🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Este Nadal, consumo con sentidiño

Nestas datas gástase máis en todos os ámbitos da vida diaria e, por tanto, aumenta o impacto ambiental do consumo. Neste senso, todas as persoas son responsables das súas prácticas e dos impactos que estas teñen na sociedade e no medio ambiente. Por iso, a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación elaborou un decálogo de consellos […]

Os Roteiros Culturais e os Martes Saudables, nunha guía europea de boas prácticas para a vida activa

Non se trata necesariamente de practicar deporte de xeito intenso, senón de adoptar actitudes e hábitos saudables no día a día, que persistan no tempo e que se adapten ao modo de vida e as capacidades de cada quen. Esta é a filosofía do proxecto Active Campus Europe, que tras dous anos de traballo coordinado […]

Talento feminino e universitario en ‘Referentes Galegas’

A Universidade de Vigo, xunto coas outras dúas universidades públicas galegas, colaborará coa Asociación Executivas de Galicia no desenvolvemento do proxecto Referentes Galegas, o primeiro directorio que se crea en Galicia co obxectivo de reunir ao menos a 500 mulleres profesionais destacadas e líderes en todos os ámbitos da sociedade galega. A iniciativa presentouse este luns […]

Máis dun 90 % dos votantes piden abolir a monarquía no referendo convocado no campus de Ourense

A comunidade universitaria do campus de Ourense foi chamada a participar no referendo sobre a monarquía. A pregunta era sinxela: “estás a favor de abolir a monarquía como forma de estado e instaurar unha república que abra procesos constituíntes?” As posibles respostas eran sí ou non. As urnas abriron ás 09.00 horas, estando ubicada unha delas no Edificio de Ferro […]

Premio nacional ao Traballo Fin de Grao de Pablo Carrera, alumno da Escola de Enxeñería Industrial

Pór en valor a contribución das e dos futuros profesionais para desenvolver boas prácticas e estándares tecnolóxicos que axuden ás empresas a ser máis eficientes e competitivas. Con este obxectivo a principal asociación española de fabricantes e distribuidores, Aecoc, entidade con máis de 29.000 firmas asociadas e cuxa facturación conxunta supón preto dun 20% do PIB […]

Os trasgos espallan nos campus o espírito do Nadal

O Nadal está á volta da esquina e con el multiplícanse as felicitacións e os desexos de feliz aninovo, tamén na Universidade de Vigo, onde este ano se contará coa axuda duns personaxes moi particulares, catro trasgos que serán os encargados de espallar o espírito destas festas entre toda a comunidade universitaria. Falamos da nova felicitación […]

Unha nova achega de ‘reseñas’ pon o foco na era dixital

Este mes o libro escollido en reseñas, actividade da biblioteca universitaria de Torrecedeira que pretende estimular a curiosidade e a inquietude pola lectura e a actualidade, é El filtro burbuja, cómo la red decide lo que leemos y lo que pensamos (Taurus, 2017). Esta obra escrita por Eli Pariser, un coñecido ciberactivista, comentarista e articulista estadounidense, comeza coa […]

Sendeirismo, cogomelos e magosto para rematar 2018

A programación de rutas culturais do curso 2018/2019, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, remata o ano cun percorrido por Nogueira de Ramuín, na provincia de Ourense. A andaina xuntará sendeirismo, cogomelos e magosto para rematar 2018 con bo pé. A andaina, que leva por título Ruta 4. Micoloxía e Magosto. […]

O Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas participa en dous proxectos Conecta PEME financiados con 1,6 millóns de euros

Unha cheminea comercial con sistema de recuperación de calor e un innovador método de condensación/evaporación de utilidade para a maior parte de procesos industriais de refrixeración. Estes son os dous grandes retos aos que se enfronta o Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas da Universidade de Vigo, liderado polo catedrático José Luis Míguez Tabarés, en dous novos proxectos de […]

A Universidade súmase, por quinto ano consecutivo, á campaña ‘Cada niño, un juguete’

A Universidade de Vigo  súmase, por quinto ano consecutivo, á campaña Cada niño, un juguetecoordinada por Carlos Leiro, vicepresidente da Asociación Stop de Vigo e grazas á cal o ano pasado se recolleron na cidade de Vigo 4000 xoguetes, arredor de 300 doados por membros da comunidade universitaria. Nesta edición están á disposición da comunidade universitaria […]

