🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Do 29 de marzo ao 6 de abril, Português Perto

Do 29 de marzo ao 6 de abril, a cultura lusófona volverá a ter un protagonismo destacado na programación do campus de Ourense coa celebración dunha nova edición, a novena, de Português Perto. Aquelas nossas músicas. A través da música, do baile, da historia e da lingua, a comunidade universitaria e a cidadanía en xeral está […]

Especialistas estatais e internacionais poñen luz no coñecemento das enfermidades raras e ultrarraras

As enfermidades raras, arredor de 7000 identificas, e ultrarraras afectan a menos de cinco persoas por cada 10.000 habitantes ou a menos de cinco persoas por cada 100.000 habitantes respectivamente pero o seu enfrontamento médico-científico, socio-sanitario e individual-familiar é un gran reto no que o intercambio de información é fundamental. Con esta idea, o campus […]

A Universidade dá a benvida á primavera coa música de Santi Araújo e Cora Velasco

Dende o seu nacemento no 2005 o festival Sonora chega cada primavera ao Teatro Roberto Vidal Bolaño da Cidade Universitaria ofrecendo novas propostas musicais, mesturando estilos, acollendo en cada edición novos ritmos a cargo de  artistas emerxentes, e tamén consolidados, da escena galega. Este ano o Sonora retornou cun concerto no que os asistentes puideron gozar da […]

O campus acolle a reunión dos principais axentes do proxecto de innovación en saúde Código Máis

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolleu a reunión dos principais axentes do proxecto de innovación en saúde Código Máis, un traballo financiado con 2.288.893,27 euros dentro da primeira convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (Poctep) 2014-2020. Posto en marcha en xuño de 2017 e con finalización prevista para o vindeiro mes […]

Media ducia de voces contra a violencia sexual sobre a muller

Prostitución, pornografía e micromachismos son tres expresións dunha mesma realidade: a violencia sexual contra as mulleres, un feito que a xustiza, os medios de comunicación e as redes sociais, mesmo poden contribuír a fomentar, en lugar de poñerlle fin e denuncialo. A través dos testemuños de media ducia de mulleres as e os asistentes á Xornada […]

‘reseñas.6’ achega o feminismo á teoría económica

Cando se fala de economía, a mente fai unha viaxe a artigos de carácter académico situados lonxe da realidade socioeconómica da maioría das persoas. Non é o caso do volume que se presenta este mes dentro de reseñas.6 que, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo, tráenos Debatiendo con Piketty: a […]

O alumnado de doutoramento, clave para o futuro da investigación universitaria

A Universidade de Vigo conta, neste curso 2018-2019, con 1348 alumnas e alumnos matriculados en estudos de doutoramento, 218 dos cales están en programas do campus de Ourense, 219 en programas do campus de Pontevedra e 911 nos de Vigo. Para todos eles, a institución organizou este venres un acto de benvida, que tivo lugar […]

‘Hackers bos’ volven reunirse na Universidade de Vigo

45 alumnas e alumnos de Enxeñaría, de Bioloxía, de Publicidade e Relacións Públicas… traballando xuntos en solucións tecnolóxicas innovadoras que responden a retos sociais e coas que se busca construír un mundo mellor. O Teatro Roberto Vidal Bolaño da Cidade Universitaria de Vigo acolle desde este xoves e ata mañá sábado a quinta edición en […]

O grupo GTE participa na creación dun dispositivo capaz de capturar e almacenar CO2

Un dispositivo capaz de capturar e almacenar CO2 en poscombustión ou CCS (Carbon Capture and Storage) facendo fronte ás dúas principais complicacións que trae consigo esta tecnoloxía: o elevado consumo de enerxía que conlevan e o gran volume de substancias ambientalmente perigosas que producen. Este é o principal resultado do proxecto BIGs (Biosphere Industrial Green […]

O paso dos anos e a corrección política foron “edulcorando” a Pippi Medialongas

Rebelde e irreverente. Así era Pippi Långstrump, personaxe literaria creada pola escritora sueca Astrid Lindgren en 1945, a inesquecible nena de pencas na cara e trenzas laranxas coa que rapazas e rapaces de todo o mundo viviron aventuras ata convertela en toda unha icona contemporánea. O libro, de 1945, foi traducido a máis de 70 […]

O alumnado da EE Industrial recupera a celebración do seu patrón como unha alternativa a San Pepe

