🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Deseñando desde o Atlántico plans de adaptación e mitigación do cambio climático para áreas mariñas protexidas do Mediterráneo

“O mar Mediterráneo é unha das zonas do mundo onde máis se está a acelerar a subida da temperatura da auga e onde as vagas de calor son cada vez máis intensas e frecuentes”, explica Elena Ojea, docente e investigadora e responsable do Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, que xunto a outras 14 […]

Aberto ata o 28 de febreiro o prazo de solicitude para as bolsas comedor

O alumnado da Universidade de Vigo poderá solicitar ata o vindeiro 28 de febreiro as bolsas comedor, axudas coas que a Universidade quere axudar a garantir a igualdade de oportunidades de aquel alumnado que teña unha situación económica que poida dificultar o seu acceso ou permanencia na universidade. O orzamento máximo destinado a estas axudas é, […]

A Competición de Robots da EEI cubriu as 156 prazas ofertadas na primeira semana do prazo de inscrición

A Competición de Robots da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo segue a superarse a si mesma e tras cinco anos conseguiu cubrir na primeira semana do prazo de inscrición para participar na vindeira edición as 156 prazas ofertadas. Non obstante, ante a gran demanda rexistrada a organización da proba decidiu incluír os máis 20 […]

O Clúster das Empresas Alimentarias de Galicia achega as necesidades da industria ao persoal investigador do campus

Co obxectivo de coñecer as liñas de traballo das persoas interesadas en desenvolver potenciais colaboracións co sector agroalimentario e de achegar ao persoal investigador as necesidades da industria, o Clúster das Empresas Alimentarias de Galicia (Clusaga) celebrou hoxe no campus vigués unha xornada, na que tamén deu a coñecer as súas acción e presentou as súas comisión […]

As principais consultoras e despachos de avogados do país buscan novos talentos no campus

As principais consultoras e despachos de avogados do país, algunhas das firmas máis relevantes dos sectores textil, alimentario e biotecnolóxico, entidades bancarias, aseguradoras e organismos públicos participan hoxe mércores e mañá xoves na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na segunda edición de Foro Empleo, unha cita na que ao longo de dous días coinciden decenas […]

Queres aprender a negociar en bolsa e converterte en ‘trader’?

Os ‘traders’ ou negociadores bolsistas son aquelas persoas que se dedican a comprar e vender activos procurando así un beneficio na diferenza entre o prezo de compra e o da súa posterior venta, ou viceversa. Hai anos, antes da chegada de internet, esta era unha tarefa moito máis complexa xa que os ‘traders’ tiñan que […]

A Fundación Carolina axudará a estudantes iberoamericanos a cursar mestrados na UVigo

Ao abeiro do acordo de colaboración entre a Fundación Carolina e a Universidade de Vigo, ambas institucións veñen de abrir unha convocatoria de bolsas de mobilidade internacional para estudos de mestrado. O obxecto destas axudas é que estudantes de países de América Latina, membros da Comunidad Iberoamericana de Naciones e Portugal poidan cursar na UVigo os seus […]

Chega a II edición do Foro Empleo coa participación de máis de 30 empresas de distintos sectores

Abanca, aceites Abril, Adecco, Adolfo Domínguez, Bimba y Lola, Cuatrecasas, Deloitte, Garrigues, Nationale Nederlanden… 35 empresas de distintos sectores participarán o vindeiro mércores e xoves na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na segunda edición do Foro Empleo, unha cita que arrancou en 2019 cun dobre obxectivo: achegar as empresas e despachos profesionais ao alumnado e […]

A Unidade de Igualdade subvencionará actividades que promovan a sensibilización en materia de xénero

Promover a perspectiva de xénero e incorporar os valores igualitarios na formación, tanto académica como transversal, do alumnado. Baixo estas premisas, a Unidade de Igualdade  convoca anualmente dúas liñas de axudas, unha para a organización de actividades docentes que promovan a perspectiva de xénero e outra para actividades complementarias, como conferencias, xornadas e exposicións, que […]

Queres achegar o teu talento, paixón e entrega a unha das empresas máis estratéxicas do sector téxtil?

