresa de ambulancias Salutrans (no Polígono Industrial das Gándaras en Lugo), en resposta ao despedimento inxusto dun traballador. Para a central sindical esta actuación empresarial constitúe un claro atentado aos dereitos laborais e sindicais do persoal, polo que na concentración se solicitou a inmediata […]

Paulo Carril: “Ante a reforma laboral non hai transición posíbel, ten que haber ruptura democrática”

Os salarios en Galiza están, en termos reais, un 7,6% por debaixo dos niveis de 2009. Desde aquela medraron as desigualdades entre quen máis e quen menos cobran e perdeuse poboación activa e ocupada pola crise e a emigración. A taxa de temporalidade situouse, en 2019, no 27,4%, 7 décimas por riba da que había […]

A CIG-Ensino rexeita o “PIN parental” e a censura educativa

Os prexuízos e a deriva reaccionaria dunha parte da sociedade, avivada por discursos xenófobos, homófobos, machistas, clasistas ou empapados de auto odio a todo o que sexa ou soe a galego, teñen dado cumpridas mostras de como organizacións políticas, grupos de presión, medios de comunicación e finalmente gobernos, promoven a discriminación de quen non pensa […]

A avícola SADA despide unha traballadora en represalia por ir na candidatura da CIG

Sada PA Castilla Galicia SA vén de despedir a unha traballadora que foi na candidatura da CIG nas eleccións celebradas nesta empresa o pasado 11 de decembro e no que a central nacionalista resultou a forza máis votada. Para a FGAMT-CIG, esta decisión carece de xustificación, constitúe unha clara represalia contra a traballadora e haina […]

Vigo perdeu 400 empregos no sector industrial no último trimestre, aos que haberá que sumar os do naval

O secretario comarcal da CIG de Vigo compareceu hoxe en rolda de prensa para analizar os datos da EPA do terceiro trimestre do ano, que confirman a grave crise que atravesa o sector industrial, que perdeu 400 postos de traballo neste período, aos que haberá que sumar os que desaparecen no naval. Fronte a isto, […]

Concentración contra a negativa do Ministerio a premiar traballos universitarios en galego

A Delegación do Goberno da Coruña acolleu esta mañá unha concentración, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema “Liberdade para o galego”, para denunciar que o Ministerio de Educación “nega o mínimo recoñecemento do galego”, ao excluír dos Premios Arquímedes os traballos de fin de grao que foran presentados en calquera lingua oficial do Estado, […]

Os sindicatos estatais tamén asinan unha redución de soldos en Servicios Securitas

Ao igual que en ESC Servicios Generales, empresa multiservizos do grupo Prosegur, as centrais estatais CCOO, UGT e USO asinaron un colectivo en Servicios Securitas, empresa multiservizos da outra gran compañía española de seguridade, que se traducirá nunha perda salarial de 52 euros mensuais para 4000 traballadores/as en todo o Estado, uns 200 en Galiza. Tamén como na multiservizos de […]

Os bombeiros/as de Vigo convocan folga por primeira vez na historia do servizo

Os bombeiros/as do Concello de Vigo rexistraron hoxe a convocatoria de folga indefinida a partir do vindeiro 14 de agosto ante a “situación límite” derivada da falta de persoal. As centrais promotoras da medida -CIG e CUT- contan co apoio da maioría dos traballadores/as: polo momento de 65 dos 102 efectivos/as en activo, “aínda que […]

Mobilizaranse diante da ONCE en Vigo contra a explotación nos centros especiais de emprego

A CIG, no marco da súa campaña contra a precariedade e as novas formas de explotación laboral, pon agora o foco sobre os Centros Especiais de Emprego (CEE), que son utilizados polas empresas para contratar persoal nunhas condicións inferiores ás do resto de traballadores/as. Tal é o caso de Ilunion -un dos 183 CEE que operan no […]

Aberto o prazo para solicitar praza nas residencias de tempo libre

O prazo de inscrición nas Residencias de Tempo Libre de Panxón e O Carballiño, para as que a CIG dispón este ano dun total de 76 habitacións reservadas, comezou o pasado día 25 de maio. O prazo de inscrición é de 10 días hábiles e o procedemento para achegar as solicitudes de praza nas Residencias […]

CIG-Industria continúa, cunha protesta en Faurencia-Asientos, a campaña en denuncia da precarización laboral e a perda de emprego

Delegados e delegadas da CIG-Industria concentráronse este mércores diante da fábrica Faurencia-Asientos de Galicia (no Polígono de Valadares).  Unha mobilización enmarcada na campaña que a Federación está a desenvolver para denunciar a precarización das condicións de traballo e os abusos neste sector, do que é precisamente exemplo esta multinacional, que aplicou recortes salariais ao seu […]

Campaña da CIG-Ensino para facer centros coeducativos e incrementar as materias optativas en igualdade

A CIG-Ensino vén de recoller nun folleto todos os recursos e propostas que elaborou recentemente para crear plans de igualdade ou coeducativos, designar equipas e coordinadores/as de igualdade e fomentar a oferta de materias optativas relacionadas coa coeducación, co obxectivo de animar ao profesorado a facer dos seus colexios e institutos centros coeducativos. Seguindo coa […]

A folga de mulleres ten unha importante incidencia, especialmente nos sectores máis feminizados da área pública

Miles de galegas están a secundar a folga convocada pola CIG neste 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. Pero hai que lembrar que esta é unha folga que traspasa o ámbito laboral, afectando […]

A folga de mulleres ten unha importante incidencia, especialmente nos sectores máis feminizados da área pública

