🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Thunders UVigo chega ás fases finais dos videoxogos Brawl Stars e Hearthstone da liga universitaria de e-Sports

Thunders UVigo, o equipo co que a Universidade de Vigo participa na Liga Universitaria de eSports de España, a Amazon University Esports, remata esta semana a competición coándose nas fases finais dos videoxogos Brawl Stars e Hearthstone e facendo un balance moi positivo do seu papel nesta liga, onde tamén competiron en Clash Royale, Counter […]

O Centro de Linguas continuará durante o verán coa formación en idiomas de xeito virtual

A crise da COVID-19 non vai impedir que a formación en idiomas que cada verán ofrece o Centro de Linguas se desenvolva nos vindeiros meses. Os cursos intensivos, de entre dúas e catro semanas de duración abertos tanto á comunidade universitaria como á cidadanía en xeral para aprender ou mellorar a competencia en idiomas estranxeiros, impartiranse de […]

Chegan á Universidade as primeiras defensas de proxectos STEMBach

Son pioneiros na participación neste programa, por iso o seu exemplo vai servir de guía para todas as alumnas e alumnos interesados en participar no denominado STEMBach, Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e á que a Universidade de Vigo se uniu desde o primeiro momento. Os institutos […]

A Universidade avalía as condicións de teletraballo do persoal durante o confinamento

Dende que no mes de marzo de decretou o estado de alarma, a Universidade de Vigo, seguindo as directrices das autoridades sanitarias, estableceu a modalidade de traballo a distancia naqueles postos nos que foi posible. Para facelo do mellor xeito posible, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais elaborou un manual con indicacións para traballar […]

A Universidade reclama “mil primaveras máis para o galego” pondo en valor o compromiso de Carvalho Calero

A situación xerada pola expansión da COVID-19 fixo que o acto co que a Universidade de Vigo conmemora cada ano o Día das Letras Galegas fose neste 2020 algo diferente. A través do Campus Remoto, desenvolveuse este venres un acto virtual que tivo como eixo central reflexionar sobre a figura do filólogo e escritor homenaxeado no presente ano, […]

A Valedoría do Pobo, coa colaboración das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, ten convocada a primeira edición dos Premios Valedora do Pobo aos mellores traballos de fin de grao (TFG) e traballos de fin de mestrado (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres. A iniciativa pretende visibilizar o traballo das universidades […]

Unha vez que o Goberno publicou o pasado 28 de abril o Plan para la transición hacia una nueva normalidad, na Universidade de Vigo comezou o proceso de elaboración dun protocolo que establecese o retorno á actividade presencial, así como medidas de prevención asociadas fronte á COVID-19. Coa participación das vicerreitorías de Planificación e Sostibilidade, Investigación, Ordenación […]

Un caladoiro virtual de estudantado para o curso 2020-2021

A Xornada de Orientación Universitaria e as Xornadas de Portas son eventos que, nunha situación de normalidade académica, terían achegado aos campus centos de mozos e mozas de institutos galegos buscando unha inspiración para o seu futuro universitario. Ante a imposibilidade de desenvolver de xeito presencial estes encontros, a Universidade de Vigo optou por trasladar toda […]

A invasión da vespa velutina impacta negativamente no comportamento dos insectos polinizadores e na reprodución das plantas

Hai máis dunha década que a Vespa velutina chegou accidentalmente a Europa procedente do sudeste asiático. A súa expansión foi rápida e efectiva en países como Francia, España e Portugal, os máis afectados por esta especie invasora no continente. Actualmente pódese atopar en case todas as rexións da área atlántica e representa unha ameaza para a biodiversidade xa […]

EscudoCovid.19 remata a súa actividade con 56.000 pantallas producidas en Galicia

A plataforma EscudoCovid.19 pon fin a súa actividade, que comezou a finais do pasado de marzo, cun balance “moi positivo”, asegura o seu promotor e director do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, (Cintecx), José Luis Martínez Lastra. “Nunca pensei que chegaríamos a unha produción de pantallas acumulada de máis […]

A Universidade conmemorará o Día das Letras Galegas afondando na figura de Carvalho Calero

