🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Esta semana arranca no campus unha nova edición do programa Destrezas

Pórse ao día con todas aquelas competencias transversais que son claves para que emprender e converter as ideas de negocio en realidades empresariais exitosas. Con este obxectivo esta semana arranca no campus de Vigo unha nova edición de Destrezas, o programa de formación organizado dende a Área de Emprego e Empredemento e a Fundación Universidade de […]

A OMA segue na procura de voluntariado para minimizar os impactos ambientais no campus de Vigo

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo (OMA) está a procurar voluntarios e voluntarias con formación e inquedanzas ambientais e con interese en desenvolver traballos que axuden a diminuílo grao de alteración da natureza na contorna do campus de Vigo. As tarefas a desenvolver están destinadas a involucrar ao alumnado na xestión ambiental e, o […]

Un estudo internacional demostra que o mel de érbedo inhibe a proliferación celular en liñas de cancro de colon

O mel que se extrae das flores do érbedo (Arbutus unedo) é apreciada no sector apícola polas súas características organolépticas, especialmente polo seu forte sabor amargo e cor escura. Agora, científicos das universidades de Vigo, Granada e a Politécnica delle Marche (Italia) acaban de analizar por primeira vez o potencial deste produto mediterráneo fronte ao […]

Un novo vídeo de Divulgare achega a importancia das especies polinizadoras na actividade agrícola

Divulgare, o proxecto de divulgación do Grupo de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo, acaba de presentar La importancia de los polinizadores en los cultivos, un novo vídeo no que se fai fincapé na importancia de distintos animais coma vectores de polinización nos cultivos, algo que repercute na mellora das colleitas e na […]

O Seminario de Loxística volverá traer ao campus 200 profesionais deste sector

Arredor de 200 profesionais asistirán a vindeira semana na Escola de Enxeñería Industrial á XXVII edición do Seminario de Loxística, unha cita clave na que cada ano se presentan as últimas tendencias neste sector. Será o mércores 22 de maio e no encontro coincidirán numerosos especialistas na materia co alumnado da escola, sobre todo do Grao […]

O Seminario de Loxística volverá traer ao campus 200 profesionais deste sector

Arredor de 200 profesionais asistirán a vindeira semana na Escola de Enxeñería Industrial á XXVII edición do Seminario de Loxística, unha cita clave na que cada ano se presentan as últimas tendencias neste sector. Será o mércores 22 de maio e no encontro coincidirán numerosos especialistas na materia co alumnado da escola, sobre todo do Grao […]

Filoloxía e Tradución trae a Vigo unha mostra sobre a historia da educación en clave feminina

Educación en feminino: un paseo pola historia.Este é o título da exposición que pode visitarse ao longo de todo o mes de maio na Facultade de Filoloxía e Tradución, unha mostra composta por 24 paneis nos que se fai un percorrido en clave feminina pola historia da educación, repasando a pegada deixada por outras tantas […]

O medalleiro da Universidade de Vigo nos CEU ten nome de muller

18 medallas (sete ouros, cinco pratas e seis bronces) é a recompensa acadada polas 24 alumnas e 12 alumnos que representaron á Universidade de Vigo nos campionatos de España universitarios. Este ano 2019 foron as mulleres as que maior número de metais conseguiron para a institución viguesa, concretamente nove en deportes individuais (natación; esgrima; loita; […]

Campus Camp incrementa prazas nos tres campus

30 prazas máis para os campus de Vigo e Pontevedra e 14 para o de Ourense. Campus Camp, o campamento de verán dirixido a fillas e fillos de PAS, PDI e estudantes, incrementa este ano as prazas dispoñibles nos tres campus ao pasar das 120 prazas ofertadas para o campus de Vigo e Pontevedra a 150, […]

O campus recibe a visita de expertos que participan no congreso da Unesco sobre planificación marítima

Máis de 100 persoas, entre representantes das administracións públicas internacionais de planificación do espazo mariño, do ámbito académico e do sector marítimo, participan dende o domingo e ata mañá no International Forum for Maritime Spatial Planning (MSPforum), un congreso organizado en Vigo pola Comisión Oceanográfica Intergubernamental da Unesco (IOC-Unesco). O obxectivo deste evento é intercambiar ideas […]

