🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A directora da OTRI convértese na primeira galega en ser acreditada pola alianza internacional ATTP como Profesional da Transferencia

A directora da Oficina de I+D, Ángeles López, acaba de ser acreditada como Profesional da Transferencia –RTTP, Registered Technology Transfer Professional- pola alianza internacional ATTP, unha entidade  formada por 14 asociacións nacionais e internacionais de profesionais da transferencia de coñecemento presente en 60 países e cuxa principal misión é promover e manter uns estándares globais na […]

A lusofonía, unha “vantaxe competitiva” para a economía galega

“Nun mundo cada vez máis globalizado e interconectado, as relacións históricas de Galicia con Portugal e os territorios intercontinentais de lingua oficial portuguesa sitúannos diante dunha oportunidade histórica”. Esta é unha das principais conclusións recollidas no libro Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais, resultado do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, que o pasado […]

A alianza con novas empresas do sector posibilita a realización de prácticas a todo o alumnado do curso Icemar

A alianza con novas empresas e institucións do sector marítimo facilitará este ano que todo o alumnado matriculado no Curso de especialista en innovación, competitividade e emprendemento en torno ao mar, Icemar, poida realizar prácticas curriculares en empresas do sector, o que a xuízo dos organizadores, lles vai permitir tanto facilitar a súa entrada no mundo […]

Logo de máis de 5700 órbitas á Terra e dun ano no espazo, LUME-1 funciona a pleno rendemento

“O funcionamento do satélite LUME-1 está a ser estupendo e non se detectou ningún problema ao longo deste ano”. Con estas verbas resume o docente e investigador e responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo, Fernando Aguado, o comportamento do satélite LUME-1, que foi lanzado ao espazo o 27 de decembro de 2018 co […]

Filoloxía e Tradución acollerá o 1º congreso internacional sobre o impacto da violencia na lingua

Nun momento no que a violencia é un dos eixos que parecen impregnar o discurso literario e ante a urxencia de analizar como a lingua actúa na construción do mundo, a Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá os días 16 e 17 de xaneiro o primeiro congreso internacional Lingua e violencia: mediacións literarias na era do […]

O Centro de Linguas comeza o ano con novidades nos obradoiros de inglés, xaponés e alemán para os negocios

O segundo cuadrimestre trae varias novidades na oferta de cursos do Centro de Linguas. En total, o catálogo de docencia comprende oito idiomas: inglés, alemán, portugués, francés, persa, chinés, xaponés e español para estranxeiros. As principais novidades son a recuperación, tras varios anos, do curso de iniciación ao xaponés, a inclusión dun obradoiro de cociña chinesa, un […]

Ourense será a sede do XXII Seminario Hispano-Luso de Economía Empresarial

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense é a sede escollida para a celebración do XXII Seminario Hispano-Luso de Economía Empresarial. A cita, que terá lugar os días 5 e 6  de novembro, está considerada como punto de encontro anual das e dos investigadores no eido da economía empresarial das universidades da […]

As rutas culturais inician 2020 cun percorrido pola lagoa de Cospeito

A programación de rutas culturais que organiza a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo arranca 2020 coa celebración o sábado 11 de xaneiro dunha andaina pola lagoa de Cospeito, na provincia de Lugo. A inscrición xa está aberta tanto para os membros da comunidade universitaria como para a cidadanía interesada. A Ruta 5. Birdwatching […]

O Observatorio Eólico de Galicia propón melloras para incrementar os recursos que este sector deixa nos espazos rurais

Un informe, elaborado polo Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), estima que o impacto que tivo a enerxía eólica nos propietarios e concellos no medio rural galego foi de 27,86 millóns de euros no 2017, unha contía achegada a través de alugueres, expropiacións, IBI, IAE, ICIO e Canón Eólico. Isto supón arredor do 5% da facturación […]

A UVigo incrementa o seu orzamento ata os 194,9 millóns de euros, o maior da súa historia

A Universidade de Vigo terá en 2020 o maior orzamento da súa historia, con 194.995.837 €. Esta é a cifra presentada este martes polo vicerreitor de Economía, José María Martín Moreno na derradeira sesión do Claustro deste 2019. A contía, ademais dun teito histórico, supón un incremento do 6,83% respecto do exercicio anterior, que segundo […]

atlanTTic acadou nos últimos catro anos preto 20 de millóns de euros, 10 patentes e arredor de 50 proxectos de I+D+i

