🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O repositorio Investigo naceu en 2016 co obxectivo de reunir a produción científica da Universidade de Vigo nun espazo institucional de acceso aberto. Nel compílanse as teses, artigos de revistas, libros, comunicacións ou relatorios dos membros da comunidade universitaria que queren poñer a disposición do público o seu coñecemento. Poñendo en marcha esta ferramenta a UVigo uníase […]

En abril de 2019 púxose en marcha o proxecto internacional Oceanets, que ten entre os seus obxectivos “previr a perda de redes de pesca e avaliar a posibilidade de utilizar aparellos inservibles e outros residuos plásticos recuperados do mar para reciclalos e aproveitalos na produción de fibras téxtiles de alta calidade coas que fabricar produtos de […]

Aínda que a actividade académica no curso académico 2020-2021 comezará na UVigo o 21 de setembro na modalidade de docencia mixta, as direccións dos centros, que así o desexen, poderán solicitar que algunha ou varias das titulacións que xestionan comecen na modalidade exclusivamente presencial. Así se recolle na resolución reitoral asinada hoxe por Manuel Reigosa, na que […]

Un equipo de especialistas da Facultade de Filoloxía e Tradución puxo en marcha este curso iSignos, unha nova ferramenta de consulta, aberta e gratuíta, na que se pon ao dispor de calquera persoa interesada un corpus de anotación da Lingua de Signos Española, coas súas correspondentes glosas identificativas. “Trátase dunha ferramenta que permite facer buscas de […]

As consecuencias da pandemia da COVID 19 obrigaron a modificar as datas  e condicións de realización dos exames da ABAU, Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade. A de 2020 será unha ‘selectividade’ distinta a todas as demais, unha edición marcada polas esixencias que impón a prevención do coronavirus, entre elas a multiplicación do […]

Programadores, investigadores, deseñadores, estudantes, empresas… todos unidos na buscar solucións innovadoras para que o tecido empresarial galego afronte os retos provocados pola COVID-19. Así plantexa a Axencia Galega de Innovación o primeiro Hack-At-Home, un evento colaborativo virtual na procura de construír solucións tanto físicas como dixitais para afrontar os cambios derivados da crise sanitaria. O hackathon […]

Un obradoiro gratuíto e en liña para formarse no ámbito do emprendemento cooperativo

A unión de cooperativas EspazoCoop en colaboración coa agrupación estratéxica da Universidade de Vigo, Ecobas, ofertan un curso de carácter gratuíto para promover a formación no eido do cooperativismo. A actividade, que se enmarca dentro da programación da Rede Eusumo 2020, denomínase ‘Lánzate a emprender en cooperativa’ e será impartida de xeito telemático mediante a plataforma de […]

O Observatorio das Persoas Tituladas estuda o impacto da COVID-19 na situación laboral do antigo alumnado

Coñecer o impacto laboral que a actual crise por COVID-19 está a ter nas persoas tituladas da UVigo de todas as titulacións, promocións e lugar de residencia. Este é o grande obxectivo co que o Observatorio de Persoas Tituladas puxo en marcha esta semana a realización dunha enquisa a todos os exalumnos e alumnas da Universidade […]

O pasado mes de maio, a crise xerada pola COVID-19 obrigaba á Universidade de Vigo a converter en virtual a súa Xornada de Orientación Universitaria (XOU), dirixida a presentar a oferta académica da institución ao futuro alumnado universitario. Dando continuidade a esta iniciativa, que se enmarca na campaña de captación virtual #ConectaCoaUVigo o vindeiro venres 19 a institución académica promoverá […]

20.000 euros para promover a “mirada lila” en múltiples actividades

A Unidade de Igualdade destinará este ano preto de 20.000 euros en axudas dirixidas a promover a “mirada lila”, tanto nas actividades docentes como en todas aquelas que contribúan á sensibilización en materia de xénero e a transmisión de valores igualitarios na Universidade de Vigo. Subvencionaranse en total 18 actividades que, debido ás actuais circunstancias sanitarias, se celebrarán maioritariamente […]

