Organizada pola Vicerreitoría de Transferencia xunto co Campus Crea, a sede da Vicerreitoría do campus acolleu este martes unha presentación do Fondo MIT Spain-Inditex para a Sustentabilidade, unha convocatoria dirixida a financiar proxectos de investigación que poñan o foco na sustentabilidade aplicada ao téxtil. A vicerreitora de Transferencia, María Consuelo Pérez, e o vicerreitor do […]
Os materiais compostos xorden da unión física de dous o máis compoñentes distintos que combinan as súas características, permitindo obter combinacións de propiedades que serían imposibles nun material convencional, o que os converte en parte esencial de innovacións que permitirán, por exemplo, un transporte máis eficaz e respectuoso co medio ambiente; novas funcionalidades nos sectores […]
Os próximos estudantes estranxeiros que chegarán á Universidade de Vigo aínda están por aterrar e teñen por diante un curso nunha universidade que non é a súa pero que os vai recibir como se o fose. Para facer que se sintan como na súa casa, a Universidade precisa da axuda dos alumnos e alumnas dos tres […]
Que as experiencias educativas innovadoras non se queden nun caixón, que non se circunscriban ás aulas nas que implementan senón que se divulguen, se difundan e se poidan aplicar para mellorar o proceso formativo de cantas máis persoas mellor. Con este espírito naceu en 2009 o Congreso Internacional de Docencia Universitaria. Esta experiencia colaborativa acada este […]
Estados Unidos, Italia, Arabia Saudí, Portugal, Alemaña, Polonia, Israel, México, Xapón, Ecuador, Polonia, Xeorxia… Especialistas procedentes de máis dunha ducia de países reúnense esta semana na sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial para presentar os últimos avances en topoloxía, a rama máis nova das denominadas matemáticas clásicas -na que se inclúen a álxebra, a […]
Segundo o informe anual do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), os conflitos bélicos e a violencia provocaron que 71 millóns de persoas tivesen que deixar os seus fogares en 2018. Isto son 2,5 millóns máis ca no 2017, cunha media de 37.000 novas persoas refuxiadas cada día durante o pasado ano. O informe […]
Vigo acolle por primeira vez o Congreso Internacional de Economía Aplicada, Asepelt 2019, un evento que dende hai dúas décadas constitúe un claro referente como lugar de encontro do persoal investigador no campo da Economía Aplicada e do traballo realizado neste campo en diferentes países. Este congreso, organizado pola agrupación estratéxica Ecobas da Universidade de Vigo […]
A profesora da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Mª José Bravo Bosch recolleu esta fin de semana no Teatro Principal de Zamora dous dos premios outorgados no IV Festival de cine arqueológico de Castilla y León, o Viriato de Ouro do público e o Viriato de Prata ao mellor documental, pola serie La mujer […]
O resveratrol (RSV), un composto de orixe vexetal que acada a súa maior concentración na pel da uva negra e en froitos vermellos como o amorodo, o arando ou a amora, inhibe a proliferación de células de melanoma modulando o ciclo celular. Esta é unha das conclusións do artigo Resveratrol inhibits the proliferation of melanoma cells by modulating cell cycle publicado polo International Journal […]
A traxectoria académica de Pablo Fondo Ferreiro durante os seus estudos de grao e máster e o traballo fin de máster Temporal localization of videos based on massive ENF processing de Vlad Dragos Darau recibiron hoxe, nun acto celebrado en Madrid, o Premio Huawei á mellor traxectoria académica, e o Premio Airbus Secure Land Communications ao mellor […]
Por terceiro ano consecutivo, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acollerá este verán unha nova edición do Módulo Jean Monnet sobre a protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea, unha oportunidade coa que o centro busca aproximar ás persoas interesadas nesta materia a cuestións avanzadas arredor dos mecanismos de protección dos dereitos fundamentais no […]
O reto de construír mellores sociedades require de profesionais cualificados/as en todos os eidos, tamén na enxeñaría. Neste contexto cobra relevancia o acceso a libros de referencia e manuais actualizados que cubran de forma exhaustiva a definición, a metodoloxía e as aplicacións de sustentabilidade e resiliencia en todos os campus da enxeñaría, os tres eidos […]
A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla acolle este semana a xuntanza de traballo do proxecto europeo CoastObs, unha iniciativa que se encadra na convocatoria H2020 da Unión Europea e ten como finalidade avanzar no uso da detección remota por satélite para monitorizar as contornas de augas costeiras. A Universidade de Vigo, a través do grupo […]