Como “un centro con impacto internacional con forte proxección no territorio” describe Carlos Mosquera Nartallo o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, que dirixe e que “este ano 2019 situou á Universidade de Vigo, por primeira vez entre as 200 mellores institucións do mundo no ámbito das telecomunicacións”, destaca Mosquera. Preto de 170 persoas, […]

A Universidade receita ‘pílulas de igualdade’ contra as violencias machistas

Neste 25 de novembro, Día Internacional contra as violencias machistas, a Universidade de Vigo receita algunhas “pílulas de Igualdade” e faino a través de diferentes iniciativas: a principal, o lanzamento de varias pezas audiovisuais de pequeno tamaño dirixidas a prever este tipo de violencias e a sensibilizar ao alumnado sobre o uso inaxeitado das novas tecnoloxías; […]

Os centros singulares de investigación continúan desvelando os seus segredos

atlanTTic foi o máis madrugador, pero nas últimas semanas de novembro e as primeiras de decembro, os catro centros singulares de investigación da Universidade de Vigo irán pouco a pouco abrindo as súas portas para que a cidadanía coñeza os segredos que agochan os seus laboratorios, os experimentos que desenvolven e os proxectos innovadores nos […]

Un proxecto europeo dota ás ONGs de ferramentas creativas para mellorar a integración de inmigrantes e refuxiados

A cidade polaca de Katowice acolleu a pasada fin de semana a xuntanza final do proxecto Eramus + Que pode facer o Design Thinking pola integración de inmigrantes e refuxiados? (What Design Thinking can do for the Integration of Migrants and Refugees?). Tras un ano de traballo, a Universidade de Vigo, xunto a ONGs de Polonia e […]

Campus do Mar aposta polo impulso ao turismo náutico sostible como parte do crecemento azul

Segundo datos da Comisión Europea 48 millóns de europeos participaron regularmente en actividades acuáticas náuticas deportivas en 2015 e 38 millóns realizaron actividades náuticas. Así mesmo, estímase que o número de embarcacións en España é de case 200.000 e teñen a súa disposición uns 105.00 amarres, dos que uns 15.000 están en Galicia. “A explotación […]

O campus acolleu o inicio dos actos de Fridays for Future Vigo contra o Black Friday

Cun relatorio este xoves na aula 12-A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais titulado Consumismo desmesurado. Historia, consecuencias e solución e coa proxección na sala II do edificio Miralles o pasado martes do documental Made in, Made for. A realidade oculta da industria da moda, o movemento Fridays for Future Vigo arrancou esta semana no campus de Vigo as […]

Persoal investigador da UVigo demanda apoio explícito para as persoas que fan divulgación científica en galego

En Galicia faise pouca divulgación científica e da pouca que se fai só unha pequena parte se realiza no idioma propio, o galego. Esta é a realidade que se está a pór sobre a mesa nunha serie de mesas redondas celebradas esta semana nos campus de Vigo e Pontevedra baixo o título En galego! Investigación e […]

Elena Ojea, única científica española que participa no informe sobre alimentación sostible nos océanos para o High Level Panel for a Sustainable Ocean Economy

O océano ten o potencial de cubrir con creces a demanda alimentaria futura, tendo en conta o incremento da poboación mundial, non obstante, este potencial non se cubre só coa pesca, senón que se require desenvolver a acuicultura mariña para cubrir esta demanda, unhas cifras que se obteñen de calcular os beneficios de xestionar os […]

Un consorcio formado por empresas e Universidade avanza na creación dunha cheminea modular electro-rexenerativa

Un consorcio formado por catro empresas galegas –Dinak, Integasa, Ati Sistemas e Insega Energía- e o Grupo de Tecnoloxías Enerxéticas da Universidade de Vigo acaban de presentar os últimos resultados acadados nos traballos conxuntos que están a levar para a creación dunha cheminea modular capaz de recuperar a enerxía térmica para a súa posterior conversión en enerxía […]

Un proxecto de ciencia cidadá avaliará a calidade do aire en Pontevedra a través dos liques