Catro decálogos para reflexionar sobre o mundo tras a pandemia

O mundo pospandemia; a nova normalidade, a sociedade do confinamento… son moitas as novas expresións que se están a acuñar tras a crise da COVID-19 e as medidas tomadas para paliala. A situación inédita vivida nos últimos meses deixará leccións para toda a humanidade, lecturas para un futuro a curto, medio e longo prazo e, […]

Dez xornadas en liña para coñecer as últimas novidades de Scopus

Tras a suspensión, debido á pandemia da COVID-19, da formación presencial para o mes de xuño sobre Scopus, unha base de datos bibliográfica de resumos e citas de artigos de revistas científicas, a Fundación Española Para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt) xunto coa editorial Elsevier substituíron dita actividade por unha serie de xornadas extraordinarias […]

A dixitalización da economía e a proliferación das plataformas na rede ás que prestan servizos traballadores e traballadoras autónomos xerou un escenario laboral no que este tipo de profesionais atópanse “especialmente desprotexidos”, o que fai necesario dotalos dun “novo estatuto que lles garanta dereitos laborais básicos equivalentes aos dos traballadores por conta allea”. Esta é, […]

A Universidade de Vigo acaba de abrir o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria de Axudas Propias de Investigación destinadas a grupos, centros de investigación e agrupacións estratéxicas. O obxectivo destas achegas é potenciar o desenvolvemento de actividades de investigación colaborativas entre grupos de investigación que axuden a potenciar as liñas estratéxicas da Universidade, así […]

Nacido hai catro anos na Universidad de Deusto, o programa Inspira Steam de fomento de vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas arrancou en Galicia da man da Universidade de Vigo no curso 2018-2019. Daquela 122 nenas de 6º de Primaria de cinco centros escolares de Vigo e comarca descubriron, a través de accións de sensibilización e orientación, as […]

Catro decálogos para reflexionar sobre o mundo tras a pandemia

O mundo pospandemia; a nova normalidade, a sociedade do confinamento… son moitas as novas expresións que se están a acuñar tras a crise da COVID-19 e as medidas tomadas para paliala. A situación inédita vivida nos últimos meses deixará leccións para toda a humanidade, lecturas para un futuro a curto, medio e longo prazo e, […]

O Environmental Physics Laboratory CIM-UVigo (Ephyslab), vén de incorporarse recentemente ao grupo de traballo sobre vapor de auga na atmosfera da Axencia Espacial Europea. Formado por once equipos de investigación de Reino Unido, Alemaña, Francia, Bélxica e Canadá, o Water Vapour CCI pretende xerar no seu eido novos rexistros globais de datos climáticos de alta calidade considerando […]

15 proxectos emprendedores da UVigo continúan o seu desenvolvemento na plataforma Bridge for Billions

A declaración da pandemia da COVID-19 truncou o desenvolvemento, entre outras moitas cousas, dos proxectos das e dos emprendedores xurdidos da comunidade universitaria. Co obxectivo de axudarlles a continuar desde a casa as súas ideas de negocio, a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo puxo a disposición deste colectivo a posibilidade de […]

Un ciclo de conferencias analizará os avances en biotecnoloxía de alimentos vexetais

A investigación en biotecnoloxía de alimentos estase a converter nunha das áreas con máis potencial na Universidade de Vigo, que conta con investigadores altamente citados como os profesores Maurizio Battino, investigador distinguido honorífico, e Jesús Simal-Gándara, catedrático de universidade. A eles súmanse novas incorporacións neste eido do coñecemento como Francesca Giampieri e Bruno Mezzetti. Todos […]

Un equipo internacional investiga por primeira vez como afectaron os cambios climáticos abruptos á fauna bentónica da Conca Interior de Galicia

En 2014 o investigador da Universidade de Vigo Anxo Mena publicou unha tese de doutoramento na que demostraba que os desprendementos masivos de icebergs no Atlántico norte, os coñecidos como Eventos de Heinrich, provocaron o maior cambio climático na oceanografía de Galicia. Ese estudo estaba centrado, sobre todo, en como afectaron eses cambios a microorganismo como o […]