España mellorou lixeiramente o seu índice de descarbonización en 2018, respecto a 2107, pero cómpre apostar con rapidez por medidas de alcance para acelerar e consolidar a transición enerxética á marxe de cuestións conxunturais. Esta é unha das principais conclusións do Barómetro de Transición Energética, posto en marcha hai una ano polo centro de investigación Economics […]
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), fixo público este martes o seu Informe sobre as previsións de crecemento para a economía galega para 2019. Nel indícase que a entidade estima nun 2,3% a previsión de crecemento do PIB galego para o ano 2019. […]
15 institutos de toda Galicia participan este curso como centros pioneiros na impartición do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, que ten como obxectivo promover a vocación do alumnado cara a ciencia e a tecnoloxía, apostando por unha metodoloxía baseada na investigación como principio esencial. Esta aposta da Xunta de Galicia implica a participación […]
Galicia precisaba dun espazo común para todas e todos os amantes dos videoxogos e Vigo quere ser ese lugar. Con este obxectivo, o xornal Faro de Vigo organiza a primeira edición de Faro Gaming, un evento que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo entre o 14 e o 16 de xuño e que ten a finalidade de […]
“Esta é unha ocasión única para establecer contactos con xente que pode axudarnos a dar un salto cuantitativo ao noso traballo, achegando novos puntos de vista a través desa multidisciplinariedade que caracteriza á biotecnoloxía”. Así definía o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, o Congreso Nacional de Biotecnoloxía, Biotec 2019, que celebra a súa 17ª […]
A spin-off da Universidade de Vigo Alén Space gañou o Premio a la acción empresarial más innovadora ligada a la universidad que outorga o xornal Cinco Días, decano da prensa económica española. Na súa decimo segunda edición, o xurado dos Premios Cinco Días a la innovación empresarial acordou outorgar a Alén Space o galardón que recoñece o mellor proxecto empresarial innovador desenvolvido […]
O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo acaba de publicar en Google Play, a tenda de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, o Dicionario Galnet, o maior dicionario plurilingüe do galego, unha obra con traducións e sinónimos para dez linguas: galego, portugués, catalán, vasco, español, inglés, alemán, latín, italiano e chinés. “A aplicación […]
En 2008, o Servizo de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo levantou un plano de carreiras de orientación nos areais de Barra e Nerga, situados no Concello de Cangas. Non obstante, non será ata este ano cando o Trofeo Universidade de Vigo de Orientación se poida celebrar por primeira vez neste enclave. A cita será […]
Expertos nacionais e procedentes de universidades de Estados Unidos, Reino Unido ou México daranse cita a finais do mes de xuño no campus de Vigo na primeira edición do Seminario de Pensamento Contemporáneo, unha iniciativa institucional que ten como finalidade abordar temas “candentes na reflexión teórica internacional”, como explican dende o comité organizador, do que forman […]
O profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Ignacio Armesto, coordinador do Máster de Mecatrónica, recibiu este xoves en Madrid o premio anual ISA-Sección Española ao mellor profesional, un premio co que esta asociación, a máis importante a nivel internacional no sector da automatización, recoñece o labor deste docente ao longo da súa carreira profesional e todo […]
O Claustro Universitario celebrou este mércores unha sesión ordinaria de trámite con dous puntos principais na orde do día: o informe do reitor e a elección de varios membros en diferente órganos institucionais, como a Comisión para a elaboración do Plan Estratéxico, a Comisión de Traballo para a definición dos procesos de xestión, a Mesa […]
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora hoxe, e do Día Mundial dos Océanos, que se celebrará o vindeiro sábado, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo afonda, a través dunha nova peza audiovisual, nunha realidade preocupante para a contorna: o deterioro da saúde dos […]
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo lidera en España, xunto a súa homóloga do País Vasco, a investigación económica feita por mulleres. Así se establece no traballo Women in European Economics, un estudo realizado pola Asociación Europea de Economía sobre a presenza feminina nos máis prestixiosos centros europeos de investigación neste ámbito, e […]
Persoal investigador de varias institucións que integran a European Marine Biological Resource Centre (EMBRC-ERIC) elixiu a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat, para desenvolver parte dos seus proxectos en temáticas como o cambio climático, ecotoxicoloxía, estudo de aves mariñas, criopreservación de organismos mariños ou procesos de especiación en caracois mariños. Ata este momento, a […]
