Fotografías de recursos mineiros e enerxéticos, deseño e construción dun equipo capaz de remover e de cargar material, curtametraxes que reflictan algún tema relacionado co eido enerxético ou maquetas interactivas eficientes. Estes son os eixos principais dos catro concursos que a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía organiza para o curso 2019-2020 co obxectivo […]
Dous anos despois da súa posta en marcha na Universidade de Vigo, o Programa HRS4R Human Resources Strategy for Researches acaba de recibir a avaliación positiva da Comisión Europea, o organismo que impulsa o programa, que ten como obxectivo a implantación da estratexia e os principios da Carta Europea do Investigador e o Código de Conduta para a […]
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Alimentación, o campus de Vigo acollerá o vindeiro 16 de outubro a II Xornada de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria. Os obxectivos do evento pasan por dar a coñecer a importancia das redes de identificación de riscos emerxentes e poñer en evidencia algúns perigos considerados de importancia en […]
O Grupo de Tecnoloxías de Información de atlanTTic acaba de recibir en Londres un dos premios entregados no Edge Computing Congress, un encontro no que se reuniron os principais operadores de sistemas de comunicación móbil (Movistar, Vodafone, Orange…) e provedores de tecnoloxía (AMD, Huawei, Intel…) de todo o mundo. En concreto, recibiron o 2º premio do MEC Hackathon, certame promovido […]
A maior parte dos profesionais que a día de hoxe se dedican á tradución médica teñen como principal ferramenta de traballo Cosnautas, unha plataforma en liña especialmente concibida para editar recursos dixitais dirixidos a este tipo de profesionais e que, ao tempo, permite, entre outros moitos servizos, realizar consultas intelixentes a través do uso de buscadores […]
Alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos ao que lle guste a música e teña intención de iniciar unha carreira como solista ou formar algún grupo ou banda amateur. Todas e todos son posibles candidatos para converterse nos novos inquilinos do local de ensaios do campus de Vigo. A Vicerreitoría de […]
Recoñecer o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación. Esta é a finalidade coa que a Universidade de Vigo e o seu Consello Social convocan por primeira vez os Premios Consello Social_UVigoHumana, “unha convocatoria […]
Co gallo da celebración da quinta edición da Semana Europea do Deporte, a Área de Benestar Saúde e Deporte organiza, a partir de maña, tres actividades abertas á comunidade universitaria e tamén a persoas alleas a ela. O rugby touch, unha modalidade na que nin se placa, nin se derruba ás e aos contrarios, iniciará este […]
Coa previsión de reunir máis de 200 participantes e o obxectivo de “abordar temas de grande actualidade e preocupación para a sociedade”, segundo salienta a organización, o XV Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Saúde celebrarase os días 8 e 9 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Promovido polas universidades de Vigo e […]
Dar a coñecer entre a xente nova como é o proceso para converterse en doante de medula ósea, dun xeito sinxelo, facendo uso da animación. Ese era o obxectivo que os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Noemi Parga e Matías Kesler perseguían en Que non cho conten. Faite doante, a curta coa […]
Instalacións propias, actividades deportivas dirixidas, programas na contorna natural, ligas universitarias de diferentes modalidades… a oferta da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo para os seus tres campus é tan ampla que non dá marxe a escusas para non levar unha vida activa. Para dar conta de todas estas posibilidades, tanto para a […]
Vídeos para difundir as actividades que realiza a comunidade investigadora da Universidade de Vigo, explicando como os seus avances impactan na diaria das e dos cidadáns. Así describe a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) a serie Que facemos?, pequenas pezas audiovisuais que se van difundir a través das redes sociais e que forman parte do […]
Ata o 23 de setembro poderá matricularse a través da plataforma Bubela o persoal docente e investigador da Universidade que Vigo que queira participar no Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento para o PDI, que ten como obxectivo facilitar o intercambio de experiencias de investigación e docencia no eido da cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD), […]
A música e a natureza son os dous eixos principais da oferta de obradoiros do primeiro cuadrimestre no campus de Vigo. A ideoloxía na música do século XX, os sons máis tradicionais galegos e mesmo o ukelele teñen o seu oco nesta programación, na que tamén a contorna natural ten moita presenza, con cursos de micoloxía, plantas […]