Con tendas en países dos catro continentes e un cadro de persoal de máis de 2500 empregadas e empregadas, Sociedad Textil Lonia (STL), responsable das marcas Purificación García e CH Carolina Herrera, celebrará o vindeiro 3 de marzo no edificio Miralles do campus de Vigo unha xornada de recrutamento de estudantes, “que acheguen talento, paixón e entrega e que estean […]

A Área de Normalización Lingüística oferta 150 prazas en cinco novos cursos

Tres cursos virtuais, un semipresencial e un presencial. Esta é a nova oferta formativa da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre, unha programación de actividades que, como acostuma ser habitual, inclúe propostas de interese tanto para o alumnado como para o persoal de administración e servizos e o persoal docente e investigador. “Contribuír á mellora […]

Máis da metade das emisións de carbono que xera a Universidade derivan da mobilidade

A pegada de carbono anual da Universidade de Vigo é de 27.081 toneladas de CO2 equivalente, o que se traduce en 11925 toneladas CO2 eq/persoa. Esta é unha medida de impacto ambiental que estuda as emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, medidas en kg de CO2 equivalente e que a Oficina de Medio […]

A UVigo, contra a creación dunha universidade privada

A comunidade universitaria da UVigo uniuse este martes ás concentracións simultáneas celebradas nos sete campus galegos en defensa do sistema universitario público galego e contra a creación da primeira universidade privada en Galicia. A protesta foi convocada pola Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública conformada polas organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT e das […]

Enxeñeiros da UVigo producen por primeira vez unha fibra de vidro continua 1000 veces máis fina que un cabelo

Máis de dez anos de traballo están detrás do proceso de produción por primeira vez dunha fibra de vidro continua 1000 veces máis fina que un cabelo humano. Os investigadores do grupo LaserON da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo idearon e desenvolveron o proceso denominado Cofiblas (Continous fiberizing by laser melting, Fibrado continúo por […]

Enxeñería de Organización Industrial cumpre 35 anos “imaxinando o futuro”

A titulación de Enxeñería en Organización Industrial cumpre 35 anos ‘imaxinando o futuro’, pero tamén 35 anos organizándoo e xestionándoo. Para celebralo, e baixo este lema, a Escola de Enxeñería Industrial e o Grupo de Ingeniería de Organización presentaron este luns un programa de actividades que se vai desenvolver ao longo de todo o ano […]

250 rapazas celebrarán o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia nos laboratorios da UVigo

O vindeiro martes 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia e a celebración vivirase dun xeito moi especial nos laboratorios das tres escolas de enxeñaría do campus, do Cinbio e da Ecimat, xa que as investigadoras que día a día traballan nestas instalacións van compartir con máis de […]

Multiplícanse as actividades coas que achegar á comunidade universitaria a Axenda 2030

A UVigo multiplicará este cuadrimestre as actividades relacionadas coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible aprobada pola Asemblea das Nacións Unidas en 2015. Trátase, segundo indica o director da Área de Responsabilidade Social, Xosé Mahou, de que toda a comunidade universitaria se vaia familiarizando e vaian introducindo a Axenda e os ODS no seu traballo […]

Na procura de imaxes que rachen cos estereotipos de xénero na enxeñaría

Unha enxeñeira no alto dun aeroxenerador e outra traballando nunha canteira. Estas foron as dúas imaxes que o ano pasado gañaron a 1ª edición do concurso de fotografía MULLE.Rme, unha iniciativa da que agora se lanza a súa segunda edición e coa que a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía busca rachar cos estereotipos […]

Os obradoiros do segundo cuadrimestre renóvanse incorporando apicultura, cultura xaponesa, rock ou enxertos de árbores

O programa de obradoiros do segundo cuadrimestre chega cargado de natureza, música e moitas novidades. En total, ao longo dos próximos meses desenvolveranse doce cursos, cinco dos cales se impartirán por primeira vez e xirarán arredor de temáticas como a apicultura, a  cultura xaponesa, enxertos de árbores, o mundo maker e as oportunidades de ocio inclusivo. A […]

Augaventura volve esta primavera cunha programación acuática do máis variada

Din os refraneiros que “en abril augas mil”, e non van moi desencamiñados, aínda que neste caso a auga non se presenta en forma de choiva senón que será o fío condutor de sete actividades acuáticas organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. Descenso de rápidos, unha ruta á illa […]

