🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

María Inmaculada Paz Andrade, catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e Jacquelyn Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins, serán as próximas doutoras Honoris Causa pola Universidade de Vigo, despois que o Consello de Goberno aprobase, na súa sesión ordinaria de hoxe, as propostas formuladas desde os departamentos […]

Un novo vídeo de Divulgare defende a necesidade de implementar protocolos para combater vertidos químicos no mar

O grupo Divulgare leva dous anos involucrado no proxecto Mariner (Enhancing HNS preparedness through training and exercising), coordinado polo Cetmar, que ten como obxectivo mellorar a capacidade de resposta ante vertidos químicos mediante o desenvolvemento de plans de adestramento e resposta coordinados entre distintas rexións da Europa atlántica, como Reino Unido, Francia, España e Portugal. Agora que […]

A Universidade recibe en Padrón a insignia de ouro da Fundación Rosalía de Castro

A Universidade de Vigo recibiu este venres en Padrón a insignia de ouro da Fundación Rosalía de Castro como recoñecemento institucional polo apoio e colaboración mantida ao longo dos últimos anos en numerosos proxectos, tanto de tecnoloxización, como da posta en marcha dos Encontros na Casa de Rosalía, a celebración dos 150 anos de Cantares gallegos en […]

A Universidade lanza dous novos programas de voluntariado

Dende fai varios anos a Universidade vén desenvolvendo diferentes programas de voluntariado cos que anima á comunidade universitaria a amosar a súa cara máis solidaria. Ás iniciativas máis exitosas, como as organizadas pola Oficina de Medio Ambiente, súmanselle este ano dous novos programas relacionados coa prevención de riscos laborais cos que se buscan persoas dispostas a botar […]

A UE debe “construír cidadanía” a través dunha identidade compartida

“Europa vive un momento particularmente vibrante pero non menos turbulento”. Deste xeito iníciase o apartado de conclusións do número monográfico da revista Tempo Exterior, que o Instituto Galego de Documentación Internacional (Igadi) dedica á segunda edición do Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, que este instituto promoveu xunto coa Área de Ciencia Política e da Administración-Observatorio […]

A neuroeducación e a impresión 3D súmanse aos cursos de verán do campus

A aplicación dos últimos avances da neurociencia no proceso de aprendizaxe e as posibilidades que achega á produción artística a impresión tridimensional, xunto coas novas tendencias na prevención e recuperacións de lesións no depote e as posibilidades que outorga a robótica e o encerado dixital no ensino das ciencias. Estas son as catro temáticas que […]

O campus abrirá as súas portas o día 22 de marzo para celebrar o Día Mundial da Auga

O xoves 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga e tendo en conta o seu proxecto de especialización como Campus da Auga, o campus de Ourense volverá por cuarto ano consecutivo a aproveitar esta conmemoración para abrir as súas portas ás xeracións máis novas e continuar concienciando sobre a importancia da auga doce […]

A Miteu cumpre 20 anos e consolídase como prato forte da programación cultural de primavera

Tras o aperitivo da actuación da banda coruñesa ChotoKoeu, este mércores arranca no campus de Vigo a programación cultural de primavera 2018 coa Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu, como prato forte, un clásico do calendario universitario que este ano cumpre vinte anos traendo á cidade exemplos do teatro feito nas aulas de ensino superior, […]

Os Martes Saudables achegan consellos para unha boa alimentación

Co avance do segundo cuadrimestre, os postos dos Martes Saudablescontinúan percorrendo os tres campus universitarios con diferentes stands nos que se proporciona información para ter unha boa saúde. Esta semana foi a quenda da Facultade de Filoloxía e Tradución, onde as cinco profesionais encargadas da actividade asesoraron ás persoas que se animaron a achegarse, xa fose […]

A I Olimpíada de Historia celebrarase o día 25 de maio no campus

A Facultade de Historia do campus de Ourense, en colaboración coa revista El Octavo Historiador, vén de convocar a I Olimpíada de Historia. Fai Historia con nós. Con carácter autonómico e pioneiro en Galicia, a cita ten como obxectivo espertar a curiosidade do alumnado preuniversitario por esta área. Os estudantes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria de […]

Un estudo sobre as eleccións presidenciais de EEUU constata o baixo impacto na rede dos editoriais políticos

Unha das características diferenciais das eleccións que, en novembro de 2016, converteron a Donald Trump no presidente dos Estados Unidos de América é que os principais xornais deste país abandonaron a súa habitual imparcialidade para situarse en contra do que sería o gañador dos comicios. Partindo deste contexto os investigadores da Universidade de Vigo Xosé […]

A Semana Galega de Filosofía achégase ao campus

Filosofía e o común é o título da XXXV edición da Semana Galega de Filosofía, que a Aulaún integran o programa dun evento que achegará a Pontevedra a expertos e expertas como a profesora da Universidade Hofstra de Nova York Silvia Federici, o político, sindicalista e alcalde do municipio sevillano de Marinaleda, Juan Manuel Sánchez Gordillo, o […]