A creación de imaxes, o seu tratamento e a súa edición están entre as tarefas máis habituais nos procesos de creación dixital. Trátase de traballo que, moitas veces, se ten que realizar no día a día da labor docente e investigadora, tanto para elaborar documentos ou presentacións para a preparación das clases, como para a […]
A Estación das Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, retomou este martes o ciclo de conferencias Café con Sal, unha actividade divulgativa sobre temas de investigación mariña que se vén desenvolvendo no centro desde o ano 2011 e que, como ano, realizou un pequeno parón estival. A charla correu a cargo nesta ocasión do responsable da Unidade […]
Un equipo de especialistas internacionais liderado pola investigadora viguesa Diana Valverde, coordinadora do Máster de Biotecnoloxía Avanzada, acaba de confirmar a idoneidade do peixe cebra, un peixe tropical case transparente e de moi pequeno tamaño, como modelo no que comprobar a orixe e o desenvolvemento de determinadas enfermidades raras descritas en humanos e, por tanto, […]
Máis aló a formación estritamente académica, o mundo laboral esixe unha serie de competencias complementarias que non se adoitan adquirir na formación regrada. Para poñer este tipo de coñecementos ao alcance da comunidade universitaria, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria e o Consello Social estrean o programa formativo e-destrezas, que comprende 15 cursos de […]
Trinta expertos e expertas en diferentes aspectos vinculados co desenvolvemento web protagonizarán os 28 coloquios inseridos no programa da segunda WordCamp Pontevedra, o evento centrado no xestor de contidos web máis empregado no mundo, WordPress, que os días 21 e 22 de setembro reunirá preto de 300 persoas na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. […]
Recoñecer o esforzo, o traballo e o mérito docente. Este é o obxectivo dos Premios á excelencia académica, unha convocatoria coa que a Universidade de Vigo, en colaboración co Banco Santander, quere poñer en valor a traxectoria curricular do alumnado que inicia os estudos de grao ou de máster na institución este ano. Trátase de […]
Todas as vantaxes nun só abono: acceso ás salas cardio-fitness, múltiples actividades dirixidas, acceso ás pistas de tenis, atletismo e descontos en moitas das actividades que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte, como as Escolas Deportivas e as actividades no medio natural. O abono Muver é unha das iniciativas transversais coas que os tres campus […]
A lexislación española debería ser máis flexible co sistema impositivo das apostas deportivas e non distinguir entre os diferentes tipos (mutuas, contraportidas, cruzadas…), senón enfocarse unicamente nos beneficios das empresas. Así o defenden un grupo de cinco investigadores e investigadoras do grupo Ecosot, Economía, Sociedade e Territorio, autores do proxecto de investigación Deseño de regras de reparto […]
Despoboamento do rural, abandono dos usos tradicionais, monocultivos, especies invasoras, diminución da gandaría… Son moitas as ameazas que sofren os montes galegos e moi graves tamén as consecuencias, como os lumes forestais que se producen cada verán. Para reverter esta situación e buscar aproveitamentos alternativos a Facultade de Bioloxía acolle este mes de setembro as […]
23 grupos de investigación das escolas de enxeñaría Industrial, Minas e Enerxía, Telecomunicación e Forestal, así como da Escola Superior de Enxeñaría Informática e da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo integran o catálogo co que a institución académica participa desde hoxe e ata o vindeiro día 12 na primeira edición […]
Aires da Terra, a formación impulsada por Perfecto Feijóo en Pontevedra no ano 1883 foi o primeiro coro que existiu en Galicia. Recoñecer a contribución deste tipo de formacións á cultura galega é precisamente o obxectivo de Son de Galicia, unha exposición promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG) que desde este mércores pode contemplarse na […]
Remata o curso e, como cada ano, o CUVI interrompe por unhas semanas a súa publicación diaria. Mentres tanto, seguiremos a disposición tanto da comunidade universitaria, para darlle cobertura aos eventos que poidan xurdir e que sexan de interese divulgativo, como dos medios de comunicación para atender as súas peticións. A maiores, durante este tempo continuarase actualizando […]
Antonio Sartal, investigador do grupo Rede (Research Group in Energy, Innovation and Environment) da Universidade de Vigo, vén de recibir o premio de investigador novo do ano da Engineering and Operations Management International Society. O galardón concedéuselle na conferencia europea anual da entidade celebrada recentemente na cidade de Pilse, na República Checa, “pola súa traxectoria […]