Pontevedra acollerá en 2019 o encontro estatal de estudantes de Ciencias da Actividade Física e do Deporte

Representantes do alumnado do grao en Ciencias da Actividade e Física e do Deporte de 39 universidades españolas forman parte da Anecafyde, a Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte, unha asociación que ten como obxectivos representar ao alumnado desta titulación e servirlle como interlocutor coas diferentes institucións e administracións […]

A represión franquista ao maxisterio causou cen mortes en Galicia

Editada polas tres universidades galegas, a revista galego-portuguesa de historia da educación Sarmiento dedica o seu número 21 á represión que a ditadura franquista someteu ao profesorado trala sublevación militar de 1936 e aos procesos de depuración que sufriron os mestres e mestras. Co propósito de achegar esta realidade aos futuros e futuras docentes, a Facultade de Ciencias […]

Voluntariado universitario para promover a educación dos dereitos humanos en colexios de toda a provincia

Son máis de vinte. Cada un/unha ten os seu propios gustos e intereses, estudan en diferentes escolas e facultades do campus, pero todos e todas queren ser voluntarios e voluntarias, deixar de ser meros oíntes e converterse en verdadeiros actores do cambio nas súas respectivas comunidades. Este luns, coincidindo coa celebración do Día dos Dereitos […]

Universidade e Concello suman as súas voces para poñer en valor e homenaxear o labor das persoas voluntarias

O director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo, Xosé Mahou, e o concelleiro da Área de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relaciones cos Sindicatos do Concello de Vigo, Santos Héctor Rodríguez, foron os encargados de dar lectura este mediodía ao manifesto de ambas as dúas institucións co gallo do Día Internacional do […]

Literatura, política e arte para afondar na figura de Saramago no 20 aniversario do Nobel

Abordar, desde unha óptica multidisciplinar, a figura e a obra de José Saramago é o propósito central das terceiras Xornadas Internacionais que, desde este luns, promove na sede da Vicerreitoría do campus a Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo. Coa conmemoración, neste 2018, do 20 aniversario da concesión do Premio Nobel ao escritor portugués como eixo, as […]

O Pergamiño Vindel e Martin Codax seguirán viaxando por todo o mundo da man dunha das máis prestixiosas editoriais internacionais

Visitou Vigo a finais de 2017 e aquí quedou ata o pasado mes de marzo, cinco meses nos que miles de galegas e galegos non dubidaron en achegarse ao Museo do Mar de Galicia para ver de preto o Pergamiño Vindel. Xa de volta na Morgan Library de Nova York, as famosas cantigas de Martin […]

A Universidade de Vigo, á cabeza do SUG con dous investigadores no Highly Cited Researchers List

A publicación definitiva este martes do Highly Cited Researchers List (HCR), o Listado das e dos investigadores máis citados do ano 2018, elaborado por Clarivate Analytics, confirma a inclusión dos investigadores da Universidade de Vigo Jesús Simal e Maurizio Battino, ao tempo que sitúa á institución académica viguesa como a primeira do Sistema Universitario de Galicia en […]

O grupo GTI da Universidade, seleccionado pola Unión Europea para desenvolver un proxecto sobre 5G

Financiado pola Unión Europea no marco do programa H2020 co obxectivo de que UE lidere a tecnoloxía de comunicación 5G, permitindo que funcionen aplicacións como as que necesitan transmitir vídeo de ultra alta definición ou que precisan conectar millóns de dispositivos que conforman a “internet das cousas”, nacía en xaneiro do ano 2017 o proxecto ORCA, Orchestration […]

As horas na biblioteca transfórmanse en diñeiro para unha escola en Senegal

Como xa vén sendo tradición, un 5 de novembro máis o campus de Ourense únese á celebración internacional da Olimpíada Solidaria de Estudo acollendo un dos seus postos na Biblioteca Rosalía de Castro. Trátase dunha acción de sensibilización e solidariedade internacional a través da cal as horas de estudo das persoas participantes son transformadas por empresas colaboradoras […]

O campus acollerá o primeiro maratón dirixido a incorporar contidos ao Galizionario

En funcionamento desde o ano 2004, o Galizionario é a versión galega do proxecto Wiktionary, o dicionario impulsado pola Wikimedia Foundation no que son os propios usuarios e usuarias os responsables da incorporación dos contidos. Con máis de 53.000 entradas ata a data, o Galizionariocontará o 16 de novembro por primeira vez cun maratón dirixido a sumar novos contidos […]