Aberta ata o 16 e maio a convocatoria dos premios Incuvi-Avanza

As axudas Incuvi-Avanza naceron no ano 2016 como unha aposta por consolidar os proxectos máis prometedores e con máis futuro dos que cada ano participan na convocatoria Incuvi-Emprende de emprendemento universitario. O obxectivo é que os as iniciativas viables, nacidos ou desenvolvidas na Universidade de Vigo e promovidos por estudantado ou persoas recentemente tituladas, poidan finalmente converterse […]

Preto de 150 persoas participaron en Santa Trega no Geolodía 19

Preto de 150 persoas participaron este domingo no monte de Santa Trega nas diferentes actividades organizadas pola Facultade de Ciencias do Mar e a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Geolodía 19, evento que se celebra a nivel nacional e que, tras un parón dun ano, volveu organizarse na provincia de Pontevedra da man […]

O ex-reitor Luis Espada expón as potencialidades do Observatorio de Egresados como modelo de mecenado “desde dentro”

“A crise económica que xurdiu a partir do 2007 supuxo un absoluto parón ao financiamento universitario, xa que, entre outras cousas, as administración públicas conxelaron os orzamentos e perdeuse tamén boa parte do diñeiro que chegaba das empresas, xa fora en forma de patrocinios ou de colaboracións de I+D+i” e, “en paralelo a todo isto”, […]

O CIM-UVigo recibe a visita dun comité asesor externo

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, formado polos 15 grupos de investigación dedicados á investigación mariña da Universidade de Vigo e pola Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, recibiu esta semana a visita dun comité asesor externo que será o responsable de avaliar a xestión do centro e a adecuación e implementación da […]

O proxecto FIRE-RS constata a efectividade da súa tecnoloxía para mapeado e predición do comportamento de incendios

A Xunta de Galicia destina, neste 2019, 180 millóns de euros á prevención e defensa contra o lume ao abeiro do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). Uns lumes que no pasado ano calcinaron 2608 hectáreas de monte con 1426 focos, segundo os datos da Consellería de Medio Rural. […]

A Universidade reforza o seu compromiso cos países en vías de desenvolvemento convocando bolsas para a realización de TFG e TFM

Países da África lusófona, América do Sur e os Balcáns serán o destino das e dos estudantes da Universidade de Vigo que acaden unha das bolsas de mobilidade RSU e Axenda 2030 para a realización de Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster en países en desenvolvemento 2018-2019 que convoca a Universidade de Vigo. A […]

O Geolodía19 explorará este ano o estuario do Miño–Santa Trega

Este domingo celébrase en todo o país unha nova edición do Geolodía, toda unha serie de excursións gratuítas coordinadas pola Sociedad Geológica de España, guiadas por xeólogos e xeólogas e abertas a todo tipo de público. Na provincia de Pontevedra a actividade está organizada por un equipo de docentes da Facultade de Ciencias de Mar e a Escola […]

O campus renova os seus cursos de verán e ofrece case 300 prazas

Comedores escolares ecolóxicos, ‘design thinking’ e ciberseguridade. Estas son as tres temáticas coas que o campus de Vigo renova a súa oferta de cursos de Extensión para este verán, tres propostas innovadoras que se suman a outras catro opcións que, ano a ano, forman parte desta programación de actividades formativas estivais: urxencias cardiovasculares, patrimonio natural […]

Vigo acollerá un encontro nacional para fomentar a doazón ás universidades

O exercicio de doar á universidade en 9 experiencias: axudas legais, axudas  fiscais, axudas de comunicación é o lema do programa elaborado polo Consello Social da Universidade de Vigo para as V Xornadas para a Promoción do Mecenado Universitario, que, os días 9 e 10 de maio, se celebrarán na Fundación Barrié en Vigo. Esta iniciativa consolida […]

Persoal investigador da Universidade fórmase sobre o selo de calidade HRS4R

A Universidade de Vigo obtivo hai case dous anos o selo de excelencia en Recursos Humanos de Investigación, HR, Strategy for Researchers HRS4R, da Comisión Europea, que recoñece publicamente ás institucións que progresan na adecuación das súas políticas de recursos humanos aos principios definidos na Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a […]

O campus abre unha fiestra con vistas ao Atlántico

Preto de 6000 estudantes da Universidade de Vigo (máis de 500 son estranxeiros) teñen a súa residencia familiar fóra da cidade olívica e da súa área metropolitana e, polo tanto, precisan dun aloxamento que lles permita durante o curso desenvolver a súa vida académica no campus vigués. Este é o principal público do proxecto Baiona Campus […]