A UVigo estrea o primeiro asistente virtual con comprensión e procesamento de linguaxe natural en galego

A Universidade de Vigo acaba de converterse na primeira institución pública en dispor dunha aplicación de atención a usuarios baseada en intelixencia artificial e comprensión e procesamento de linguaxe natural en galego. Desenvolvido pola empresa Asistentes Virtuales, a aplicación de atención ás e aos usuarios permite acceder á información dos sitios web e outras fontes da Universidade […]

A UVigo celebra San Tomé defendendo a universidade pública e coa mirada posta nos retos futuros

Premiando o traballo de preto de 150 alumnas e alumnos excelentes, facendo unha firme defensa da universidade pública, repasando os principais logros acadados en 2019 e botando a ollada aos retos aos que se enfrontará a institución nos vindeiro anos. Así celebrou este martes a Universidade de Vigo o seu patrón, San Tomé de Aquino, […]

Últimos días para matricularse no curso de formación do profesorado universitario novel

O arranque da vida profesional como docente universitario é ilusionante, pero supón tamén un importante reto que non está exento de dúbidas e incertezas. Co obxectivo de facilitarlles este proceso ao seu persoal investigador máis novo e ao profesorado axudante e axudante doutor de recente incorporación, a Universidade volve pór en marcha o curso Formación do profesorado […]

Dez anos servindo Café con Sal

En dez anos foron máis de 80 relatorios os que deron forma ao ciclo de conferencias Café con Sal, unha proposta pioneira de divulgación científica posta en marcha pola Estación de Ciencias Mariñas de Toralla. A vindeira semana, o xoves 30, arrancará unha nova edición, unha moi especial, a décima, que volverá unir persoal investigador, estudantes […]

Éxito deportivo para Thunders UVigo na primeira metade da liga universitaria de e-Sports

Os videoxogos tamén teñen cabida dentro da Universidade de Vigo, e así o está a demostrar Thunders, o equipo co que compite a institución académica viguesa na Liga Universitaria de eSports de España, bautizada nesta edición como Amazon University Esports debido á entrada de Amazon, o xigante do comercio electrónico, como principal patrocinador. A competición arrancou hai […]

Unhas xornadas buscan pór de relevo o papel das e os intermediarios entre a infancia e a literatura

A mediación lectora, o papel de intermediarios e intermediarias que as e os docentes, o persoal das bibliotecas ou as propias familias xogan á hora de achegar os libros aos nenos e nenas, será o eixo central das IV Xornadas Desfacendo a raia, que, coa colaboración da Universidade de Vigo, a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil […]

Os éxitos dos equipos de fútbol melloran a percepción social sobre a inmigración

O éxito dun club de fútbol, ben sexa gañar a liga, ben sexa acadar un rendemento superior ao agardado polo seu orzamento, sumado a un maior porcentaxe de minutos disputados por xogadores estranxeiros, contribúe a unha mellor percepción sobre os inmigrantes e a inmigración da cidadanía na comunidade autónoma do equipo en cuestión. Esta é […]

Un seminario analizará como a internet das cousas e a intelixencia artificial transformarán os procesos industriais

Procesos automatizados e, sobre todo, intelixentes. Este é o paradigma da cuarta revolución industrial, a da Industria 4.0, un proceso transformador que xa está en marcha e que ademais de mudar o sistema produtivo tamén está a provocar importantes cambios no mercado laboral, coa demanda de novos perfís profesionais. Detrás de toda esta transformación está […]

As mulleres, preto de duplicar os homes nos premios extraordinarios de grao e doutoramento

Un ano máis as estudantes da Universidade de Vigo son as destinatarias da maior parte dos premios extraordinarios de grao e doutoramento, correspondentes, nesta ocasión, ao curso 2018/2019. O Consello de Goberno aprobou na súa sesión ordinaria de hoxe a concesión dun total de 70 galardóns, que se outorgarán o vindeiro 28 de xaneiro no transcurso […]

Investigadoras viguesas coorganizan a I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego

O mundo da tradución ten este sábado unha cita importante. Será en Santiago de Compostela coa celebración da I Xornada de Tradución Literaria Alemán-Galego, un evento organizado pola Asociación Galega de Xermanistas coa colaboración das universidades de Santiago de Compostela e Vigo e no que van participar investigadoras e profesionais da tradución cunha ampla traxectoria neste […]

