🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Profesionais da interpretación toman o pulso ás principais problemáticas e necesidades do sector en Galicia

Debater e conversar sobre o estado da profesión para detectar problemas e deseñar posibles solucións. Este é o grande obxectivo da xornada Tomamos o pulso ao mercado da interpretación en Galiza, un encontro que reuniu na Facultade de Filoloxía e Tradución a un nutrido grupo de profesionais da interpretación, así como a representantes das principais empresas, […]

A Área de Servizos Bibliométricos, pioneira en España, amosa a súa traxectoria nun encontro estatal

Ademais da misión visible de produción e difusión científica, as universidades tamén se ocupan da medición desta actividade científica. Esta autoavaliación que realizan as institucións académicas require dun sistema de indicadores e ferramentas bibliométricas, que na Universidade de Vigo desenvolve a Área de Servizos Bibliométricos, creada en 2017 dentro da Biblioteca Universitaria de Vigo. O […]

Vigo cóase no top das 200 universidades máis populares do mundo en YouTube

A Universidade de Vigo colouse en 2018 no top das 200 universidades máis populares do mundo en YouTube, a principal plataforma para a difusión de vídeos virais. Con  algo máis de 16.000 subscritores na súa canle e 5,5 millóns de visualizacións, a institución académica viguesa ocupa o posto 133 do 2018 Youtube University Ranking, elaborado pola plataforma […]

Éxito do equipo de deportes electrónicos da Universidade na 1ª fase da liga universitaria

Os deportes electrónicos, con arredor de 300 millóns de seguidores e seguidoras, son un fenómeno que está a cambiar a forma na que se consumen contidos audiovisuais entre o público máis novo. A Universidade de Vigo non é allea a esta realidade e, dende hai tres anos, conta con representación na University eSports, a liga universitaria española […]

Máis de 200 estudantes copan as prazas dun curso sobre o programa MatLab

Manexar o programa informático MatLab -abreviatura de Matrix Laboratory- é útil para traballar en enxeñaría, matemáticas, física, bioloxía, ciencias do mar e economía, entre outras disciplinas. Por este motivo, o grupo de traballo MatLab & Simulink da Universidade de Vigo oferta o curso gratuíto Fundamentos de MatLab, no que se repasan os conceptos básicos desta ferramenta […]

Unha viaxe por Xapón co cómic e a animación como referencias

Polas súas amplas tiradas e seguimento, o manga e o anime, o cómic e a animación xaponesa, constitúen dous importantes elementos da cultura popular neste país e tamén un motor para a atracción de turismo de crecente importancia, como sinala o investigador da Facultade de Belas Artes José Andrés Santiago, quen xunto ao profesor da […]

O traballo a prol da mediación de Francisca Fariña é recoñecido cunha medalla ao mérito profesional

Preto de 30 anos de traballo, nos eidos da docencia, a investigación e a transferencia, a prol da mediación e a resolución de conflitos fixeron á catedrática de Psicoloxía Xurídica do Menor Francisca Fariña merecedora da Medalla ao Mérito Profesional que outorgan a Escuela Española de Mediación y Resolución de Conflitos e o seu xornal […]

Febreiro será na Universidade o mes da prevención cardiovascular

Febreiro será na Universidade de Vigo o mes da prevención cardiovascular. Cando menos isto é o que busca a Área de Benestar, Saúde e Deporte coa posta en marcha da campaña Que tal estás, corazón?, unha iniciativa coa que ofrecer á comunidade universitaria a posibilidade de acceder a unha revisión cardiolóxica de balde e, deste xeito, seguir sumando […]

‘reseñas.4’ quere abrir o debate sobre o auxe do dixital en detrimento da conversa

Reseñas, a actividade mensual de dinamización da lectura promovida pola biblioteca universitaria de Torrecedeira, propón para este mes a lectura de En defensa da conversación (Ático de los libros), unha obra escrita pola socióloga e psicóloga estadounidense Sherry Turkle e na que se reflexiona acerca da realidade que hai detrás da tecnoloxía dixital. A obra é un recordatorio sobre os […]

Sen candidaturas para substituír a Luis Alonso á fronte da Facultade de Filoloxía e Tradución