A Universidade aposta pola metodoloxía de aprendizaxe-servizo

A aprendizaxe-servizo é una metodoloxía activa que consiste en que o alumnado aprende facendo un servizo á comunidade. Isto axuda a que o estudantado adquira as competencias técnicas da titulación pero tamén outra máis xenéricas que teñen que ver co compromiso ético, a responsabilidade social ou traballo en equipo. A Universidade de Vigo quere apostar […]

Mestizaxe de estilos no Vidal Bolaño coa nova colleita musical de Ensaiamos

As bandas Spleen e Veintisiete e a solista Cayetana foron os protagonistas do Festival Ensaiamos Colleita 2019 que se celebrou, este luns, no Teatro Roberto Vidal Bolaño do campus de Vigo. Esta iniciativa recolle a unha selección de artistas que forman parte do programa de ensaios gratuítos que cada ano organiza a Vicerreitoría de Captación […]

Unha plataforma virtual para a aprendizaxe de rapaces con necesidades especiais sitúa a cinco estudantes da Universidade na final do Vodafone Campus Lab

“Se alguén nos chega a dicir que estariamos na final a día de hoxe, non o cremos nin de broma”. Con esta contundencia exprésase Daniel Soneira cando se lle pregunta se pensaba que Lume, o equipo de cinco estudantes de cuarto curso do Grao en Enxeñaría de Telecomunicacións do que  forma parte, chegaría á final […]

O THE University Impact Rankings 2019 recoñece a implicación da Universidade na consecución dos obxectivos da Axenda 2030

Inmersa na revisión das súas políticas e accións, co propósito de aliñalas cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 da ONU, a Universidade de Vigo, considerou, segundo explica o director da súa Área de Responsabilidade Social e Cooperación, Xosé Mahou, que a mellor forma de iniciar ese proceso era contando cunha diagnose […]

Unha videoconferencia facilita a ‘viaxe’ á Antártida do alumnado de Ciencias do Mar

O alumnado da Facultade de Ciencias do Mar viviu este xoves unha particular ‘viaxe’ á Antártida e fíxoo a través dunha conexión en directo co persoal investigador que traballa a bordo do buque Joides Resolution, un barco de perforación que está a participar na campaña IODP (Integrated Ocean Drilling Program), un dos programas científicos máis […]

Un novo vídeo de Divulgare analiza as estratexias adaptativas dos organismos no deserto

Divulgare, o proxecto de divulgación do Grupo de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo, acaba de presentar Adaptaciones vitales en los desiertos, un vídeo inserido dentro dunha serie de curtametraxes que, dende unha perspectiva científica, tenta dar a coñecer as distintas estratexias coas que diferentes organismos adaptan a súa contorna. “Os vídeos gravámolos […]

Deterxentes biolóxicos creados a partir dos licores de lavado de millo melloran as propiedades físicas de pelo danado

O grupo de Enxeñaría Química 10 da Universidade de Vigo demostrou xa hai anos que os licores procedentes do lavado do millo presentan uns deterxentes biolóxicos, producidos de xeito espontáneo polos microorganismos que alí medran de forma natural, e cuxo custe estaría moi por debaixo dos deterxentes deste tipo que se comercializan na actualidade no mercado, produtos […]

Na procura da creatividade entre a comunidade universitaria

A Universidade de Vigo busca a creatividade e o talento artístico das persoas que forman parte da comunidade universitaria e faino convocando unha nova edición dos concursos de creación, que comprenden as modalidades de creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música, nas que, en total, repartiranse 7800 euros en premios. Organizado pola Vicerreitoría de […]

1300 persoas xa se inscribiron na Feira Internacional Virtual de Emprego Universitario

Os vindeiros 9 e 10 de abril celebrarase a 4ª edición da Feira Internacional Virtual de Emprego Universitario, un evento exclusivamente online, que permite ás persoas egresadas que están a buscar un traballo, presentar a súa candidatura a ofertas de emprego/prácticas/oportunidades de investigación, así como coñecer empresas e/ou expertas e expertos no mercado laboral dalgúns países […]

