🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Un equipo internacional constata que o desxeo na Antártida alterou a circulación oceánica global

A fusión do xeo que se produciu hai uns 125 mil anos tanto en Groenlandia como na Antártida, provocou que o nivel do mar subise uns 10 metros por encima da súa posición actual durante o último período Interglaciar. Un estudo levado a cabo por un equipo internacional e que se publicou este mércores en Nature Communications cuantifica […]

Obradoiros, conferencias, concursos e un espectáculo científico para celebrar San Alberte 2019

Obradoiros, conferencias, concursos, xogos populares, magosto e mesmo un espectáculo científico. Chega unha nova edición de San Alberte e para celebralo a Facultade de Bioloxía, xunto coa de  Ciencias do Mar e Química, teñen preparada unha ampla programación cultural que encherá de actividades o edificio de Ciencias Experimentais. Como cada ano, regresa o Concurso de fotografía científica, […]

O programa H2020 financiará por segundo ano consecutivo cun millón de euros a formación de investigadores en fotónica integrada

Por segundo ano consecutivo, a Universidade de Vigo coordinará un Doutoramento Industrial Europeo no ámbito da fotónica integrada, dentro das accións Marie Curie de Redes Europeas de Formación (ITN). DRIVE-In (Integrated Photonics for the next generation of autonomous Vehicles using InP technologies) é unha iniciativa de catro anos de duración enmarcada no Programa Horizonte 2020 e que, […]

SnailRain, un xogo didáctico no que os caracois amosan como adaptarse aos procesos de selección natural

SnailRain é ciencia para divertirse e para levar no peto. Trátase dunha aplicación móbil desenvolvida por investigadores da Universidade de Vigo co obxectivo de divulgar e educar sobre o funcionamento da selección natural, as leis de Mendel e a influencia do hábitat e os seus predadores sobre o xenotipo dunha poboación. A creación deste xogo enmárcase nun […]

A dor de costas, un problema cada vez máis frecuente na infancia

Diferentes estudos sitúan, en función dos parámetros analizados, entre un 6% e un 59% a porcentaxe de nenos e nenas afectados pola dor de costas, un problema cada vez máis frecuente na infancia e na mocidade, como subliñou o fisioterapeuta da Unidade de Desviacións do Raque do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, Manuel Fraiz, nunha […]

Unhas xornadas afondarán no dereito ambiental e xestión de recursos hídricos e mariños

O vindeiro 8 de novembro a Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá a Xornada Redexmar sobre dereito ambiental e xestión de recursos hídricos e mariños. Con ela, a Rede de Excelencia de Estudos Xurídico-Marítimos, liderada desde a Universidade de Vigo, pechará a súa actividade. Non será esta a única cita divulgativa do mes de […]

A UVigo visibiliza ante as empresas os seus últimos avances de I+D+i en infraestruturas do transporte

A Universidade de Vigo, a través neste caso do Grupo de Investigación de Xeotecnoloxías Aplicadas, Geotech, está a participar esta semana en Santiago de Compostela en dous encontros empresariais nos que se presentan os últimos avances e os principais retos aos que se enfronta o sector das estradas a medio e longo prazo:  desde o modelo […]

O alumnado copa as prazas para participar nun debate xurídico arredor da sentenza ao ‘procés’

A falta de varios días para pecharse o prazo de inscrición, xa non quedan prazas dispoñibles para participar no debate xurídico organizado pola Delegación de Alumnado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo arredor da sentenza do Tribunal Supremo 459 de 2019, a coñecida como sentenza ‘ao procés’, unha resolución histórica pola súa transcendencia e consecuencias […]

Máis de 250 especialistas e profesionais participarán no II Congreso Internacional sobre Cannabis

Afondar no problema de saúde pública que supón o consumo de cannabis desde unha perspectiva clínica, educativa e legal é o obxectivo central do II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados, que entre o 7 e o 9 de novembro reunirá en Catoira máis de 250 especialistas e profesionais, segundo salienta o seu coordinador, […]

Convocatoria aberta para optar aos premios á excelencia académica de doutoramento

Recompensar a traxectoria e incentivar o alumnado que inicia os estudos de doutoramento este curso 2019-2020 son os obxectivos dos 36 premios outorgados á excelencia académica pola Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) da Universidade de Vigo. Os galardóns distribuiranse segundo o número de estudantes matriculados en cada programa . Así, aos que acaden entre tres […]

Un estudo publicado en ‘Science’ demostra que a diversidade de miñocas de terra é maior en rexións temperadas que nos trópicos