A mostra ‘Afinidades Selectivas’ volve a abrirse ao público na Casa Galega da Cultura

No camiño cara a “nova normalidade” os museos e salas de exposicións comezan pouco a pouco a abrir de novo as súas portas ao público. Desde este martes xa é posible volver a ver na Casa Galega da Cultura a mostra Ideas verdes incoloras dormen furiosamente, a décimo primeira da serie expositiva Afinidades Selectivas, iniciativa na que […]

Nacen os Premios da Cátedra MN para distinguir o espírito emprendedor do alumnado das ramas de enxeñaría

Froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a empresa tecnolóxica MN Program e ao abeiro da Cátedra MN en Emprendemento Tecnolóxico, que dirixe a catedrática Carmen García Mateo, nacen os Premios da Cátedra MN, dirixidos ao alumnado universitario das ramas de enxeñaría. Os galardóns, que terán tres categorías para os mellores Traballos Fin de Grao, […]

As instalacións deportivas comezan a recuperar a súa actividade

Paseniñamente vai regresando certa normalidade aos campus universitarios. Coa apertura de centros e servizos, aínda con limitacións e citas previas, a Universidade vai recobrando actividade, á que se suma tamén a actividade deportiva. A partir de mañá mércores volverán estar dispoñibles para a comunidade universitaria as pistas de atletismo e de tenis nos campus de […]

Jaime Cabeza publica un libro no que establece os límites entre o que é traballo subordinado e autónomo

O catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Jaime Cabeza acaba de sacar ao mercado un novo libro, unha obra dirixida basicamente á comunidade académica, pero tamén de moita utilidade para todos aqueles profesionais en activo que teñan que defender a persoas que son traballadoras subordinadas, pero ás que as empresas lle discuten […]

A Universidade abre a convocatoria de axudas destinadas a evitar o abandono dos estudos por motivos económicos ou familiares

Co obxecto de atender as necesidades do alumnado matriculado na Universidade de Vigo que presenta circunstancias económicas ou familiares que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria abre a convocatoria de axudas ao estudo para aqueles alumnos e alumnas matriculados en programas oficiais de grao, […]

A crise da COVID-19 reducirá a capacidade de gasto dos concellos galegos pola súa dependencia financeira do Estado e da Xunta

“Os concellos galegos seguen dependendo excesivamente para o seu funcionamento das transferencias doutras administracións públicas e isto pode traducirse, en caso dun recorte orzamentario por parte destas entidades polas consecuencias dos efectos da COVID-19, nunha diminución da súa capacidade de gasto”. Este é un dos resultados expostos na última nota do Observatorio Municipal Galego da Rede […]

As tres universidades galegas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinaron esta semana un convenio de colaboración co que se pon a disposición de todo o alumnado universitario matriculado no SUG, as denominadas Aulas CeMIT, aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade […]

ERTES, despidos, redución de ingresos… o impacto do confinamento decretado polo estado de alarma dende o 14 marzo nas economías familiares está a ter un impacto directo moi grave sobre a renda das familias. Para tratar de paliar os efectos que estas circunstancias poidan ter no rendemento académico do alumnado, a Universidade de Vigo acaba […]

A Xunta facilita ás Universidades o uso das aulas da Rede CeMIT para a realización de exames

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as tres Universidades galegas veñen de asinar un convenio para facilitar ao alumnado universitario que o precise a realización de exames online desde as aulas da Rede CeMIT. O acordo, xurdido a petición das universidades, ten […]

As persoas interesadas en participar na cuarta edición de Youtubeir@s xa poden enviar os seus vídeos. Desde hoxe e ata o vindeiro 23 de outubro manterase aberto o prazo de inscrición nuns galardóns organizados desde as tres universidades galegas, os servizos de normalización lingüística de dez concellos galegos e a Deputación da Coruña. Este ano, ademais, incrementouse […]