O próximo ano a Universidade de Vigo estreará dous novos cursos de especialista que abordarán temas de grande actualidade: a protección de datos e a tecnoloxía 5G. Ambos dependerán da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, cuxo director, Íñigo Cuiñas, destaca que existe “unha necesidade de formación de profesionais en ambos ámbitos, un deles máis tecnolóxico […]
“Neste traballo achegamos unha nova visión, ben documentada e sintetizada, sobre o papel fundamental que as canles TREK teñen na protección das neuronas e outras células excitables, sendo útil tanto para unha investigación básica do funcionamento destas canles, como para o estudo aplicado á comprensión de enfermidades cun gran impacto como a epilepsia, a esquizofrenia, […]
A alimentación implica a todo o mundo, a maiores e a pequenos, ao medio ambiente e á cadea de produción. Nos comedores escolares, o aspecto alimenticio vólvese máis relevante, xa que, máis aló da inxesta de alimentos, tamén é unha contorna idónea para ensinar bos hábitos dende as idades máis temperás. Neste sentido, implementar eco-comedores […]
Atrás quedaron as clases maxistrais, o papel pasivo do alumnado e a memorización como técnica de aprendizaxe. As universidades levan anos traballando en novos modelos educativos, prácticas académicas innovadoras e implantación de novas tecnoloxías aplicadas á docencia. Unha desas iniciativas é o proxecto ADLES (Active Digital Learning Environments in Schools), unha proposta internacional que a Universidade […]
A acuicultura é unha actividade económica que conta con moita tradición en España, especialmente en Galicia, que se sitúa como o primeiro produtor acuícola a nivel nacional. Ademais, a crecente demanda sitúao como o sector industrial con maior crecemento a nivel mundial, cunhas cifras que aumentan ano a ano. Consciente desta realidade, a Universidade de […]
O pasado 20 de maio, a Universidade de Vigo e o Concello de Allariz renovaron por catro anos máis o convenio de colaboración entre as dúas institucións para o estudo e valorización do patrimonio arqueolóxico deste concello a cargo do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) do campus de Ourense. Ao abeiro […]
Ata o 24 de xuño poderá presentar as súas solicitudes o alumnado de grao e mestrado da Universidade de Vigo que queira optar a unha das bolsas de mobilidade para a realización de actividades de carácter formativo no curso 2018/2019 que convoca, por primeira vez, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria. Coa finalidade […]
Ensinarlle ao alumnado ou a calquera outra persoa interesada maneiras alternativas e orixinais de enfocar os problemas, tanto desde o punto de vista profesional como persoal. Este é o obxectivo co que se lanza Introducción a Desing Thinking, unha das novas propostas formativas dos Cursos de Extensión para este verán. Dirixido polo profesor da Escola de […]
O sector editorial español é líder a nivel internacional. Na actualidade ocupa o terceiro posto na clasificación mundial, tanto si se toma como indicador o número de títulos novos por cada millón de habitantes, como si se consideran as cifras de exportacións. Se a estes feitos unimos cuestións como a falla de liderado noutros sectores […]
Segundo datos de Nacións Unidas, nos próximos anos desaparecerá máis do 10% das especies que existen hoxe en día no planeta Terra, estando en perigo de extinción un millón das mesmas. Ante esta realidade, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e o director do Laboratorio de Ecoloxía e […]
O investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo Gianluca Marino, quen exerce tamén como profesor honorario na Universidade Nacional Australiana, protagonizou este martes unha nova sesión do ciclo Café con Sal. Fíxoo cunha intervención, The nature of (palaeo) climate change, na que afondou nas características principais dos denominados ‘ciclos da idade de xeo’, na […]
A docente e investigadora da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo Mercedes Martínez está a traballar na súa tese de doutoramento “co obxectivo último de mellorar a cantidade e calidade do subtitulado para persoas xordas e con perda auditiva en Galicia e galego, así como empregar este modo de accesibilidade a medios […]
Pórse ao día con todas aquelas competencias transversais que son claves para que emprender e converter as ideas de negocio en realidades empresariais exitosas. Con este obxectivo esta semana arranca no campus de Vigo unha nova edición de Destrezas, o programa de formación organizado dende a Área de Emprego e Empredemento e a Fundación Universidade de […]