Miles de galegas están a secundar a folga convocada pola CIG neste 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, para reivindicar a igualdade de oportunidades nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. Pero hai que lembrar que esta é unha folga que traspasa o ámbito laboral, afectando […]

Galiza padece a maior concentración bancaria da Unión Europea, pero a Xunta négase a actuar

O pasado 24 de xaneiro, a situación do sector financeiro (e a súa afectación no eido laboral) foi debatida novamente no Parlamento Galego e, unha vez máis, a Xunta de Galiza “situouse do lado da patronal bancaria”. O Goberno galego, denuncia a CIG-Banca, rexeitou realizar un novo estudo sobre a concentración bancaria e as súas […]

“O futuro da automoción galega pasa por fabricar vehículos con valor engadido e non de baixo custe”

A federación de Industria da CIG vén de facer público un documento no que recolle as súas propostas para afrontar o futuro do sector galego do automóbil ante a transformación que está a experimentar un industria cada vez máis precarizada. Dende a central apostan pola fabricación de vehículos de alto valor engadido e non de […]

Só hai 3 prazas de residencia por cada 100 maiores de 65 anos, o 80% privadas

A CIG vén de pór en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para exixirlle á Xunta melloras na atención á dependencia. Os datos recollidos no “Informe sobre a situación da atención á dependencia en Galiza” (que se adxunta), elaborado polo Gabinete de Economía da CIG, así o constatan: faltan prazas de residencia e centros […]

Os orzamentos de Educación para 2019 revelan unha redución do profesorado até niveis inferiores a 2015

A CIG-Ensino denunciou esta mañá, por medio do seu secretario nacional, Suso Bermello, que os orzamentos da Consellaría de Educación para o vindeiro ano levarán implícita unha redución de persoal dun 0,40% rompendo a tendencia dos últimos exercicios, nos que se mantiña conxelada a cifra na partida de persoal, e retrotrae a cifras anteriores ao […]

A secretaría da muller da CIG-Vigo convoca unha nova edición de formación en igualdade

A edición de 2018 da formación en igualdade que organiza a secretaría da muller da CIG de Vigo constará de cinco obradoiros agrupados sobre o título “Empoderamento das mulleres. Promoción da Igualdade. Ferramentas para previr a violencia de xénero” e require de inscrición previa. Desde o departamento convidan a participar nas mesmas, incidindo na formación como […]

Entrevista | “O proxecto da UE é neoliberal e caracterízase polo esmagamento dos dereitos laborais e sociais”

O secretario xeral da CGTP-IN, Arménio Carlos, visitou Galiza recentemente para participar nun encontro sindical coa CIG no que se analizou a situación sociolaboral de ambos países e se asinou un protocolo de colaboración entre as dúas centrais sindicais. Aproveitamos a súa presenza no país para coñecer a súa opinión a respecto de cuestións como a evolución […]

Respostas ás preguntas máis frecuentes sobre a folga de mulleres do 8 de Marzo

Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de folga do vindeiro 8 de marzo para que todas as traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1.    Cal é a miña situación laboral no día de folga? Durante a xornada de folga, […]

#UltimaHora | Lefties readmite o traballador despedido de xeito “inxusto e arbitrario” nunha tenda de Vigo

A dirección de Lefties, empresa pertencente ao grupo Inditex, accedeu a readmitir o traballador despedido inxustamente da tenda situada no centro comercial Gran Vía de Vigo despois de que o comité convocase dúas xornadas de folga que finalmente deixa en suspenso á espera de concretar os aspectos económicos da readmisión. Nada máis coñecer a convocatoria […]

Margarida Corral: “Ás galegas sóbrannos razóns para ir á folga este 8-M”

As mulleres cobramos menos ca un home; temos máis contratos a tempo parcial; máis dificultades para promocionar; pensións máis cativas; somos quen solicitamos excedencias;  seguimos tendo unha dupla ou tripla xornada e  impídesenos conciliar. Ao tempo, medra o número de mulleres con ingresos inferiores ao SMI e miles de mozas teñen que emigrar para evitar […]

Recomendacións do Consello Galego de Relacións Laborais para a negociación colectiva 2018

O pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, do que fai parte a CIG, aprobou por unanimidade, na súa xuntanza do 2 de febreiro de 2018, as súas recomendacións en materia de negociación colectiva para o ano 2018, que poden visualizarse aquí

A CIG adhírese ao “Manifesto pola defensa e porvir do Centro Galego de Bos Aires”

A CIG vén de adherirse ao Manifesto pola defensa e porvir do Centro Galego de Bos Aires, en perigo de desaparición. A central sindical chama a asinar a petición a través da que se reclama vontade política para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir sendo referente de […]

O Estado español vulnera dereitos recoñecidos na Carta Social Europea sobre accidentes de traballo e protección social

O Estado español está a incumprir varios preceptos da Carta Social Europea en materia de accidentes de traballo e protección social, segundo un relatorio elaborado polo Comité Europeo de Dereitos Sociais. Este organismo independente, que fai parte do Consello de Europa, concluíu que o goberno español non acata os compromisos adquiridos ao ratificar esta convención internacional en 1980, […]

A CIG-Ensino lanza unha campaña para esixir a restitución de dereitos do profesorado

Baixo o lema “Pola recuperación dos nosos dereitos”, a CIG-Ensino acaba de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas co obxectivo de reclamar a restitución dos dereitos laborais e salariais perdidos nos últimos anos e de reivindicar unha mellora nas condicións de traballo do profesorado galego. Ao longo deste segundo trimestre, delegados e delegadas da […]