Premiar o esforzo e o rigor de lle dar un tratamento coidado ao idioma e incrementar o patrimonio dos textos redactados. Estes son os obxectivos principais da convocatoria de axudas para redactar e defender en galego teses de doutoramento e os premios á calidade lingüística nos traballos fin de grao e fin de mestrado que […]
O UM19 quedará esta semana totalmente ensamblado e xa poderá ser sometido aos test precisos para poñelo a punto para as competicións nas que participará en agosto nos circuítos de Hockenheimring e Montemeló. Culminan así 11 meses de traballo nos que unha vintena de estudantes da Universidade de Vigo deseñaron e fabricaron o monoplaza co […]
Un novo tipo de alimento probiótico con múltiples potencialidades: por un lado, unha elevada capacidade para reducir a hipercolesterolemia e, polo outro, un forte poder antioxidante e antiinflamatorio. Así describe o investigador Maurizio Battino, un dos últimos achados do grupo de investigación de Nutrición e Ciencia Alimentaria NF1 da Universidade de Vigo, traballo realizado en […]
“Era algo que se tiña que facer”. Así se refire o director do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, Jorge Luis Bueno, á posta en marcha da páxina web oficial que alberga as revistas da institución académica viguesa co sistema OJS (Open Journal Systems), que aposta pola acceso aberto á ciencia, con números de identificación dixital, […]
A Ecimat acolleu este xoves unha edición especial do ciclo de conferencias Café con Sal con motivo da estancia no centro de dous investigadores británico baixo o programa de Accesos Transnacionais de Asemble Plus (TNA) que, en breve, abrirá a súa quinta convocatoria. A xornada arrancou precisamente cunha breve introdución sobre o TNA que correu a cargo […]
Galicia destaca cun potencial enerxético medio de entre 30 e 35 quilowatts por cada metro de fronte de onda, valores que a sitúan como unha das zonas con maior potencial para xerar electricidade a partir da enerxía que produce o movemento das ondas do mar (undimotriz) e, tras a finalización do proxecto europeo LifeDemoWave, conta tamén […]
O Seminario de pensamento contemporáneo nace como un foro de debate para que un grupo de pensadores e especialistas de todo o mundo vinculados a prácticas teóricas asociadas ao que se coñece como infrapolítica, antifilosofía ou poshexemonía teñan un punto de encontro físico do que carecían ata este momento. A idea é debater os temas máis actuais […]
A Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria lanza un obradoiro gratuíto de programación web para mulleres que se celebrará o vindeiro sábado 13 de xullo no edificio Miralles. O curso organízase en colaboración con Django Girls, unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxecto achegar o mundo da programación ás mulleres, dado […]
O Learning Analytics é a aplicación de técnicas de minería de datos, data analytics e machine learning ao eido do ensino. Trátase de obter información relevante sobre actividades de aprendizaxe a partires dos datos que se recollen durante o desenvolvemento das mesmas e tamén se ocupa das posibles aplicacións e servizos que se poden desenvolver […]
O primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G de Galicia abre hoxe o prazo de preinscrición. Este programa formativo, enmarcado no Plan Galicia 5G da Xunta, está orientado a ofrecer diferentes perfís profesionais do sector tecnolóxico capacitación especializada e adaptada ás necesidades derivadas da futura extensión da tecnoloxía 5G. A posta en marcha deste Curso […]
Youtubeir@s chegou para quedar e segue a pisar forte, apropiándose dos temas cos que máis se identifica a mocidade, compartindo un monte de creatividade, diversidade e sabedoría. Vídeos de opinión sobre o cambio climático, videotitoriais con técnicas para non morrer do aburrimento mentres se estuda ou vídeos musicais que sexan éxitos do verán e que se fagan […]
Concibido como un manual de referencia e consulta, acaba de publicarse en liña a versión electrónica do Dicionario de ensinanza e aprendizaxe de linguas, unha obra que contén arredor de 1400 entradas primarias que abordan os distintos campos de estudo relacionados coa ensinanza e a aprendizaxe de linguas. Encargouse da súa realización o grupo de investigación Spertus […]
Preto de 6000 atletas de 127 países e de 18 modalidades deportivas convivirán e competirán entre o 3 e o 14 de xullo na cidade italiana de Napolés, sede da XXX Universiada de Verán, as consideradas olimpíadas do deporte universitario. Un evento no que a Universidade de Vigo estará representado por partida dobre, xa que o […]