Os liques son excelentes indicadores da contaminación do aire e foron utilizados polos científicos para observar os niveis de contaminación en numerosas cidades de todo o mundo. Así o revelou tamén a primeira fase do proxecto Liquencity, que permitiu, mediante a colaboración de máis de 2000 cidadás, a maior parte estudantes de secundaria, estudar os niveis […]

O Campus do Mar recibe un premio ADENEX polo seu proxecto ‘Oceans of Plastic’

Galardón ao proxecto Oceans of Plastics do Campus do Mar pola súa innovación na loita contra a contaminación mariña por plásticos. A Asociación para a Defensa da Natureza e os Recursos de Estremadura concedeu o Premio ADENEX 2018 no apartado científico a esta iniciativa, que naceu co obxectivo de informar, alertar e sensibilizar á sociedade sobre o […]

2020 será na UVigo o ano da divulgación científica en galego

2020 será na Universidade de Vigo o ano da divulgación científica en galego. Este é o gran propósito que se marcan dende a Área de Normalización Lingüística para o vindeiro ano. Para acadalo puxéronse mans a obra, coa colaboración da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, planificando toda unha serie de actividades que arrancarán […]

Novo número de ‘Cumieira’, os cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega

Seis investigacións sobre lingua ou literatura galega realizadas por mozas e mozos investigadores formados nas aulas da Universidade de Vigo. Este xoves presentouse na Facultade de Filoloxía e Tradución o número 4 de Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, un proxecto do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo que naceu […]

Presentáranse por primeira vez traballos finais do Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda

Na súa décimo terceira edición, Debut, o desfile no que os novos titulados e tituladas de Esdemga presentan as coleccións que constitúen os seus proxectos de fin de estudos, levará á pasarela os traballos finais de tituladas no Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda. Xunto ás dez primeiras egresadas do posgrao que se imparte […]

Oito sesións para coñecer desde dentro o audiovisual galego

Profesionais da dirección, produción ou realización protagonizan as oito conferencias, obradoiros, proxeccións e coloquios que integran o programa da novena edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, que ten por obxecto achegar tanto ao alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación como á cidadanía os procesos de traballo no sector audiovisual. Coordinada polos profesores […]

‘Nature Communications’ publica un artigo do laboratorio de David Posada no que se reconstrúe a evolución dun cancro colorrectal

“É o primeiro artigo importante que resulta do noso proxecto ERC”. Así se refire o docente e investigador da Universidade de Vigo David Posada ao artigo Rapid evolution and biogeographic spread in a colorectal cancer que este mércores publica a revista Nature Communications. O traballo desenvolvido xunto aos investigadores posdoutorais do seu grupo no Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) […]

A Universidade alíase coa empresa MN Program para lanzar unha cátedra sobre emprendemento tecnolóxico

A Universidade de Vigo e a compañía coruñesa MN Program, dedicada ao desenvolvemento e comercialización de software de xestión para empresas, asinaron este mércores a posta en marcha da Cátedra MN en emprendemento tecnolóxico, unha nova ferramenta que axudará a ambas entidades a colaborar na docencia e na investigación no ámbito TIC. O reitor, Manuel Reigosa, […]

A Semana de Cine Submarino acada a súa 29ª edición contrapoñendo a beleza ás ameazas que sofren os océanos

“O fío condutor desta Semana de Cine Submarino é o reflexo do que hoxe en día clama a sociedade por resolver: a contaminación por vertidos e plásticos, a sobrepesca  ou o desxeo dos polos, e como contrapartida a beleza dos comportamentos dos animais nos diferentes mares e océanos do mundo ou a conservación dos derradeiros […]

Cando hai dous anos as biólogas Raquel Gómez e Eva López uniron os seus camiños preocupadas pola emerxencia climática e o futuro do planeta, pouco podían pensar que o seu compromiso podía converterse tamén nunha opción profesional con futuro. Pero así foi, e tras ser unha as iniciativas emprendedoras seleccionadas o ano pasado na convocatoria Incuvi-Emprende […]

Os centros singulares de investigación da Universidade de Vigo abrirán de novo as súas portas á cidadanía a partir do vindeiro venres 15 de novembro. Ao abeiro da segunda edición do programa Divulgando Ciencia Singular, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic), o Centro de Investigación Mariña (CIM), o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) […]