Cara unha fronte común en defensa da investigación en Galicia

Posta en valor do tecido de I+D; establecemento das condicións necesarias para o desenvolvemento dunha carreira investigadora; programas de retención de talento e compromiso das institucións públicas para incrementar a inversión en I+D. Arredor destas demandas diversos colectivos de persoal investigador están tratando de crear “un novo espazo galego unitario en defensa da investigación”. A […]

Especialistas vigueses crean unha ferramenta de uso libre para a clasificación de algas

Alganat2000 chega á súa recta final cos seus obxectivos cumpridos. As once investigadoras e investigadores participantes no proxecto presentaron este luns a través dun taller demostrativo os importantes resultados acadados tras meses de traballo e que se materializan no desenvolvemento e posta en marcha dunha ferramenta, Sigweb, para o cartografiado da evolución espacial das macroalgas e […]

140 persoas fórmanse para ser espectadores activos nos concertos de música clásica

A música clásica é, posiblemente, o xénero musical ao que o público se achega con máis medo. Ao tratarse dun rexistro culto, son moitas as persoas que amosan certa reticencia a asistir a un concerto deste tipo de orquestras, pola complexidade das pezas e tamén pola súa falta de formación musical. Para rachar con estas […]

A UVigo, única institución española en participar na secuenciación do xenoma da lura xigante

Tras elaborar a súa tese de doutoramento, codirixida polo catedrático David Posada, entre os anos 2005 e 2009, Sara Rocha (Lisboa, 1980) incorporouse ao Laboratorio de Filoxenómica da Universidade de Vigo no ano 2011. Moi interesada no estudo da filoxenias, a investigadora lusa sumouse hai meses a un estudo internacional centrado na secuenciación do xenoma […]

Un profesor da UVigo publica a primeira monografía española sobre as problemáticas xurídicas da viaxe en coche compartido

O profesor da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Pablo Fernández Carballo-Calero acaba de sacar ao mercado a primeira monografía que se publica en España sobre o coñecido como carpooling ou viaxe en coche compartido, un estudo pormenorizado no que analiza a problemática xurídica que xurde arredor deste tipo de viaxes, cada vez máis populares, e […]

BE-ROBOT e DeMo-ROBOT tomarán a remuda de Wall-e e de R2D2 na 6ª edición da competición de robots da EE Industrial

A competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial, que cada ano desde hai seis congrega centos de estudantes, incorporará este 2020 novidades, tanto na denominación das categorías nas que se desenvolve o concurso, como coa incorporación de novas probas. “Aínda que a competición mantén a súa esencia, sempre procuramos introducir algunha novidade nas dúas categorías […]

Especialistas de cinco países debaten como mellorar a resistencia das principais infraestruturas atlánticas de transporte

Arredor de 40 especialistas chegados de cinco países (Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España) están a participar este martes na sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial no obradoiro de lanzamento do proxecto Sirma, un traballo financiado pola Unión Europea con preto de dous millóns de euros e que ten como principal obxectivo a creación […]

2020, un ano para divulgar a ciencia en galego

O traballo científico é un dos motores do avance da humanidade, os froitos da investigación e a innovación serven para subir chanzos na evolución e na mellora da vida dos seres humanos e do planeta Terra en xeral. Eses froitos son o fío condutor do almanaque para 2020 da Área de Normalización Lingüística. Baixo o […]

Un curso sobre o deseño de captadores de enerxía mariña reunirá en Ourense a expertos de 15 países

Arredor de 40 persoas procedentes de 15 países europeos participarán os días 22 e 23 de xaneiro nunha escola de formación que terá como obxectivo afondar no uso de modelos SPH, concretamente do software DualSPHysics, para o deseño de captadores de enerxía das ondas do mar. A actividade está organizada por Ephyslab, o Grupo Environmental […]

A Universidade estende o asesoramento para persoal orientador aos tres campus

Ourense será o vindeiro venres 17 de xaneiro o primeiro campus da Universidade de Vigo en acoller as xornadas de asesoramento para persoal orientador, organizadas pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, que continuarán o 24 de xaneiro en Pontevedra e rematarán o 31 do mesmo mes en Vigo. Dirixidas especificamente a equipos […]