Un xeito diferente de percibir a enxeñaría e as súas aplicacións e, ao tempo, unha alternativa á celebración do patrón da Escola de Enxeñaría Industrial que, nos últimos anos, se tiña convertido non multitudinario botellón. Estes son os dous piares fundamentais da I Revolución Industrial’Es, unha proposta da Delegación de Alumnos da EEI coa que queren recuperar […]

O concurso ‘Eme_Pakuxa’ busca mellorar as técnicas de improvisación oral da comunidade universitaria

Pecha Kucha é unha modalidade de presentación oral, dinámica e curta creada no 2003 e que na actualidade está a consolidarse a través de diferentes congresos e concursos. Adaptando este formato oriental a concurso, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía xunto coa Delegación do Alumnado puxeron en marcha o concurso Eme_Pakuxa que terá lugar os días […]

Arranca a XIX edición do Foro Tecnolóxico de Emprego coa participación de máis de medio cento de empresas

Nueva Pescanova, Norvento, Finsa, BorgWarner, Indra, Marine Instrument, EDF Solar, Applus+, Ernst&Young, Televés, Everis, Altia, Deloitte, Quobis, Imatia… Estas son algunhas das máis de medio cento de empresas que participan desde hoxe e ata o venres na XIX edición do Foro Tecnolóxico de Emprego, unha cita xa clásica do calendario universitario e empresarial galego organizada polo […]

A HappyGoRunning celebrarase na tarde do sábado 27 de abril

A coincidencia de data de celebración das eleccións xerais do 28 de abril coa carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria supuxo un reto para o Servizo de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo. A mes e medio da cita, a organización viuse obrigada a suspender temporalmente as inscricións ata acordar unha nova data. Finalmente, a carreira universitaria, inserida […]

Ciencia e tecnoloxía ‘nano’ para identificar e monitorizar “in situ e en tempo real” as principais ameazas do medio mariño

Desenvolver e pór en marcha novas tecnoloxías que permitan a detección e monitorización “in situ e en tempo real” dalgunhas da principais ameazas que afectan na actualidade ao medio mariño e que acostuman estar relacionadas con distintos contaminantes resultado ou consecuencia da acción humana. Este é o principal obxectivo co que este ano se puxo en […]

Descobren que as rías galegas fertilízanse con nitróxeno do aire

O nitróxeno é un elemento esencial na biosfera, dado que é imprescindible para o crecemento das plantas en ecosistemas tanto terrestres como acuáticos. Selvas tropicais, pradarías mariñas e algas microscópicas, mediante o proceso da fotosíntese, alimentan as cadeas alimenticias e retiran dióxido de carbono da atmosfera. “A pesar de que na atmosfera o nitróxeno molecular […]

Unha reflexión sobre a piratería e o acceso a cultura conecta Lima, Xenebra e Pontevedra

A compra por parte da artista e exalumna da Facultade de Belas Artes Sabrina Fernández do arquivo de Mondo Trasho, un posto de venda especializado en cinema independente e de serie B emprazado no centro comercial Polvos Azules de Lima constitúe o xerme da exposición que desde este venres pode visitarse na Sala X. Unha exposición […]

Un taller achega ao alumnado aos múltiples ámbitos de uso dos microcontroladores

Achegar ao alumnado unha serie de nocións que lles permitan iniciarse na programación de microcontroladores é o propósito central do taller Desenvolvemento de proxectos de IOT e fundamentos de programación, que nestas semanas se desenvolve na Escola de Exeñaría Forestal. Inserido na programación de obradoiros da Vicerreitoría do campus para este segundo cuadrimestre, o taller que […]

Un 8M tinguido de vermello e lila

“Sangro cada mes para que a humanidade sexa posible. O meu útero é unha fonte de vida para a nosa especie escolla eu crear ou non. Pero raramente se entende así. Menstruamos e veno como algo sucio, enfermizo, unha carga coa que pretendemos chamar a atención. Como se este proceso fose menos natural que respirar. […]

Un estudo da Universidade demostra que as plantas invasoras contribúen a avivar as pragas de insectos herbívoros

En 2018, un estudo sobre as ‘100 peores especies exóticas en Europa’ incluía a mimosa (Acacia dealbata) e a uña de gato (Carpobrotus edulis), entre elas, dúas plantas invasoras moi estendidas polo noroeste peninsular e que traen consigo numerosas consecuencias negativas nos ecosistemas autóctonos. Neste contexto, unha nova investigación da Universidade de Vigo e o Museo […]