A convocatoria de eleccións a decano/a da Facultade de Filoloxía e Tradución pechouse esta semana sen a presentación de ningunha candidatura polo que o actual decano, o profesor e investigador Luis Alonso Bacigalupe, continuará un tempo máis á fronte do centro como decano en funcións co compromiso de convocar un novo proceso electoral. “Non foi algo inesperado, […]

Melania Freire imponse no Ego cunha colección nacida en Esdemga

En novembro de 2017, Melania Freire presentaba por primeira vez sobre unha pasarela Me compré una postal de David Hockney, a colección que constituía o seu proxecto de fin de estudos en Esdemga e que amosaba por primeira vez ao público en Debut, o desfile no que esta titulación da Facultade de Belas Artes proxecta o […]

Maior tamaño, profesionalización, diferenciación e sinerxía con outros sectores, retos para o sector vitivinícola

Maior tamaño, profesionalización, diferenciación e sinerxía con outros sectores. Estes son a grandes liñas os retos que para o sector vitivinícola galego debuxa o Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Gen da Universidade de Vigo. Expertos da entidade presentaron este venres un documento, titulado Planificación e proxección do sector vitivinícola […]

Natureza e cultura nos obradoiros de Extensión Universitaria para o segundo cuadrimestre

Febreiro é un mes frío e invernal, pero tamén se comeza a albiscar a chegada da primavera, con días cada vez máis longos que convidan a retomar as actividades ao aire libre e a volver tamén a coller rutinas tras a época dos exames. Para isto, os obradoiros de Extensión Universitaria do segundo cuadrimestre ofertan […]

Un sistema robotizado mellora a calidade e reduce custes no control de obras de edificación

Un sistema robotizado que reduce custos, axiliza obras e mellora a supervisión da calidade no control de obras de  edificación. Isto son os tres principais logros que se conseguiron con Auto-BIM, un proxecto de investigación enmarcado no programa Retos-Colaboración 2016, financiado con preto dun millón de euros e posto en marcha por un consorcio liderado […]

70 estudantes traballan a pleno rendemento na organización do XIX Foro Tecnolóxico de Emprego

O vindeiro mes de marzo, entre os días 13 e 15,  volve o Foro Tecnolóxico de Emprego ao vestíbulo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. O evento, que este ano celebra a súa XIX edición, converteuse xa no encontro de referencia entre o alumnado das escolas de enxeñaría do campus de Vigo e as empresas. […]

Máis de 25.000 datos para definir a realidade económica e social de Pontevedra

Un total de 25.546 datos, repartidos en dous bloques estruturais, cohesión social e economía e empresa, 19 ámbitos, 65 variables e 260 indicadores reúnense no informe do Observatorio Urbano de Pontevedracorrespondente ao ano 2017, un documento impulsado pola Concellería de Promoción da Cidade e elaborado polo grupo de investigación G4 Plus, da Facultade de Ciencias Sociais […]

Varse, unha aplicación para estudar as emocións ante estímulos visuais

Unha aplicación que permite, por primeira vez, estudar as emocións de persoas ante estímulos visuais a través do rexistro tanto da súa frecuencia cardíaca como da análise en tempo real da variabilidade do latexo. Deste xeito preséntase Varse, unha aplicación creada no marco Laboratorio de Informática Aplicada LIA2, ubicado na Escola Superior de Enxeñaría Informática do […]

O ciclo Café con Sal duplicará este ano as charlas realizadas no 2018

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo estreará  o vindeiro martes 22 de xaneiro a novena edición do ciclo de conferencias Café con Sal, unha actividade que arrancou en 2011 na Estación das Ciencias Mariñas, Ecimat, para dar a oportunidade ao persoal investigador que traballa no ámbito mariño de compartir coñecementos, xerar debates, novas […]

O campus impulsa unha ruta para pór en valor a súa riqueza arbórea

Un percorrido de dous quilómetros polo campus da Xunqueira que a través dunha base de datos en Google Maps, permite ir identificando e coñecendo as características, das 362 árbores presentes nas diferentes parcelas do campus da Xunqueira. Isto é o que propón a ruta do arboreto do campus, unha iniciativa desenvolvida ao abeiro do proxecto Green Campus […]

Dúas semanas para achegarse á oferta deportiva do campus de Pontevedra

Ao longo do primeiro cuadrimestre, o abono Muver da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade contou no campus con máis de 400 usuarios e usuarias, que puideron con el facer uso da sala de cardio-fitness do Pavillón Universitario e participar en actividades dirixidas como pilates, ciclo indoor e cross training, ademais de gozar de descontos en diferentes actividades […]