“O impacto da pandemia do coronavirus nos mercados de exportación foi máis intenso en Galicia que no conxunto de España neste primeiro trimestre de 2020. O mellor arranque exportador de Galicia en xaneiro-febreiro veuse estragado polo shock exportador de marzo, mes no que lideramos a escala rexional a caída das exportacións no conxunto de España”. Esta é […]

Plan de impulso e consolidación das competencias dixitais como apoio á docencia presencial no SUG curso 2020-2021. Este é o título do documento consensuado polos reitores das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña “no cal se recolle a nosa visión sobre como deberiamos apoiar o desenvolvemento da docencia no SUG e que […]

Investigadores do CIM participan no programa formativo #AfundacionEnCasa

A contaminación das rías, o cambio climático ou o carallo de mar son algún dos temas sobre os que achegarán os seus coñecementos investigadores e investigadoras do Centro de Investigación Mariña ao programa formativo #AfundacionEnCasa. Como explican dende o Campus do Mar, trátase dunha “colaboración coa Obra Social de ABANCA a través da iniciativa #AfundacionEnCasa”, […]

Un seminario analizará o futuro legal das actividades deportivas no medio natural

A protección do medio ambiente e a práctica deportiva neste tipo de contorna xeran, ás veces, unha colisión de intereses que tan só se poden solucionar apostando por un uso sostible do medio natural. Este é un dos principais retos para un sector, como o deporte en natureza, que está en constante crecemento. Para analizar […]

A industria da madeira prevé un descenso do 26% na súa facturación por mor da crise da COVID-19

A industria da madeira en Galicia prevé que a súa facturación no presente ano sexa un 26% inferior á de 2019 por mor dos efectos que está a ter na súa actividade a crise da COVID-19. Esta é un dos principais resultados dunha enquisa realizada pola a Escola de Enxeñaría Forestal e a Axencia Galega […]

Aprázanse as JAI ata 2021

A falla de garantías de que poidan celebrarse con normalidade obrigou ao comité organizador das Jornadas sobre Tecnologías y Soluciones para la Automatización Industrial, JAI 2020, previstas para o vindeiro mes de outubro, a decidir adialas ata 2021. A pesar de que este é un evento que os organizadores planifican con moita antelación, “o verdadeiro esforzo […]

As resinas de polietileno, PVC e poliamida “virxes” son menos tóxicas que as biodegradables

Os plásticos son  polímeros sintéticos de enorme utilidade en todos os campos das actividades humanas e a súa produción global supera na actualidade os 300 millóns de toneladas ao ano, das que unha boa parte ten como destino final os ecosistemas acuáticos. Conscientes desta realidade, desde a Universidade de Vigo mantéñense abertas diferentes liñas de […]

Últimos días para matricularse no curso sobre xestión do transporte

A crise sanitaria que unha gran parte do mundo está a experimentar neste momento está afectando a diversos sectores, entre eles o do transporte, un ámbito que nas últimas semanas demostrou, máis que nunca, a súa importancia. Neste contexto cobra relevancia a apertura de matrícula nun dos módulos formativos do curso de Especialista Universitario en Dirección […]

A crise da COVID-19, a través da arqueoloxía dos sentidos

A situación provocada pola pandemia da COVID-19 non foi nin é vivida de xeito igual pola cidadanía. Algúns, explican Lucía Rodríguez e Juan Manuel Galiña, estudantes do Máster de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da UVigo e a USC, “viviron a crise a través das pantallas, experimentando o conflito como sensorialmente hixienizado, namentres que outros […]

Aberto prazo de inscrición na Escola Infantil do campus

Ata o vindeiro venres 29 de maio permanece aberto o prazo de preinscrición para o vindeiro curso na Escola Infantil do campus, que contará con catro aulas e 53 prazas, das que unha porcentaxe resérvase para os fillos e fillas de integrantes da comunidade universitaria. As solicitudes poden presentarse tanto por vía telemática, a través […]