Alumnado de Educación Social emprega Instagram para dar a coñecer a importancia da súa profesión

En que consiste o traballo dun educador ou educadora social? Cal é a súa función en entidades como os concellos e en eidos como a educación permanente? Para responder a estas e outras preguntas similares, alumnado de Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense vén de pór en marcha unha […]

Un obradoiro para descubrir probando o potencial do Arduino

Partindo dunha placa dotada dun microcontrolador e mediante o uso de software libre, o Arduino outorga múltiples posibilidades de deseño, desenvolvemento ou adaptación de dispositivos electrónicos. Da automatización dunha luz á articulación do ordenador de a bordo nun coche, as posibilidades que implican estas placas resultan cada día máis accesibles grazas á existencia de titoriales […]

Un mar de mulleres visibles

Despois do seu paso polos campus de Vigo e Pontevedra, este mércores chegou ao campus de Ourense a exposición Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar. A iniciativa pretende darlle visibilidade ás mulleres que traballaron e traballan en oficios relacionados co mar, como redeiras ou mariscadoras, pero tamén ás mulleres que dedicaron e […]

A Universidade alíase co Club Tenis de Mesa de Vigo para impulsar este deporte entre a comunidade universitaria

Mellora a capacidade de reacción e o equilibrio, exercita os músculos do corpo, tanto do tren superior como do inferior, favorece o bo estado cardiovascular e axuda a perder peso cun risco de lesión moi reducido. Estes son só algúns dos beneficios cos que as e os afeccionados ao tenis de mesa defenden a práctica […]

Un novo proxecto da EE Forestal incorpora drones aos traballos para o estudo e conservación do cabalo galego do monte

A través dun proxecto seleccionado pola Fundación Biodiversidad, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, o grupo de investigación AF-4 da Escola de Enxeñaría Forestal iniciou en 2015 unha liña de traballo centrada no estudo e na conservación do cabalo galego de monte, unha raza autóctona de Galicia e unha das poucas especies […]

Deporte cos pés a remollo

Coa chegada do bo tempo ábrese tamén o abano de actividades deportivas para practicar ao aire libre, entre elas modalidades acuáticas no medio mariño. O programa Augaventura Campus Mar Life, que impulsan Área de Benestar, Saúde e Deporte e o Campus do Mar, ten precisamente como obxectivo fomentar a práctica de actividade física nunha contorna acuática […]

Axente financeiro, unha opción de autoemprego

“No noso país, o desemprego é unha perda de horas de traballo de persoas en plena capacidade, que non contribúen á xeración de riqueza”, explica Jorge Vila, profesor do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade. Por outro lado, segundo explica o docente, as empresas non son capaces de absorber as e os titulados superiores, motivo […]

O profesor Antonio Chas recompila por primeira vez nun libro os poemas de Álvaro de Cañizares

Álvaro de Cañizares foi un dos moitos poetas do século XV que pasaron desapercibidos na historia, a pesar de que algunhas das súas obras aparecen no Cancioneiro de Baena e no Cancioneiro de Palacio, dous dos manuscritos casteláns máis antigos que se conservan deste tipo de poesía. Agora, case seiscentos anos máis tarde, o profesor do Departamento de […]

Un ciclo de conferencias afonda na importancia dos procesos de investigación na creación artística

“Penso que o artista ten que estar informado sobre aquilo que está desenvolvendo e ten que investigar en certa maneira o territorio no que traballa”. Con estas verbas puña de relevo o artista e profesor Antoni Muntadas o papel que os procesos de investigación xogan na creación artística contemporánea. Facíao, na tarde deste xoves, no […]

A EU de Estudos Empresariais lanza a súa propia International Week

Conferencias, mesas redondas, presentacións e visitas. A EU de Estudos Empresariais celebrará do 19 ao 21 de febreiro a súa primeira Semana Internacional/International Week cunha chea de actividades dirixidas a afondar nos contactos internacionais dun centro que xa no ano 2000 puxo en marcha unha dobre titulación internacional coa Hochschule Bochum de Alemaña, algo pioneiro nunha universidade […]

Deportes de alta intensidade para o tempo libre

En pouco máis dun mes comezará a primavera e, de cara á chegada do bo tempo, o Servizo de Benestar, Saúde e Deporte volve deseñar un programa de actividades ao aire libre que inclúe as modalidades marcha nórdica, parapente, pontismo e paracaidismo. Esta iniciativa, denominada Delecer e destinada ás persoas que forman parte da comunidade universitaria, pretende […]

Un taller permitirá afondar nas posibilidades da impresión 3D

Ir máis aló dos filamentos que de forma xeral se empregan nas impresoras 3D e explorar as posibilidades que outorgan diferentes tipos de materiais é un dos obxectivos centrais do Taller de impresión 3D que a Vicerreitoría do campus promove para este segundo cuadrimestre, complementando o programa de obradoiros de Extensión Universitaria abertos a toda a cidadanía. O curso, […]

Un estudo analiza os bosques primixenios da ría de Vigo e explica a desaparición do carpe