O campus de Ourense acollerá o 18º Campionato de España e o 1º Open de España de Remo Indoor

Os días 19 e 20 de xaneiro as instalacións deportivas do campus de Ourense, concretamente o seu pavillón de deportes, acollerán o 18º Campionato de España e o 1º Open de España de Remo Indoor. A cita está organizada pola Federación Española de Remo e a Federación Galega de Remo contando coa colaboración, ademais do campus […]

A Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial acadará a súa 5ª edición superados os 3000 participantes

Máis de 3000 participantes integrados en preto 600 equipos despois, a Competición de Robots que organiza a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo chegará o vindeiro 26 de abril a súa quinta edición. En colaboración coa rama de estudantes do Institute of Electrical and Electronics Engineers e a sección de estudantes da International […]

A Hora do Código volve ao campus de Ourense para introducir a rapazas e rapaces no mundo da programación

A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia únense este sábado, 19 de xaneiro, unha vez máis á celebración da Hora do Código, iniciativa internacional promovida pola organización Code.org. Rapazas e rapaces de 6 e 18 anos están chamados a participar nun amplo abano […]

Heroes e heroínas protagonizan o novo ciclo de cine da Vicerreitoría

“Todas as culturas edifican parte do seu imaxinario colectivo sobre figuras que acadan o estatuto de fundacionais e entre elas destaca primordialmente a figura do heroe”, sinala o programador cultural Suso Novás, coordinador do ciclo de cine Ante o tempo que, a partires deste venres, proporá na Casa das Campás unha reflexión sobre como a figura do […]

15 días de portas abertas para probar gratis as actividades e instalacións deportivas

Fixérono en setembro, o resultado foi un éxito e agora volven repetir. A Área de Benestar, Saúde e Deporte convida de novo a toda a comunidade universitaria a unha xornada de portas abertas nos tres campus desde este martes e ata o vindeiro día 30. “Trátase de que as persoas interesadas se acheguen as nosas instalacións, coñezan […]

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina edita o terceiro volume da revista Cumieira

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina acaba de sacar do prelo o terceiro volume da revista Cumieira, cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, un número co que saen á luz pública cinco traballos que abordan temas variados como o conflito lingüístico na educación, a supervivencia da mitoloxía clásica na literatura galega, o ensino de […]

O proxecto RepescaPlas retira máis de tres toneladas de residuos mariños en Marín, Vigo e Gandía

O obxectivo era retirar arredor de 300 kg de residuos nos portos de Vigo, Marín e Gandía ao longo do ano 2018 pero a realidade desbordou as previsións e foron máis de tres toneladas as recuperadas destes tres portos dentro do proxecto RepescaPlas, unha iniciativa posta en marcha en 2017 polo Instituto Tecnológico del Plástico […]

A ANL aposta polo formato audiovisual na súa nova campaña de promoción do galego

Na Universidade… onde queiras, pero coa lingua. Este é o lema elixido pola Área de Normalización Lingüística para a campaña de promoción do galego do ano 2019, campaña que este ano fai unha forte aposta polo formato audiovisual, acompañando cada un dos meses por unha peza audiovisual especialmente deseñada e producida para o calendario da ANL. “O formato […]

Investigadores da EE Forestal estudan o aproveitamento enerxético de residuos de eucalipto

A súa dureza e elevadas porcentaxes de cloro dificultan obter produtos enerxéticos de alta calidade a partires de restos de eucalipto, a árbore á que pertencen máis do 50% das cortas de madeira realizadas en Galicia nos últimos anos. Ese é precisamente un dos propósitos centrais do estudo que, xunto á empresa Nefab, desenvolven investigadores do […]

O Ego da Madrid Fashion Week exhibirá de novo unha colección nacida nas aulas de Esdemga

Xurdida como unha homenaxe ao artista británico David Hockney, considerado un dos nomes de referencia do pop art, Debut 2017 permitiu ver por primeira vez sobre a pasarela Me compré unha postal de David Hockney, a colección que constituía o traballo de fin de estudos da egresada de Esdemga Melania Freire. Unha versión ampliada deste proxecto poderá […]