A diversidade de miñocas de terra é maior en rexións temperadas que nos trópicos, en contra do patrón dos organismos de superficie, e o cambio climático global podería alterar as comunidades destes invertebrados en todo o mundo. Estes son os dous resultados principais dun estudo internacional publicado na portada do último número da revista Science e no […]

Cando a presión ideolóxica non precisa recorrer ás palabras e se basea na complicidade do silencio

Hai contextos nos que non falar é unha forma de comunicar, de desentenderse das realidades incómodas e dos segredos que se queren agochar. E é que como sostén o sociólogo Pierre Bourdieu “a presión ideolóxica que máis éxito ten é a que non precisa recorrer ás palabras senón só a que se basea no “deixar […]

A estatística, ante o reto dunha sociedade datificada

A sociedade dixital na que vivimos xera cada vez máis fontes de información e máis datos, unha contorna datificada que ofrece novas oportunidades de desenvolvemento na elaboración de estatísticas. Saber seleccionar, analizar e xestionar esas “inxentes cantidades de datos” é un dos principais retos aos que se enfronta a estatística oficial. Este será un dos […]

Activado o autoservizo de impresión dixital de Campus na Nube

Tras unhas primeiras semanas de probas, xa está activado o autoservizo de impresión dixital de Campus na Nube, que ofrece varias alternativas para a comunidade universitaria, ben a través das máquinas de autoservizo, ben no punto de atención física de Cidade Universitaria no campus de Vigo. Catro vías para PDI e PAS Para o persoal […]

O maior estudo realizado ata a data sobre cronoterapia confirma que a medicación para a hipertensión debe tomarse antes de durmir

O European Heart Journal, revista de maior impacto mundial no mundo da cardioloxía, publicou este mércores un artigo cos últimos resultados do proxecto Hygia, o maior estudo realizado ata a data a nivel internacional sobre cronoterapia e no que se confirma “de forma contundente” un feito que levan xa varios anos difundindo os impulsores deste estudo: […]

Regresa á EU de Estudos Empresariais unha nova edición do curso de bolsa

O frenético proceso de cambios ao que está sometida a bolsa esixe unha permanente actualización de coñecementos e consolidación de capacidades. Neste contexto, a Universidade de Vigo volve lanzar unha nova convocatoria, e xa van XVII, do seu Curso de formación de Introdución á bolsa, unha actividade na que as e os participantes poderán facerse cunha […]

Máis de 100 persoas participan no campus na Xornada de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria

Nun contexto de cambio climático, a produción de alimentos sitúase a ambos lados da barreira, como actividade xeradora de gases de efecto invernadoiro e como sector que sofre as consecuencias do proceso de quentamento global. Esta é unha dobre visión que está a cambiar o xeito de abarcar a seguridade alimentaria, un tema sobre o […]

Arranca a Semana da Axenda 2030 na UVigo, panca de cambio cara unha sociedade máis xusta e inclusiva

Tres días de conferencias, obradoiros, concertos e actividades culturais con selo sostible. Este mércores arrancaron no campus de Vigo as Xornadas sODStendo o planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo, un amplo paraugas baixo o que se abrigan toda unha serie de actividades dirixidas a sensibilizar á comunidade universitaria, especialmente ao alumnado, sobre a importancia de […]

Carlos Nogueira, investigador da Cátedra José Saramago, recibe o prestixioso Premio de Ensaio Jacinto do Prado Coelho

Carlos Nogueira, investigador da I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo (CJS), acaba de ser galardoado co prestixioso Premio de Ensaio Jacinto de Prado Coelho polo seu libro Resposta a Italo Calvino. Clássicos da Literatura, editado pola libraría portuguesa Lello e a CJS, unha obra de ensaios na que se “alonga o horizonte dos estudos […]

As bruxas enchen a biblioteca de Torrecedeira no primeiro ‘reseñas’ do curso

Tras a boa acollida da pasada edición, o persoal da biblioteca de Torrecedeira volve poñer en marcha o seu proxecto reseñas. Na programación prevista para o curso 2019/2020 novas e novos colaboradores abordarán, a través de seis libros e diferentes instalacións, algúns dos  temas máis candentes da actualidade, co obxectivo de crear un espazo de lectura, […]

O XIV Congreso Galego de Estatística reunirá en Vigo máis dun centenar de especialistas nacionais e internacionais

Pese a ser unha cita a priori de carácter autonómico, o décimo cuarto Congreso Galego de Estatística e Investigación Operativa reunirá a vindeira semana en Vigo máis dun centenar de especialistas nacionais e internacionais. Así o explicaron este luns os profesores Javier Roca e Antonio Vaamonde na presentación oficial deste congreso celebrada no Concello de Vigo e […]