A vexetación primixenia é a presente no territorio antes de que os ecosistemas terrestres empezasen a ser profundamente transformados, hai uns 6000 anos, coa chegada da gandaría e a agricultura, é dicir, un período que abarca, polo menos, os últimos 60.000. Da evolución destes bosques ocúpase unha das liñas de investigación do proxecto Avaliación e contextualización […]

Novos estudos sobre a formación de arxila proporcionan pistas sobre o clima primitivo de Marte

O clima primitivo de Marte supuxo desde sempre un quebracabezas de difícil solución para os científicos planetarios. Mentres que os modelos atmosféricos -baseados nas condicións de Marte no pasado- xeralmente suxiren un clima frío, onde a auga estaría en forma de xeo, as características xeomorfolóxicas do planeta vermello indican que houbo abundante auga líquida. Ademais, […]

Igualdade organiza preto dunha vintena de actividades docentes con perspectiva de xénero nos tres campus

Muller e traballo na era dixital, ventres de alugueiro, cultura da violación, imaxe da muller na publicidade, muller e rendemento deportivo, perspectiva de xénero nas actuacións dos operadores xurídicos… A Unidade de Igualdade ten preparadas para este ano preto dunha vintena de actividades docentes con perspectiva de xénero coas que axudar a espallar a cultura da igualdade […]

Búscanse microrrelatos de ata 134 palabras sobre Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro celébrase, desde 2010 e a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o Día de Rosalía de Castro, coincidindo co aniversario do seu nacemento. Por segundo ano consecutivo, o campus de Ourense unirase a esta conmemoración desenvolvendo diferentes actividades. Entre elas está a convocatoria dun certame de […]

Interconectar recursos, realidades, obxectos e vincular contextos, co obxectivo de desenvolver narrativas da historia, que lle conten algo novo ou que lle deixen un espazo aberto á reflexión ás e aos consumidores de bens culturais. Con esta filosofía púñase en marcha a mediados do ano 2016 o proxecto europeo Crosscult, no que once socios europeos, entre […]

Bruxas sen clixés que non consumen medios de comunicación e non mercan moda infantil

O acoso sexual na contorna universitaria, a influencia dos estereotipos á hora de tomar decisións educativas, a análise dos clixés na música emitida pola emisora 40 Principales no 2016, xunto co exame das protagonistas da serie Girls de HBO, a construción de roles dende a moda infantil e a crítica cara os tópicos formados arredor das meigas […]

A carreira HappyGoRunning busca 50 voluntarios e voluntarias

A HappyGoRunning-Cidade Universitaria, a tradicional carreira de 10km que acolle o campus de Vigo, celebrará a súa duodécima edición o 22 de abril e, para que este evento teña o mesmo éxito ca nas pasadas convocatorias, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade fai un chamamento a aquelas persoas que estean interesadas en […]

En 2015, cando Eduardo Santos Pérez só tiña 15 anos, construíu con materiais totalmente reciclados unha réplica de R2D2, o compañeiro droide de Luke Skywalker na saga de películas da Guerra das Galaxias. Xunto co seu pai, Eduardo Santos Baldomir, este rapaz de Cambre forma parte de Echo Base 28th Elite Forces, unha asociación que dende o […]

Amplíase ata o 31 de xaneiro o prazo de presentación de candidaturas aos premios Incuvi-Emprende

O prazo de presentación de proxectos para a sétima edición dos Premios Incuvi-Emprende amplíase ata o día 31 deste mes de xaneiro. Deste xeito, estudantes e egresados recentes poderán entregar os seus proxectos emprendedores ao longo de todo este mes, co obxectivo de que as súas ideas ser tornen, tras un ano de traballo e formación, nun […]

A Facultade de Filoloxía e Tradución celebra este ano o 20 aniversario da revista Hesperia, principal vehículo de expresión dos estudos sobre lingua e literatura española no sur de Galicia. Nacida no seno do extinto Departamento de Filoloxía Española e dirixida polo catedrático José Montero Reguera a publicación inicia agora unha nova etapa na que, en consonancia […]

Doce meses para visibilizar os proxectos de investigación “que parten dunha epistemoloxía feminista”

Precursoras da ciencia, referentes da historia, pioneiras no eido universitario, artistas galegas contemporáneas, en definitiva, mulleres salientables nos seus eidos de traballo veñen protagonizando os calendarios que a Unidade de Igualdade edita cada ano. Pero para este 2018 os nomes propios de muller deixan paso aos equipos e grupos da Universidade de Vigo que apostan pola […]

Chan pelviano e defensa persoal feminina, novidades na programación deportiva para o segundo cuadrimestre

Tras os excesos do Nadal é tempo de regresar á rutina e de retomar hábitos de vida saudables. Para iso, a Área de Benestar, Saúde e Deporte retoma tamén o seu pulo normal de actividades e abre a matrícula para a programación deportiva do segundo cuadrimestre, que comeza o vindeiro 22 de xaneiro. As dúas […]

1 15 16 17