O programa Correspondentes Universitarios abre o prazo de inscrición

Ser un nexo entre a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e o alumnado das universidades. Con este obxectivo en 2016 a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo puxeron en marcha o programa Correspondentes Universitarios, unha rede de estudantes voluntarios que traballan na difusión e dinamización da información xuvenil entre as e os seus […]

Vigo sitúase á cabeza das universidades galegas en proxectos de investigación en cooperación para o desenvolvemento

Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento. Formación do profesorado que desenvolve o seu traballo no programa de educación bilingüe en Mozambique e cooperación para o desenvolvemento litoral sostible. Estas son as temáticas dos tres proxectos de investigación en materia de cooperación ao desenvolvemento da Universidade de Vigo que a Xunta de Galicia subvencionará na convocatoria aberta […]

As gañadoras e gañadores dos Premios de creación artística fan gala do seu talento

A Universidade repartiu este ano máis de 6000 euros entre as gañadoras e gañadores dos Concursos de Creación Artística, 14 traballos realizados por máis de vinte estudantes de diferentes centros, pero, sobre todo, das pontevedresas facultades de Belas Artes e Ciencias Sociais e da Comunicación. En total repartíronse premios en catro categorías: pintura, fotografía, creación audiovisual […]

A Universidade dáse a coñecer entre máis de 300 estudantes do Salnés nas Xornadas comarcais de orientación

A idea é achegarse ao futuro alumnado universitario e tamén aos seus profesores e orientadores, ofrecerlles a información precisa sobre o proceso de acceso á Universidade e amosarlles toda a oferta académica e complementaria que ofrece a Universidade de Vigo. Con estes obxectivos a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria puxo en […]

Igualdade reta aos alumnos, PAS e profesores a construír novos modelos de masculinidades

Alumnos, profesores e traballadores de administración e servizos dos tres campus. Eles son os protagonistas da nova acción posta en marcha pola Unidade de Igualdade dentro da campaña A igualdade está de festa, paraugas baixo o que este curso se abrigan as diferentes iniciativas postas en marcha dende a Universidade para axudar a construír un mundo […]

O Laboratorio de Neurociencia achega novos datos sobre como se produce o control da temperatura corporal

O control da temperatura corporal é unha función vital na maioría dos animais, incluídos os mamíferos, pero este proceso non só é importante dende un punto de vista fisiolóxico, senón que diversas reaccións bioquímicas que acontecen no organismo son dependentes da temperatura, afectando a cuestións como a velocidade das mesmas ou á conformación das estruturas […]

Unha ruta para gozar do outono “en estado puro”

Unha ruta para gozar “do outono en estado puro” e para coñecer o Camiño Miñoto Ribeiro a Santiago de Compostela. Así se presenta a segunda andaina universitaria que este curso académico se organiza no marco da programación de rutas culturais da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. A cita terá lugar o sábado […]

O campus acolle de novo o único maratón dirixido a incorporar contidos ao ‘Galizionario’

Inserido nas actividades do mestrado europeo en lexicografía Emlex, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolleu o pasado ano por primeira vez o Emlex Wiktionary Hackfest, un maratón dirixido a sumar novos contidos ao Galizionario, a versión galega do Wiktionary. A boa acollida que recibiu este “hackatón” motiva que o vindeiro xoves 14 de novembro este […]

Un congreso internacional contrapón evidencias científicas aos falsos mitos sobre o cannabis

Segundo as cifras do Plan Nacional sobre Drogas, en España un de cada tres mozos e mozas de entre 14 e 18 anos consumiu cannabis nalgún momento das súas vidas, case un de cada cinco afirmou telo consumido no último mes e preto do 3% presenta un consumo problemático ou abusivo desta droga. “Moitos mozos […]

Presentada no campus a primeira bioincubadora especializada en proxectos biotecnolóxicos aplicados aos ámbitos da saúde e agroalimentario

BioIncubaTech, a primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en proxectos biotecnolóxicos aplicados á saúde e ao sector agroalimentario, presentou este mércores no campus de Vigo a súa primeira convocatoria de proxectos, que estará aberta ata o vindeiro 15 de novembro. BioIncubaTech é unha iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela destinada ao fomento […]