Para axudar a cumprir os bos propósitos de ano novo… a oferta deportiva do campus

Entre os bos propósitos de ano novo de calquera persoa adulta non falta case nunca facer algo ou máis actividade física. Para axudar a facer realidade ese desexo, a Área de Benestar, Saúde e Deporte no campus de Ourense xa ten aberto o prazo de inscrición nas súas actividades. A programación, subliñan os seus responsables, “inclúe actividades […]

Os alumnos da Universidade de Vigo poderán participar un ano máis no programa correspondentes universitarios

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, vén de lanzar unha nova convocatoria para o curso 2018/19 de correspondentes universitarios. Este programa favorecerá a participación dos estudantes da Universidade de Vigo na difusión da información xuvenil do seu interese nos diferentes campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. […]

O Centro de Linguas abre, ata o día 20, o prazo de matrícula para cursos de sete idiomas

Se entre os propósitos do ano novo adoita estar o de aprender un idioma, o Centro de Linguas da Universidade de Vigo permite elixir entre sete alternativas diferentes para fornecer os coñecementos lingüísticos: alemán, chinés, español, francés, inglés, italiano e persa. Abertos tanto á comunidade universitaria como á sociedade en xeral, os cursos do segundo cuadrimestre teñen […]

Na procura de silencio, tranquilidade e motivación para afrontar os exames de xaneiro da universidade de Vigo

O Nadal é un dos períodos do curso académico no que máis se enchen as bibliotecas da Universidade de Vigo debido a que o alumnado afronta os exames do primeiro cuadrimestre á volta das vacacións. En total, a institución académica conta con 11 espazos dedicados ao estudo nos tres campus, oito están situados en Vigo, […]

A Universidade oferta o primeiro curso no mundo de especialista en refalado interlingüístico inglés-español

O refalado lingüístico é un sistema empregado nos medios de comunicación que permite prover de servizos de accesibilidade a persoas con discapacidade auditiva. A ou o refalador recibe unha mensaxe oral, a través de auriculares, nunha lingua que traduce a outra, empregando a modalidade de interpretación simultánea, mais en vez de falarlle ao público directamente, […]

O Baixo Miño, destino da primeira ruta cultural de 2019

2019 xa está en marcha e en marcha póñese tamén esta semana a programación de rutas culturais deste ano, organizada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. O sábado 12 de xaneiro terá lugar a quinta andaina universitaria deste curso académico baixo o título Fortalezas e observación de aves e tendo como escenario O Baixo […]

O exitoso lanzamento do satélite LUME-1 consolida a “aventura espacial” da Universidade de Vigo

“Todo comezou o 30 de novembro de 2007 cunha primeira chamada dunha exalumna da Universidade de Vigo para convidarnos a participar no que sería a primeira experiencia espacial da Universidade de Vigo”. Así lembrou este xoves o profesor e investigador Fernando Aguado, director da Agrupación Aeroespacial, os inicios do que denominou a “aventura espacial da […]

Formación especializada desde a Universidade sobre actividades económicas desenvolvidas arredor do mar

Co dobre obxectivo de, por unha banda, fortalecer o vínculo entre a universidade e a empresa e, pola outra, ampliar o coñecemento que as e os participantes teñan sobre as actividades económicas que se desenvolven arredor do mar, a mediados do vindeiro mes de xaneiro comezará a impartirse na Universidade de Vigo o I Curso de […]

Conta atrás para o lanzamento ao espazo do satélite LUME-1

O cuarto satélite da Universidade de Vigo, LUME-1, será posto en órbita ás 03.07.18 horas (AM) do  vindeiro xoves 27 de decembro a bordo dunha nave Soyuz na base espacial rusa de Vostochny, en Siberia. Inserirase en órbita ás 07.25.32 horas e o primeiro pase por Vigo está previsto para as 11.00 da mañá. Xa […]

Unha reunión da FAO analiza ata hoxe en Vigo a implantación de iSharkFin en países emerxentes

A creación dun protocolo de implantación do programa iSharkFin en países emerxentes centra a reunión que ata hoxe celebra a FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations) en Vigo e na que participan unha vintena de investigadoras e investigadores procedentes de Australia, Ecuador, Emiratos Árabes, Indonesia, Irán, Italia, Malaisia, Nixeria, Paquistán, Sri Lanka e Taiwán. […]