Promover unha reflexión respecto dos estereotipos de xénero representados nas imaxes, neste caso vinculadas ao deporte e á actividade física, é o propósito de O xénero nos ollos, un recurso didáctico que a profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Ana Rey e a investigadora Alba González, actualmente docente na Universidad Pontificia de Salamanca, […]
O acceso aberto á literatura científica é un movemento internacional que supón un cambio de modelo no funcionamento da comunicación dos coñecementos científicos. Este movemento, tamén coñecido polo termo inglés open access, nace na última década do século XX e, en poucos anos cobra unha enorme importancia. No caso da Universidade de Vigo puxéronse en marcha […]
Profesionais e investigadores teñen unha cita virtual oeste mes de xuño na cuarta edición do IV Simposio Internacional de Ensino das Ciencias, SIEC 2018. Este congreso en liña celébrase cada dous anos como un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre todas aquelas persoas interesadas no ensino das ciencias en calquera […]
Desde hai tempo a comunidade científica ven observando en distintas especies, incluída a humana, que a descendencia de pais máis novos tende a vivir máis tempo que a descendencia de pais maiores, pero este fenómeno, denominado ‘efecto Lansing’, resultou difícil de documentar experimentalmente. Agora, investigadores da Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade de Glasgow, […]
O 5 de abril facíase pública a resolución do Tribunal Superior do Land de Schleswig-Holstein sobre a Orde europea de entrega de Carles Puigdemont. O tribunal alemán acorda que non procede a entrega polo delito de rebelión, e require información complementaria ás autoridades españolas para unha decisión definitiva no que se refire á entrega polo […]
Implicar a múltiples axentes nunha reflexión conxunta sobre os diferentes factores que inciden na exclusión social e educativa co proposto de definir, desde unha perspectiva cidadá e comunitaria, solucións innovadoras para realidades concretas como o abandono e o fracaso escolar ou as repercusións da violencia machista na infancia. Esta é a base do proxecto Redes de […]
51 segundos, 47 centésimas. Ese é o tempo que a alumna da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Antía García lograba recentemente na final dos 100 metros remolque de manequín con aletas da primeira proba da Copa de Europa de Salvamento e Socorrismo. Unha marca, que ademais da medalla de ouro, supuña para este […]
O día 21 de maio remata o prazo de presentación de propostas á convocatoria da bolsa de investigaciónda Fundación Dorzán froito dun convenio de colaboración asinado entre esta entidade sen ánimo de lucro e a Universidade de Vigo. A bolsa, que financiará un único traballo coa cantidade de 1500 euros, está dirixida ao alumnado matriculado durante […]
Cando apenas queda un mes para o inicio das vacacións escolares no ensino infantil e primario, centos de papás e mamás comezan tamén a planificar a axenda estival dos máis cativos do fogar. Co obxectivo de favorecer a conciliación da vida profesional e familiar dos membros da comunidade universitaria, a Universidade organiza cada ano Campus Camp, […]
Considerada unha das figuras de referencia da pintura abstracta en Galicia, a artista e profesora asociada da Facultade de Belas Artes Berta Álvarez Cáccamo faleceu o pasado venres en Vigo aos 54 anos de idade. Unha figura que este martes foi recordada na Xunta de Facultade celebrada este mediodía neste centro do campus pontevedrés, que […]
49 universidades e escolas de moda de Europa, América e Asia integran a selección de participantes no International Fashion Award Show da 27 Graduate Fashion Week, o evento no que 36 universidades e escolas de moda do Reino Unido presentan en Londres as creacións dos seus novos titulados e tituladas e que se completa cunha pasarela […]
O Foro Económico de Galicia fixo público este martes e por segundo ano as previsións de crecementopara a economía galega. O Centro Social Abanca, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación dun documento no que “se ordenan e presentan todas as previsións para o PIB de Galicia, avaliando a súa capacidade predictiva, e remata cunha previsión […]
O campus de Ourense acolleu este sábado a celebración dunha quinta edición do Ourense Termal Athletics Meeting 2018 que prometía atletismo en “cantidade” e “calidade”. Dúas promesas que rematada a cita desde a organización consideran cumpridas. A competición reuniu a máis de 300 deportistas de doce nacionalidades e a pesar do mal tempo inicial, as […]