Filoloxía e Tradución acolle a presentación do novo número da revista ‘Follas Novas’

As celebracións arredor da figura de Rosalía de Castro coparon estes días a axenda cultural galega, tamén na Universidade de Vigo, onde aos actos celebrados o pasado luns no campus de Ourense se sumou este xoves unha nova actividade, organizada neste caso polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Da man do profesor e escritor […]

A Universidade convoca as bolsas comedor cunha contía de 500€ anuais

O alumnado de grao e mestrado da Universidade de Vigo pode solicitar ata o 8 de marzo as bolsas comedor, unha axuda de 500€ anuais destinada a garantir a igualdade de oportunidades das persoas que se atopen nunha situación económica que poida dificultar o seu acceso e permanencia na Universidade. A partida orzamentaria para esta […]

As principais firmas españolas de servizos profesionais captan en Vigo talento económico-empresarial e xurídico

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais transformouse este mércores nun auténtico recinto feiral no que se deron cita algunhas das principais firmas españolas de servizos profesionais (Garrigues, Nueva Pescanova, Deloitte, Abanca, Grupo Iberconsa…) e un gran número de alumnos e alumnas desexosos de amosar o seu talento a quen, en breve, serán os seus […]

O Grupo de Tecnoloxías da Información participa en Barcelona no Mobile World Congress

O Grupo de Tecnoloxías da Información, integrado en atlanTTic, participa esta semana en Barcelona no Mobile World Congress –MWC-, epicentro mundial dos principais avances en tecnoloxía móbil e conectividade e que este ano ten como grandes protagonistas os móbiles pregables e o 5G, tecnoloxía que empezaba a dar os primeiros pasos na anterior edición e da […]

A Universidade achega ao público vigués unha proposta regular de cine documental

Co obxectivo de achegar o cine documental ao máximo número de espectadoras e espectadores e abrilo a novos públicos, a Universidade de Vigo amplía a programación da serie Docs del mes a Vigo e Ourense, que se suman á cidade de Pontevedra, onde a actividade se desenvolve desde o ano pasado, man da Vicerreitoría do campus. En […]

A historia do prestixioso pianista James Rhodes protagoniza ‘reseñas.5’

Se lemos a palabra Instrumental é moi probable que nos veña á cabeza o termo música, e a música foi precisamente a única táboa de salvación que tivo o londiniense James Rhodes para liberarse do sufrimento e da angustia causados polos abusos sexuais que viviu durante a infancia. O músico decidiu contar a súa historia no libro autobiográfico Instrumental, no […]

Economics for Energy pon o foco no seu workshop anual no ámbito do transporte

A sede de Funcas en Madrid acolleu ao longo desta mañá unha nova edición do workshop que anualmente organiza Economics for Energy, o centro de investigación especializado en análises económicas de cuestións enerxéticas, que dirixen o catedrático da Universidade de Vigo Xavier Labandeira e o docente da Escuela Técnica Superior de Ingenería ICAI e vicerreitor de […]

O investigador Antonio Villanueva analiza as consecuencias das novas regulacións sobre o acceso aos recursos xenéticos mariños

O proxecto European Blue Biobank (EBB), liderado polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, ten dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, coordinar os biobancos que están dentro do European Marine Biological Resource Centre, EMBRC, e, por outra, desenvolver unha guía de boas prácticas para cumprir coa nova lexislación sobre acceso aos recursos xenéticos. Sobre esta […]

A EE de Minas e Enerxía organiza un concurso de fotografía para visibilizar as mulleres nas profesións técnicas

A fotografía serve para retratar diferentes realidades e mesmo denunciar desigualdades. Con este obxectivo, ao abeiro do Día Internacional da Muller, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo organiza o concurso de fotografía MULLE.Rme para dar visibilidade ao sexo feminino nas profesións técnicas. O certame está aberto a todo o público, de […]

A Universidade participa na creación dun innovador dispositivo de xeolocalización de contedores

Un dispositivo de xeolocalización de contedores, capaz de realizar un seguimento continúo do produto tanto en interiores como en exteriores e que, ao tempo, sexa quen de achegar información en tempo real sobre diferentes parámetros de interese (humidade, temperatura, etc.) Este é o grande obxectivo de GOINg –Desarrollo de nuevas herramientas integradas IoT de Geolocalización […]