Unhas xornadas analizarán no campus os retos das universidades galegas ante a Axenda 2030

Achegarse ao fenómeno da cooperación universitaria ao desenvolvemento e establecer un diálogo entre os axentes sociais chaves na cooperación ao desenvolvemento. Estes son dous dos grandes obxectivos cos que xorden as Xornadas A cooperación universitaria ao desenvolvemento ante a Axenda 2030, organizadas polas tres universidades galegas e que se celebrarán na sala 1 do edificio Miralles os […]

O grupo Remoss constata a viabilidade da reanimación cardiopulmonar nun barco a velocidade elevada

En caso de sufrir no mar un accidente ou episodio de paro cardíaco, iniciar na propia embarcación as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP) pode ser un factor decisivo para salvar a vida da persoa accidentada e, se as condicións do mar o permiten, estas poden levarse a cabo cunha calidade suficiente a bordo da embarcación mentres se […]

Cociña, viño, docencia e arte reúnense nos obradoiros do Campus Crea

Aprender a cociñar receitas saudables; achegarse ao viño desde as ópticas da ciencia, a cultura e a tradición; abordar as diferentes fases da creación dunha instalación artística e afondar no uso da robótica e da gamificación como ferramentas educativas. Estas son as cinco propostas que o proxecto de especialización Campus Crea S2i reúne no programa de obradoiros […]

O polígono empresarial máis grande de Galicia, cifra a cifra

4,8 millóns de metros cadrados de superficie; un grao de ocupación que supera o 88%; 432 empresas instaladas; 1406 millóns de euros de negocio; 8500 traballadores e traballadoras e unha alta confianza empresarial. Estas son algunhas das cifras recollidas no estudo sobre o Polígono de San Cibrao de Ourense realizado por un grupo de investigación da Universidade […]

O cinema en versión orixinal volta esta semana ao edificio Cambón co ‘Ciclo Cine e Lingua’

“Aprender un idioma non é só gramática, unha lingua é vida e variedade, e a mellor maneira de aprendela é practicala e atopala na cultura”. Así nos anima Keith Payne a asistir á novena edición do Ciclo Cine e Lingua, Vigo, Let’s go to the flicks, unha actividade xa consolidada na programación cultural da Universidade de Vigo […]

Unha nova forma de gozar de Santa Bárbara

Como cada ano, a Delegación de Alumnado da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía organiza un programa de eventos na honra a súa patroa, Santa Bárbara. Pero para a edición deste 2018, o estudantado deseñou un programa máis amplo, un ‘Mes Cultural’, que botou a andar este mes e se estenderá ata finais de […]

Os videoxogos coma un soporte publicitario definido pola alta porcentaxe de recordo das marcas

Segundo un estudo da consultora Nielsen, o 87% dos xogadores e xogadoras de videoxogos recordan as marcas que aparecen nun determinado xogo, porcentaxe que sumado ao feito de que esta industria factura en España máis de 3000 millóns de euros ou á estimación de que o número de xogadores e xogadoras neste país se sitúa nos 26 millóns, dan […]

O programa de mobilidade Iacobus presenta no campus as súas novidades

Fomentar a cooperación entre os centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é o propósito central do programa Iacobus, que promove a realización de estadías transfronteirizas de investigadores e persoal de administración e servizos das tres universidades galegas e das universidades e institutos politécnicos do norte de Portugal. Xestionado pola Asociación Europea de Cooperación […]

A Sala X énchese de obxectos para que o público cree a súa propia historia

Tituladas en Escenografía pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo, Montse Piñeiro e Laura Iturralde decidiron darlle volta en Fío, a instalación que nas últimas semanas desenvolveron na Sala X, á idea de empregar obxectos e elementos de escenografía como un xeito de completar e ambientar unha historia xa trazada. No proxecto que desenvolveron […]

O traballo da muller na era dixital e a sentencia de La Manada, a debate nos campus de Vigo e Ourense

Os campus de Vigo e Ourense compartirán en vindeiras datas dúas xornadas organizadas por profesorado da Facultade de Dereito nas que se abordarán dúas cuestións de actualidade e/ou controversia tanto xurídica como social, como é o caso do traballo muller na era dixital e a sentencia de La Manada. En ambos casos, as xornadas xorden […]