A suspensión da actividade presencial nos campus por mor da crise da COVID-19 non impedirá que, como é habitual, a Universidade de Vigo celebre o Día das Letras Galegas, que neste 2020 dedícase ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero. Afondar, desde diferentes perspectivas, na figura e traxectoria do homenaxeado será de feito o obxecto […]

Máis de medio cento de persoas tituladas pola UVigo relatan desde os cinco continentes a súa experiencia durante a pandemia

Entre o 13 de marzo e finais do mes de abril, máis de medio cento de persoas tituladas pola Universidade de Vigo participaron nunha iniciativa do Observatorio das persoas tituladas da institución académica viguesa, co obxectivo de que, a través dunha pequena crónica escrita, as e os antigos alumnos puidesen relatar a súa experiencia persoal sobre a […]

O confinamento multiplica a creatividade das futuras enxeñeiras e enxeñeiros de telecomunicación

15 solucións tecnolóxicas para problemas reais e próximos, 15 ideas pensadas para facilitarlle a vida a distintos colectivos. Hoxe venres a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle a final dos LPRO Days, unha data na que cada ano o centro se converte nun auténtico escaparate tecnolóxico e saca peito ante as empresas do sector dos traballos […]

O profesorado dispón xa de despachos virtuais para titorías e exames

A suspensión da actividade docente presencial por mor da crise sanitaria provocada pola COVID-19 e a declaración do estado de alarma levou o pasado mes de marzo á Universidade de Vigo a despregar diferentes recursos para garantir a continuidade do curso académico a través de plataformas telemáticas. Así, en poucos días, a institución académica puña […]

Campus do Mar conmemora o Día Mundial dos Océanos cun concurso de fotografía e debuxo

Debuxos e fotografías que reflexen a beleza do mar, a súa biodiversidade e o seu papel como espazo de unión de familia e amigos ou como fonte de recursos e economía azul. Estes son os eixos principais do concurso de fotografía e debuxo que Campus do Mar organiza no marco da celebración do Día Mundial […]

O emprego de nanopartículas de ouro nas lentes de contacto protexe o ollo das radiacións

O emprego de nanopartículas de ouro nas lentes de contacto protexe o ollo das radiacións nocivas, desde aquelas que emiten os punteiros láser e que acostuman empregarse nos estadios de fútbol ou nos concertos, ata a propia luz solar. Así o demostraron algúns dos últimos estudos publicados polo grupo de investigación TeamNanoTech, liderado por Miguel Correa, […]

Segundo a FAO, unha alimentación sustentable provoca un impacto ambiental reducido, contribúe á seguridade alimentaria e nutricional e axuda a que tanto as xeracións actuais como as futuras leven unha vida saudable. Pero ademais, tamén axuda a protexer e respectar a biodiversidade e os ecosistemas, é culturalmente aceptable, accesible, economicamente xusta e nutricionalmente adecuada, inocua […]

A UVigo buscará na rede o seu futuro alumnado

A XOU, Xornada de Orientación Universitaria, estaba prevista para o 15 de abril e tiña máis de 700 asistentes confirmados. Pero este escaparate da Universidade de Vigo para amosa ao seu potencial futuro alumnado a oferta académica vai ter que mudar de formato e adaptarse a unha realidade esencialmente virtual. A cita trasládase así para […]

Investigadores da UVigo desaconsellan firmemente a adopción inmediata  de aplicacións de rastrexo dixital de contactos na loita contra a COVID-19

O debate xerado en Europa sobre a existencia de dous modelos de protocolos, o centralizado e o descentralizado, para implementar aplicacións de rastrexo dixital de contactos, como unha ferramenta para frear a expansión da COVID-19 e tamén utilizable no proceso de desescalada, levou a un grupo de investigadores da Universidade de Vigo, encabezados polo catedrático […]

A Sociedade Española de Mecánica de Rochas premia unha tese viguesa

A Sociedade Española de Mecánica de Rochas acaba de outorgar o seu Premio anual á mellor tese de doutoramento, concedéndolle unha Mención Honorífica á investigación realizada polo investigador Ignacio Pérez Rey, defendida en 2019 na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e dirixida polo profesor Leandro Alejano, do grupo de investigación Explotación de Minas da […]