Un taller no que divertirse e traballar á vez motivación e concentración

Aumentar a “actitude emocional” das e os asistentes. Este é o obxectivo principal de nPositivo. Actitude Emocional, un obradoiro promovido pola Vicerreitoría do campus dentro do Campus Crea que busca traballar co alumnado aspectos como a motivación, a concentración ou a mellora da autoestima. E facelo “dun xeito divertido”, como sinala o experto en clown Alberto […]

A Universidade participa en Birmingham nun encontro internacional para promover o uso dos nanofluídos

A Universidade de Vigo participou  este mes en Birmingham nunha das xuntanzas de seguimento da rede europea  Cost Action Nanouptake, unha iniciativa integrada por máis de 35 grupos de investigación de 25 países, entre eles dous vigueses: Enxeñaría Solar e Refrixeración e Física Aplicada II, ao que pertence o profesor Luis Lugo, integrante do comité […]

O sector da alimentación estreará en marzo unha serie de Encontros Universidade-Empresa

Promover un primeiro contacto entre investigadores/as e empresas, ter a oportunidade de dar a coñecer ás empresas o potencial da comunidade investigadora da Universidade de Vigo, achegarse de primeira man as necesidades de innovación da contorna produtiva e planear xuntos posibles vías de colaboración. Estes son os catro grandes obxectivos cos que a Vicerreitoría de […]

Especialistas internacionais danse cita en Vigo no Coloquio Interdisciplinar en Topoloxía

Do 19 ao 22 de xuño a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo acollerá o segundo Coloquio Interdisciplinar en Topoloxía e as súas aplicacións, que reunirá a especialistas internacionais que traballan en diferentes áreas da topoloxía, unha rama das matemáticas que estuda as propiedades dos corpos xeométricos que permanecen invariantes. Dirixido ao persoal investigador e […]

Formación en loxística para ampliar coñecementos na organización industrial

Xa está aberto o prazo de inscrición e matrícula do curso de 15 horas, O deseño e a xestión dos almacéns, que terá lugar na sede campus da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, os días 1, 2 e 8 de marzo. Neste módulo, inserido no V Curso de Especialista Universitario en Dirección de Loxística e […]

Un novo curso ensina como converterse en ‘trader’ ou negociador bolsista

Concibido como unha continuación do curso de Introdución á Bolsa, que rematou a súa XVI edición o pasado mes de novembro, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acollerá este mes o arranque do II Curso de Advanced Trading (trading avanzado), unha actividade formativa na que o alumnado terá a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista […]

A Universidade abre as súas portas aos institutos para dar a coñecer a oferta académica

Con obradoiros prácticos e con experiencias de primeira man. Deste xeito máis de 600 estudantes de institutos e colexios galegos coñecerán a vindeira semana a oferta académica da Universidade de Vigo na segunda Xornada de Orientación Universitaria que se celebrará no campus do Vigo o día 13. O evento enmárcase no Plan xeral de captación […]

Divulgare viaxa a Madagascar para amosar un dos lugares máis diversos e singulares da Terra

Na peza audiovisual que fai o número 45 das producidas por Divulgare, as e os integrantes do grupo de investigación en Ecoloxía e Evolución das Plantas da Universidade de Vigo trasladan ás e aos seus espectadores a Madagascar, “un dos lugares do planeta máis peculiares no que se refire a biodiversidade”, asegura Luis Navarro coordinador […]

Alumnado do campus coordina unha campaña para dar visibilidade á muller no deporte

Dar maior visibilidade ao papel das mulleres no ámbito deportivo é o obxectivo principal da campaña #SoyMujerSoyDeporte, que, nas semanas previas ao 8 de marzo, Día Internacional da Muller, promove por segundo ano consecutivo a Asamblea Nacional de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte (Anecafyde). Unha campaña que neste 2019 coordina un grupo de estudantes […]

Arte para rememorar a traxectoria editorial do Centro de Estudos Fotográficos

En 2016, despois de ter editado 44 libros, dedicados tanto a fotógrafos históricos galegos coma contemporáneos, o Centro de Estudos Fotográficos (CEF) que coordinan Xosé Luis Suárez Canal e o profesor da Facultade de Belas Artes Manuel Sendón puxo fin á súa actividade editorial. Por aquel entón, recoñece Sendón, xurdiu a intención de “facer un velorio” […]