A UVigo achega a música tradicional galega ao III Festival Música e movemento partillados

Desde hai tres anos as universidades galegas e do norte de Portugal traballan, dentro do marco da Fundación CEER, nun proxecto de cooperación cultural eurorrexional bautizado como Movemento e Música Partillados, un festival internacional no que cada universidade ten a oportunidade de amosarlle ao público as principais iniciativas relacionadas coa música e as artes escénicas que […]

Sete conferencias para estar ao tanto das últimas novidades xurídicas

A administración electrónica, a publicidade denigrante respecto á muller… Estes e outros temas de actualidade xurídica serán os protagonistas do Curso de Actualización Xurídica 2018-2019 que a Facultade de Dereito acollerá ao longo deste curso académico. Trátase de sete conferencias doutros tantos especialistas que permitirán ao alumnado e profesorado do centro actualizar os seus coñecementos en diferentes […]

As aulas interxeracionais son xa unha realidade nos campus

Ángela Álvarez é unhas das alumnas de maior idade do Programa Universitario de Maiores,  experiencia na que que leva participando máis de 14 anos. Aos seus 86 anos, cada luns e mércores érguese ás sete da maña, colle o autobús ao campus e ás nove está lista para comezar as súas clases na Facultade de Filoloxía […]

Un proxecto europeo interésase polo estudo sobre os incendios de 2017 que lidera a EE Forestal

Máis de 50 expertos e expertas procedentes de 15 países reúnense desde este xoves no pan-European Workshop ond Wind, Storm and Forests, que promove na localidade alemá de Friburgo o European Forest Institute (EFI). Trátase da primeira das reunións de traballo impulsadas ao abeiro do proxecto Sure (Sustaining and Enhancing Resilience of European Forests) que o EFI promove […]

A primeira ruta cultural deste curso será por Baños de Molgas

A programación de rutas culturais do curso 2018/2019, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, arranca o sábado 20 de outubro cun percorrido por Baños de Molgas, en Ourense, no que se mesturará historia e saúde. Aínda que especialmente dirixidas á participación da comunidade universitaria, estas andainas universitarias están abertas á cidadanía. […]

Un experimento vigués con pompas de xabón triunfa na final nacional de Ciencia en Acción

“Por empregar obxectos tan fráxiles como as pompas de xabón para introducir de forma moi atractiva a todo o público conceptos físicos relacionados coa luz: reflexión, refracción e interferencias, así como o funcionamento básico do ollo humano”. Así argumenta o xurado do certame Ciencia en Acción 2018 a concesión do 1º premio Ex Aequo ao traballo  Uno […]

Debut 2018 busca modelos

Preto de 1800 persoas reúnense cada mes de novembro no Pazo da Cultura con motivo de Debut, a pasarela na que o alumnado de Esdemga presenta as coleccións que constitúen os seus proxectos de fin de estudos e que neste 2018 celebrará a súa décimo segunda edición. Un evento que terá lugar o xoves 22 de novembro […]

O exercicio supón beneficios cardiovasculares, motores e psicolóxicos para os enfermos renais

Recoñecida xa como epidemia pola Organización Mundial da Saúde (OMS), a enfermidade renal crónica é unha “enfermidade silenciosa que afecta a unha de cada dez persoas no mundo”, segundo salientou este luns Paula Filgueiras, responsable do grupo de apoio en hemodiálise da Fundación Renal Iñigo Álvarez de Toledo (FRIAT). Unha patoloxía fronte á que o exercicio […]

Ciencia Singular achega o día a día do CIM a máis de 400 persoas

Máis de 400 persoas participaron este sábado nas primeiras actividades de Ciencia Singular, o programa de divulgación científica co que a Universidade busca dar a coñecer á sociedade o traballo levado a cabo nos tres centros singulares de investigación da universidade viguesa: o Centro de Investigación Mariña, CIM; o Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, e Centro […]

O campus de Vigo acolle mañá unhas xornadas sobre talento feminino

Mañá día 9, no campus de Vigo, terá lugar unha primeira xornada titulada Diversidade de xénero e empresa. Boas prácticas en captación de talento feminino, que contará cunha conferencia a cargo de Pilar Gómez Acivro e á que seguirá unha mesa redonda. No marco deste evento, impartirase unha actividade formativa, que se complementará con varias […]