“Pint of Science 2018, o festival de divulgación científica internacional que propón un encontro entre investigadores e o público nos bares, chega os días 14, 15 e 16 de maio a 56 cidades de España, coa novidade de incluír a Ourense dentro deste universo singular. A cuarta edición segue batendo marcas: 308 eventos en 105 […]
A identificación dun tipo de ciguatoxina do Caribe (C-CTX1) como a máxima responsable da toxicidade en pescados das illas Canarias e Selvagem e Madeira é o resultado do traballo desenvolvido desde hai case dous anos polas investigadoras e investigadores involucrados no proxecto europeo Eurocigua sobre a caracterización da ciguatera en pescados de Europa. O consumo […]
Co gallo da celebración a vindeira semana do Día das Letras Galegas e do festexo do seu quince aniversario, o Seminario de Lingüística Informática, SLI, da Universidade de Vigo presenta unha nova versión do Cluvi, un banco de traducións de libre acceso con 47 millóns de palabras entre o galego e outras linguas. Entre as principais novidades […]
Resolución reitoral, do 19 de febreiro de 2018, pola que se convocan os Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo Resolución reitoral do 21 de marzo de 2018 pola que se corrixe o erro detectado na RR do 19 de febreiro de 2018. Relación de persoas premiadas por categoría: Poesía: 1.º Premio: Noa […]
Cantidade, con 300 deportistas de 12 nacionalidades, e calidade, coa participación dalgúns dos máis destacados atletas do noroeste peninsular. Con estas credenciais presentouse este xoves no Pazo Provincial de Ourense o Ourense Termal Athletics Meeting 2018, proba deportiva que por quinto ano consecutivo se celebrará este sábado, 12 de maio, nas pistas de atletismo do campus […]
O alumnado dos cursos intensivos de verán do Centro de Linguas poderá optar por primeira vez a bolsas cunha contía equivalente ao 75% do importe da matrícula dos estudos, que se impartirán os meses de xuño e xullo deste ano. Ata o 25 de maio poden presentarse as solicitudes a esta nova convocatoria que, segundo a vicerreitora […]
Exposicións, conferencias, concursos e unha visita guiada á lonxa de Vigo o 28 de maio. A Delegación de Alumnado da Facultade de Ciencias do Marorganizou un completo programa de actividades culturais ata mediados de xuño. É a quinta edición do programa Live Science, unha iniciativa de divulgación posta en marcha polo alumnado do centro “co obxectivo […]
En 2016 arrancaba un proxecto europeo, no que está involucrada a Universidade de Vigo, co obxectivo especializar a novos investigadores nunha área de coñecemento que será unha das tecnoloxías do futuro: as comunicacións cuánticas. Agora, cando esta iniciativa chega ao seu ecuador, impulsa na vila de Baiona a Secure Quantum Communications (SQC) School, unha xuntanza internacional […]
A iniciativa de dous investigadores do Imperial College de Londres de abrir en 2012 as portas dos seus laboratorios a persoas afectadas por varias enfermidades para que coñecesen o seu traballo, sentou as bases do que no ano seguinte foi Pint of Science, o primeiro festival de divulgación científica, no que as e os científicos achegan […]
Micropoesías, microrrelatos e agora microteatro. Xa está en marcha a terceira edición do Microconcurso da biblioteca da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, convertido este ano nun concurso no que o que se buscan son pezas teatrais, historias cunha extensión máxima de 100 palabras de diálogos e de título (caso de que o teña) e outras […]
Realizar un percorrido polos múltiples recursos existentes na rede que poden ter unha aplicación nas aulas de calquera nivel educativo ou no traballo do propio docente é o propósito central do curso Iniciación a recursos web para a educación, que, entre o 21 de maio e o 11 de xuño, se desenvolverá na Casa das Campás […]
Entender de que xeito un shock nunha parte da economía mundial se transmite ao resto desa economía global. Nesta cuestión afonda o artigo Trade and the propagation of global shoks de Alberto Trejos e Pedro Cavalcanti Ferreira, que hoxe foi presentado polo propio Trejos nun seminario celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, organizado pola Rede Galega de […]
O Eckerd College de Florida é a institución académica estadounidense na que a alumna da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Ariadna Cordal amplía no presente curso a súa formación ao abeiro do programa de mobilidade ISEP (International Student Exchange Programme). “Estou moi contenta coa experiencia en xeral, en Eckerd teñen un bo programa […]