CC Xurídicas ofrece un seminario gratuíto sobre as principais medidas laborais contra a COVID-19

O ámbito laboral é un dos que máis lexislación sumou nestes últimos días coa publicación de varios decretos leis que modifican de maneira temporal a normativa ante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19. Neste contexto a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo organizou para o vindeiro martes, 5 de maio, un seminario en liña […]

O itinerario virtual de formación en xénero volve a convocarse tras o éxito da súa primeira edición

A finais de marzo, aos poucos días de comezar o confinamento debido ás medidas de loita contra a COVID-19 e coa idea de continuar a formación da comunidade universitaria desde os seus fogares, a Unidade de Igualdade e a Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado da Universidade de Vigo, grazas ao apoio financeiro do Pacto […]

A crise climática en tempos de pandemia centra o Reseñas.13

Nun momento no que conviven a crise sanitaria, económica e climática, todo apunta a que para facerlles fronte, o planeta debe acometer  un cambio radical no estilo de vida, algo que Greta Thunberg, autora do libro Cambiemos el mundo #huelgaporelclima, vén demandando hai tempo facendo un chamamento á conciencia ambiental global. Precisamente esta obra é a protagonista […]

Un curso virtual forma ao PDI sobre o retos da propiedade intelectual na contorna universitaria

Proporcionarlles ás e aos participantes unha visión dos problemas, retos e solucións sobre a propiedade intelectual na Universidade é o obxectivo principal do curso virtual Propiedade intelectual e persoal docente universitario, que a Área de Formación e Innovación Educativa promove no marco do Programa de Formación Permanente do PDI. Aberto a un máximo de 30 participantes, o […]

A Universidade establece un protocolo de acceso a laboratorios para garantir a continuidade da investigación

Garantir que poidan seguir desenvolvéndose aqueles proxectos de investigación ou transferencia que non poden ser adiados e requiren de traballo nos laboratorios é o obxectivo do protocolo de acceso a estas instalacións establecido pola Universidade. A medida fixa que o acceso deberá realizarse por quendas, cunha única persoa en cada dependencia e ten como obxectivo evitar “unha parada total […]

Os exames do Centro de Linguas realizaranse de xeito telemático

A incerteza sobre cando e como se vai poder retomar con normalidade a vida académica está a provocar sucesivas alteracións na programación do segundo cuadrimestre. O Centro de Linguas acaba de acordar que os exames se celebren en modalidade telemática, así como a suspensión das probas do CertAcles de inglés B1, B2 e C1, que se substitúen […]

Youtubeir@s repartirá este ano 7500 euros en premios

Youtubeir@s chega este ano con máis forza que nunca: tres novos galardóns e mil euros máis en premios. Esta semana déronse a coñecer as bases da cuarta edición dun certame ao que se poden presentar todo tipo de vídeos en galego publicados desde o pasado 27 de setembro. Nestas bases establécense novas categorías e con elas […]

O persoal da Biblioteca Universitaria unironse á celebración do Día do Libro

Días de destrucción, días de revuelta, de Chris Hedges e Joe Sacco. El infinito en un junco, de Irene Vallejo. Los errantes, de Olga Tokarczuk. A ira dos mansos, de Manuel Esteban. Estes son algúns dos libros que neste confinamento está a ler o persoal que traballa nas diferentes bibliotecas da Universidade de Vigo e que se decidiron […]

Bota a andar a Rede Galega pola Investigación co obxectivo de dignificar a I+D+i

Dignificar a carreira investigadora; incrementar o investimento en I+D+i; cambiar o modelo de xestión dese investimento; crear un Pacto Galego pola Investigación e a posta en valor de todos os sectores da investigación en Galicia. Estas son algunhas das principais demandas da recentemente creada Rede Galega pola Investigación, InvestiGal, que aspira a dar acubillo a […]

Os 10 Km Cidade Universitaria córrense dende a casa

Medir os metros que se poden percorrer no piso ou na casa e calcular as repeticións para poder completar a HappyGoRunning a pesar do confinamento. Este é o reto que presenta a Área de Benestar, Saúde e Deporte para que a carreira universitaria non quede sen celebrarse nesta edición. A cita estaba prevista para este […]