Recursos educativos abertos achegarán o ‘mar das mulleres’ aos centros de ensino

Os océanos producen o 50% do osíxeno do planeta, conteñen o 90% da biosfera e xogan un papel fundamental para a estabilidade climática. Afondar na súa importancia e no papel das mulleres na súa conservación e no uso sustentable dos recursos mariños, así como dar visibilidade a oficios e profesións vinculados ao mar e desenvolvidos maioritariamente por […]

Pese á perda de falantes, o galego segue a ser en Moaña “a lingua do mar”

Polo seu baixo índice de envellecemento, pola súa proximidade a Vigo, unha das cidades máis castelanizadas de Galicia, pola presenza do galego tradicional e pola súa rápida e fonda transformación social, o concello de Moaña presenta unha situación sociolingüística dinámica. E por estes motivos investigadores da Universidade de Vigo a través da Área de Normalización […]

‘Wargames’ ou xogos de miniatura, o gran nicho de emprego para as novas xeracións de tradutores

“Eu son desas persoas que medramos entre xogos de mesa e miniaturas. Fai trinta anos eramos uns tolos e agora temos en Galicia unha empresa punteira situada entre as tres mellores do mundo”. Así presentaba esta mañá o profesor Ramón Méndez a Silvana Martínez e Belén Moreno, da empresa de Bueu Corvus Belli, unha das firmas […]

Esbozando as implicacións “a miúdo ignoradas” da automatización masiva do traballo

Un ensaio no que se analizan os cambios que as grandes empresas da economía global, desde Google, a Facebook pasando por Microsoft, Apple ou IBM, están a producir no emprego, a fiscalidade, a sociedade ou a política. Estes días chegou ás librarías Crítica del hipercapitalismo digital, o último libro do profesor e investigador da agrupación estratéxica Ecobas Albino Prada, […]

O ciclo Café con Sal achegouse esta semana á evolución do clima en Marte

Elisabeth Losa, investigadora do grupo de Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica do CIM-UVigo, foi a protagonista este martes dunha nova sesión do ciclo de conferencias Café con Sal. Cunha intervención titulada Evolución do océano na Terra e en Marte: o punto de diverxencia, a experta explicou ás persoas asistentes o estudo das diferentes fases mineralóxicas presentes nun cráter […]

O éxito da campaña ‘Que tal estás, corazón?’ fai que se amplíe ata mediados de abril

A boa acollida da campaña Que tal estás, corazón?, o programa de revisións cardiolóxicas deportivas de balde organizado para o mes de febreiro, levou á Área de Saúde, Benestar e Deporte a decidir ampliar esta iniciativa ata mediados de abril nos tres campus. “A campaña foi moi satisfactoria, chegou a persoas que descoñecían o servizo e […]

A Universidade, finalista no desafío de robótica móbil colaborativa ASTIChallenge

O desafío ASTIChallenge é unha competición gratuita que ten como obxectivo desenvolver o talento STEM e empoderar a nova xeración de líderes no campo da robótica móbil colaborativa. Tras varios meses de fases previas, a próxima fin de semana terá lugar a fase final en Burgos, na que a Universidade de Vigo estará representada polo equipo GCode […]

Vigo amosa a súa oferta académica en UNIferia, a primeira mostra virtual para o futuro alumnado universitario

Dende hoxe luns e ata o venres o futuro alumnado universitario ten unha cita coa primeira feira virtual do ensino superior que se celebra en España. UNIferia está organizado pola Crue Universidades Españolas e nel participan 52 institucións de ensino superior do Estado que presentan a súa oferta académica con máis de 2700 graos. O futuro alumnado […]

200 especialistas participarán en xuño en Vigo no Congreso Nacional de Biotecnoloxía

Arredor de 200 especialistas participarán o vindeiro mes de xuño en Vigo no Congreso Nacional de Biotecnología, Biotec 2019, un evento auspiciado pola Sociedade Española de Biotecnología e organizado polo grupo de Bioenxeñaría e Procesos Sostibles, Biosuv, da Universidade de Vigo. A cita, que se celebrará do 10 ao 13 dese mes na sede de Afundación […]

A Área de Benestar, Saúde e Deporte lanza un taller gratuíto de defensa persoal para mulleres

Unha semana de portas abertas na que calquera persoa da comunidade universitaria poida acceder de balde ás distintas actividades e instalacións da Área de Benestar, Saúde e Deporte. Así celebrará a Universidade de Vigo os días mundiais da Saúde e da Actividade física, efemérides que se celebran o 6 e 7 de abril, pero cuxo festexo […]