A Cátedra R en Ciberseguridade e o CPEIG impulsan o primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital

Coñecemento e experiencia unidos para que Galicia sexa referente no campo da ciberseguridade. Ese é o obxectivo primeiro do evento CyberSec@GAL, que comeza a súa andaina este luns con dous obradoiros nas escolas de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e de Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña. Este encontro está impulsado pola Cátedra R […]

A American Ceramic Society premia o grupo LaserON polo desenvolvemento de protectores solares a partir de espiñas de peixe tratadas con láser

A American Ceramic Society outorgou ao Grupo de Aplicacións dos Láseres (LaserON) da Universidade de Vigo o premio á mellor investigación, Best paper award, polo seu traballo centrado no desenvolvemento de protectores solares a partir de espiñas de peixe tratadas con láser. Na investigación premiada no Congreso Internacional Materials Science & Tecnology 2019, celebrado en Portland […]

A Unidade de Igualdade lanza a campaña ‘Camiño Segura’

Coincidindo coa celebración do Día Internacional da Nena e baixo o lema xeral A Igualdade está de festa, a Unidade de Igualdade lanzou este venres unha nova campaña comunicativa na que, “con ton desenfadado, próximo e actual” tratará, a través da difusión de diferentes vídeos, de facer unha chamada á participación e á interacción da comunidade […]

Os premios Incuvi-Emprende regresan para fomentar o espírito emprendedor do alumnado e persoas tituladas

Un programa de preincubación dun ano de duración para os mellores proxectos emprendedores é o galardón que recibirán as e os gañadores da 8ª edición do premios Incuvi-Emprende da Universidade de Vigo. Ata o 18 de outubro poderán presentarse as solicitudes para concorrer ao concurso de ideas que proporcionará aos proxectos emprendedores gañadores programas de incubación, […]

As empresas do ámbito biotecnolóxico e xurídico social gañan peso na 4ª edición da Finde.U

A Feira Internacional de Emprego Universitario, Finde.U, chega este ano á súa cuarta edición convertida nun dos grandes referentes de intermediación laboral universitaria do noroeste peninsular. A cita será este ano os días 22 e 23 de outubro no Instituto Feiral de Vigo e o 29 e 30 en Exponor, Porto, e como principal novidade destaca […]

A Universidade premiará o esforzo do alumnado que obtén bos resultados deportivos sen detrimento dos académicos

Recoñecer o mérito do alumnado que compatibiliza o deporte co estudo e obtén bos resultados. Este é o obxectivo dos premios anuais á Excelencia Deportiva que concede a Universidade de Vigo. Nesta undécima edición galardoarase aos catro alumnos cun mellor rendemento conxunto nos dous aspectos, a traxectoria deportiva e a vida académica, no curso 2018/2019. Poderá presentar […]

Especialistas internacionais mapean a vulnerabilidade das principais infraestruturas europeas ante eventos extremos

O proxeto europeo Safeway, liderado pola Universidade de Vigo e financiado con 4,5 millóns de euros, busca a creación dunha rede europea de estradas e infraestruturas ferroviarias máis seguras. Posto en marcha hai apenas un ano –está no mes 14 dun total de 42 de duración estimada-, o equipo responsable deste traballo reuniuse recentemente nas instalacións […]

Se es unha ou un auténtico ‘gamer’ esta é a túa oportunidade para demostralo e facer historia

Os videoxogos tamén teñen a súa propia competición e a Universidade de Vigo participa dende 2016 na liga University Esports, unha plataforma nacional xestionada por GGTech Entertainment S.L. O seu obxectivo é difundir os deportes electrónicos no ámbito universitario, poñendo o acento en valores como o traballo en equipo, esforzo e deportividade, e facilitando ao alumnado […]

Preto dun cento de estudantes participan no campus no II Mentor Day

Preto dun cento de estudantes participaron este mércores no campus no II Mentor Day, unha actividade organizada pola Fundación Mentor, integrada por unha vintena de empresas e bufetes de avogados da cidade de Vigo e a súa contorna, en colaboración coa Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Con esta xornada ponse o broche de ouro ás […]

A Universidade pon en valor os traballos de fin de grao e de mestrado que integren a perspectiva de xénero

Pioneira na ruptura de roles e primeira cronista de viaxes galega, Egeria é un exemplo que se busca poñer en valor cunha nova edición dos Premios Egeria, galardóns impulsados pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. É a sexta edición duns galardóns que naceron co obxectivo de incentivar a investigación en xénero e nos estudos […]