A UVigo mantén a actividade docente e os exames ao non cumprir o chamamento á folga de Anega os requisitos dun paro académico

Transcorridos cinco días desde o inicio da folga indefinida convocada pola organización de estudantes Anega , coa que demandan a finalización do curso coa superación automática das materias, a Universidade de Vigo mantén a actividade docente virtual e os exames convocados. E é que segundo explica o reitor, Manuel Reigosa, a convocatoria de Anega non […]

O programa de voluntariado da OMA permite erradicar a flora invasora do campus

Nos arredores do campus de Vigo, flora e fauna alóctonas invaden espazos naturais, quitándolle o seu lugar a especies autóctonas que se ven desprazadas na súa propia contorna. É por iso que a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo (OMA) decidiu poñer en marcha hai uns anos un programa de voluntariado para a […]

Un congreso reunirá en Vigo expertos internacionais en oxidación lipídica, un proceso responsable da degradación dos alimentos

Expertos e expertas de todo o mundo reuniranse en Vigo en xuño para avanzar no coñecemento da oxidación lipídica, unha das principais causas do deterioro dos alimentos xunto coa acción dos microrganismos. Este proceso químico ten un importante impacto, tanto económico como sanitario, polo que a comunidade científica trata de achegar novas perspectivas e estratexias de […]

A profesora Rosa Alonso afonda nun libro na influencia do idioma materno na aprendizaxe de segundas linguas

A influencia da lingua que coñecemos desde nenos maniféstase de xeito claro na aprendizaxe e no xeito de comunicarnos nunha segunda lingua en calquera momento e situación.  A profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución Rosa Alonso acaba de publicar un novo libro no que afonda en como inflúe a lingua materna na aprendizaxe dunha […]

40 empresas buscan o talento tecnolóxico do campus de Vigo

Son algúns dos perfís profesionais máis demandados polas empresas, están entre os que teñen maior taxa de inserción laboral e son as e os que atopan antes o seu primeiro emprego. Así se recolle nun estudo elaborado pola Consellería de Educación e a Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Acsug, presentado esta semana […]

Enxeñaría de Minas e Enerxía busca ás e aos mellores improvisadores orais

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e a súa Delegación de alumnado busca persoas dispostas a demostrar o seu potencial como oradoras na segunda edición do concurso de improvisación oral Eme_Pakuxa, unha iniciativa que lanzaron por primeira vez o curso pasado e que agardan se vaia consolidando e gañando adeptos. O obxectivo é axudar […]

A carreira da felicidade regresa ao campus o 26 de abril

O 26 de abril regresa ao campus de Vigo a carreira HappyGoRunning Cidade Universitaria, que cumpre 14 edicións como a cita deportiva máis clásica da Universidade. Tras a pasada edición, na que houbo que adiantar a probar un día ao coincidir coa celebración das eleccións xerais, a cita volve celebrarse en domingo e a organización […]

Centos de escolares de Galicia e do norte de Portugal participarán nunha xornada de radio e patrimonio co gallo do 25 aniversario de Ponte…nas ondas!

Hai un cuarto século botaba a andar a asociación Ponte…nas ondas! (PNO!) co obxectivo de difundir e poñer en valor entre o estudantado en particular , pero tamén entre a sociedade en xeral, o patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. Valéndose dos medios de comunicación, en especial da radio, PNO! foi quen neste cuarto de século de construír unha […]

Na procura da creatividade literaria da comunidade universitaria

A Área de Normalización Lingüística está á procura da creatividade literaria que agroma coa primavera. Os Premios de poesía, relato curto e tradución literaria, que se convocan ao abeiro do convenio coa Consellería de Cultura e Turismo, repartirán un total de 3600 euros entre os mellores traballos presentados pola comunidade universitaria. A convocatoria está aberta a […]

O Foro Tecnolóxico de Emprego cumpre 20 anos cunha edición repleta de novidades

Os vindeiros días 4, 5 e 6 de marzo as tres escolas de enxeñaría do campus abren as súas portas a  unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, unha actividade que este ano cumpre 20 anos e que chega repleto de novidades, pero co mesmo obxectivo co que naceu: abrirlle as portas ao mundo laboral […]