De hecho, diversas delegaciones de los institutos y aulas Confucio en muchos países se han visto obligadas a cerrar sus puertas no exentos de polémica, con la preocupación fundada de que están en juego la libertad de enseñanza, la libertad de acceso a la información o la crítica del saber al censurarse determinados tópicos como […]
A programación da cuarta edición da Ourense ICC Week, que organiza a Deputación de Ourense, xa está pechada e entre os eventos que inclúe está unha nova edición da ‘quedada’ informática que cada ano se celebra no campus. Este ano a cita, que leva o nome de ICC Technium R Encounter, estará acompañada por unha actividade […]
Pór en valor a figura da e do responsable de comunidades virtuais e facelo ademais a través de profesionais formadas e formados na propia Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Eses son os dous obxectivos que conflúen no Día das Redes Galegas, unha xornada dedicada a abordar a importancia das redes sociais na comunicación […]
Organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade, o Club Peña Trevinca e a Nordic Walking Vigo, o campus de Vigo acollerá o vindeiro sábado 14 de abril, unha xornada de marcha nórdica, un deporte que incorpora o uso activo duns bastóns específicos á forma natural de camiñar para, así, impulsar o corpo cara […]
A Universidade de Vigo será a única institución española con dous investigadores dun total de 14, oito homes e seis mulleres, que participarán na elaboración do Sexto Informe do Panel Intergubernamental da ONU sobre cambio climático (IPCC). Á confirmación o pasado mes de febreiro do catedrático Xavier Labandeira, que repite desta volta como revisor editor, sumábase nas […]
Mulleres de conto é o título dá XIX edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que na tarde deste venres se inaugura no Pazo da Cultura e que un ano máis suma ás súas propostas unha exposición de traballos realizados polo alumnado do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes. […]
A cultura do val do Nilo, chea de misterios, sempre chamou a atención de todos os públicos e semella que o fai especialmente do alumnado do Programa de Maiores da Universidade de Vigo que, un curso máis, copou as prazas do obradoiro de Extensión Universitaria Introdución á Cultura Exipcia II: Cultura, Arte e Literatura que se imparte […]
A décima ruta cultural deste curso, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, percorrerá o sábado 7 de abril a contorna do Parque Natural de Corrubedo, un “lugar único que conserva a duna móbil máis grande de Galicia”. Será unha andaina de dificultade baixa e case 18 quilómetros de percorrido coa que […]
Ao fío da celebración do seu patrón, San Vicente Ferrer, e do décimo aniversario do Mestrado en Comercio Internacional, a Escola Universitaria de Estudos Empresariais ten previsto para esta semana un intenso programa de actividades que traerán ao centro un destacado número de profesionais e representantes do mundo empresarial dos principais sectores da economía viguesa. As diferentes […]
Do 12 ao 28 de abril, os escenarios da cidade de Ourense volverán levantar o seu pano para acoller unha nova edición, a 23, da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A cita contará coa participación de 28 grupos, 15 deles aulas universitarias e os restantes de carácter profesional, procedentes de sete países. […]
Recoller lixo mariño en Galicia e Valencia para analizalo e valorizalo en forma de novos produtos. Este é o obxectivo co que este ano se puxo en marcha o proxecto Repesca_Plas, unha iniciativa impulsada polo Instituto Tecnológico do Plástico (Aimplas) coa colaboración, entre outras entidades, do grupo Ecotox da Universidade de Vigo. Definidos e planificados os puntos […]
Ao longo das preto de sete hectáreas que comprende o campus da Xunqueira poden atoparse preto de 400 árbores, entre as que figuran grandes exemplares de Platanus hispanica e de Cedrus deodara, o cedro do Himalaia, así como un grupo de moreiras, Morus alba. Árbores que, nunha iniciativa impulsada pola Vicerreitoría, a Escola de Enxeñaría Forestal e a Oficina […]
Por segundo ano consecutivo, a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense organizará xunto ao CIFP Portovello un encontro pedagóxico que nesta ocasión estará dedicado á educación no rural. A cita, que terá lugar o 12 de abril nas instalacións universitarias, xuntará a alumnado dun e doutro centro para estreitar lazos, para intercambiar […]
María Inmaculada Paz Andrade, catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e Jacquelyn Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins, serán as próximas doutoras Honoris Causa pola Universidade de Vigo, despois que o Consello de Goberno aprobase, na súa sesión ordinaria de hoxe, as propostas formuladas desde os departamentos […]