“A malherboloxía ten gran parte das respostas a un dos maiores retos da humanidade: alimentar unha multitude cada vez máis numerosa de xeito sostible”

“A malherboloxía debe potenciar a súa presenza na sociedade porque, non só conta con profesionais de referencia a nivel internacional, senón que tamén ten gran parte das respostas e das claves de investigación e desenvolvemento para un dos maiores retos da humanidade: alimentar unha multitude cada vez máis numerosa con menos ferramentas e facelo nun contexto […]

Iberos desenvolve 18 proxectos de investigación sobre bioenxeñaría para o envellecemento saudable

Os grupos de investigación galegos e portugueses integrados no Instituto de Bioenxeñería en Rede para o Envellecemento Saudable (Iberos) levaron a cabo con éxito 18 proxectos colaborativos durante os dous últimos anos. Durante a xornada de clausura deste proxecto transfronteirizo liderado pola Universidade de Vigo e financiado con preto de 2 millóns de euros pola Unión Europea, […]

As profesoras África González, Beatriz Comendador e Lola Dopico participan na segunda tempada de ‘Universo Sostenible’ que emite TVE2

La Aventura del Saber é un dos programas máis recoñecidos de divulgación científica no panorama televiso español. En antena dende 1992 en TVE2, o ano pasado abriu unha nova fiestra á ciencia con Universo Sostenible, un espazo impulsado por 31 universidades coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología que se emite semanalmente dentro […]

Especialistas de España, Portugal, Reino Unido e EEUU reúnense en Vigo no XVII Congreso da Sociedad Española de Malherbología

Preto de 100 especialistas participarán do 8 ao 10 deste mes de outubro no XVII Congreso da de la Sociedad Española de Malherbología (SEMh), un evento organizado polo grupo de investigación da Universidade de Vigo Agrobioloxía ambiental: calidade de solos e plantas, membro da Agrupación Estratéxica Citaca, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia (CSIC). Trátase […]

Unha charla sobre alucinacións auditivas e esquizofrenia abre no campus de Vigo un congreso internacional sobre Lingua e Cerebro

Unha charla do neurocientífico galego Héctor Caruncho, catedrático da Universidade de Victoria (Canadá) sobre alucinacións auditivas, pensamento, linguaxe e comunicación na esquizofrenia abriu este xoves no campus o I Workshop on Language and the Brain, WoLB 2019, o primeiro encontro internacional organizado polo recentemente inaugurado Laboratorio de Linguaxe e Cognición da Universidade de Vigo, un centro […]

A Universidade busca persoas voluntarias que queiran converterse en axentes de cambio

A Axenda 2030 de Desenvolvemento Sostible foi aprobada pola Asemblea das Nacións Unidas en 2015 e constitúe unha folla de ruta asinada por 193 países de cara a unha transformación profunda do planeta Terra a través dun crecemento económico inclusivo, unha maior cohesión e xustiza social e un horizonte ambiental sostible. Esta axenda comprende 17 […]

Expertas e traballadoras analizarán a situación laboral das mulleres na pesca e os oficios máis feminizados

As mulleres traballadoras da pesca en Galicia sofren unha dobre segregación: por unha banda, hai unha división entre oficios masculinos, normalmente vinculados aos barcos, e outros femininos, xeralmente de ribeira, e estes últimos son os peor pagados e con peores condicións laborais. Para analizar esta división horizontal e vertical na pesca dende o punto de […]

Unha nova sesión do ciclo Café con Sal afonda nos efectos das augas residuais sobre o ourizo de mar

Como afecta a contaminación derivada das augas residuais urbanas aos organismos mariños e, máis concretamente, aos ourizos de mar?  Esta foi a pregunta a que este martes tratou de responder o investigador do Grupo de Ecoloxía Costeira, EcoCost, CIM-UVigo, Pedro Campoy nunha nova charla do ciclo de conferencias Café con Sal. Durante a súa intervención, nun repleto […]

Alba Aguión, primeira galega nunha rede internacional de científicas que aspiran a liderar as decisións sobre o futuro do planeta

Co obxectivo de constituír unha rede internacional de 1000 mulleres formadas en diversos ámbitos científicos, que poidan liderar e influír na toma de decisións que afectan ao planeta, arrancaba no ano 2016 en Australia o programa Homeward Bound. Ata o ano 2026 esta iniciativa, que permitirá poñer en valor e visibilizar o papel das científicas, seleccionará […]