🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A UVigo pon a disposición dos seus centros 150 prazas para a realización de exames no edificio de Zona Franca en López Mora

Aquelas escolas e facultades do campus de Vigo que por mor da covid precisen máis espazo do que actualmente teñen para a realización de exames, poderán dispor nas próxima semanas de entre 140 e 150 prazas no edificio da rúa López Mora que albergaba o centro de informática de Caixanova e que agora é propiedade […]

Dende o 6 de agosto de 1920, data do Decreto de creación da Escola de Comercio de Vigo coa categoría de Escola Pericial, transcorreron ata hoxe 100 anos e seis meses nos que o centro foi quen de xogar un papel fundamental na formación dos e das integrantes dos cadros empresariais da cidade de Vigo, […]

El Plan Director Galicia Destino Seguro de la Xunta recoge la necesidad de apostar por un modelo turístico basado en la seguridad y la calidad

Las universidades de Santiago de Compostela, A Coruña y Vigo han finalizado la primera etapa del Plan Director Galicia Destino Seguro 2021-2023, correspondiente con la etapa de participación del contexto en el que se encuentra el sector turístico gallego como resultado de la huella del coronavirus. La primera conclusión que se obtiene es la necesidad […]

O novo calendario da Unidade de Igualdade visibiliza o maior impacto da pandemia nas mulleres

A Unidade de Igualdade acaba de publicar o seu calendario para 2021, un documento no que aborda os efectos da pandemia desde unha perspectiva de xénero, afondando en temáticas específicas: división sexual do traballo, patróns culturais patriarcais, concentración do poder nos homes e desigualdade social e pobreza. A principal novidade deste ano é que o almanaque garda […]

UVigo e CSIC estudarán nos océanos Atlántico e Austral o transporte de contaminantes de orixe humana

Desde mañá e durante os próximos 30 días investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo, do Instituto de Diagnóstico Ambiental y Estudios del Agua (IDAEA-CSIC) e do Instituto de Química Orgánica General (IQOG-CSIC), en colaboración coa Unidad Tecnológica Marina (UTM-CSIC) participarán nunha expedición no océano Atlántico para estudar e cuantificar as entradas atmosféricas de contaminantes […]

Especialistas internacionais abordaron hoxe nunhas xornadas a nova produción literaria latinoamericana

Cun relatorio sobre literatura e violencia na produción latinoamericana actual a cargo de María Alonso, comezaban esta mañá as xornadas Literatura latinoamericana: reflexións e desafíos organizadas polo grupo de investigación ELICIN, o Departamento de literatura española e teoría da literatura e a Facultade de Filoloxía e Tradución. Ao longo da mañá as e os poñentes achegaron ás persoas […]

Sherpa do Mar dá a coñecer os 12 proxectos empresariais de base tecnolóxica gañadores do seu programa de emprendemento

Doce proxectos empresariais de base tecnolóxica do ámbito mariño-marítimo de Galicia e o norte de Portugal van recibir apoio para a súa valorización e posta en marcha a través de Sherpa do Mar, un programa europeo liderado polo grupo de investigación REDE da Universidade de Vigo e no que tamén participan Campus do Mar e […]

A crise sanitaria non está a permitir que o alumnado de colexios e institutos poida achegarse aos campus a través das xornadas de portas abertas, as actividades divulgativas ou visitas guiadas. Para tratar de manter esta ponte entre a Universidade e o alumnado pre-universitario, a Vicerreitoría  de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria deseñou […]

As tecnoloxías de detección intelixentes convertéronse en parte da vida diaria e cada vez é máis habitual o emprego de sensores para mellorar o día a día das persoas en múltiples ámbitos, desde lograr unha asistencia sanitaria moito máis personalizada ata conseguir incrementar a seguridade de condutores e peóns nas estradas. Conscientes desta realidade acaba […]

A EE de Minas e Enerxía entrega os premios Enfoca.RME e Curtametraxes enerxéticas 2020

Non puido ser unha celebración como noutras ocasións pero desde a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía tampouco querían deixar de celebrar a súa patroa, Santa Bárbara. Neste contexto, marcado polas medidas de seguridade fronte á pandemia, este venres celebrouse de xeito semipresencial a entrega de premios dos concursos de fotografía e curtametraxes […]

O Centro de Investigación Mariña estrea ‘visita virtual’

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, abrirá este venres e sábado 11 e 12 de decembro as súas portas ao público coa estrea da web virtualcim.uvigo.gal, unha plataforma na que acceder de xeito moi divulgativo ao traballo que realizan a diario os 15 grupos de investigación que forman parte deste centro. […]

Unha campaña institucional convida a unificar a sinatura científica para mellorar a visibilidade e o impacto da investigación

O uso de formas diferentes no nome persoal ou no nome da institución na sinatura das publicacións ten consecuencias non desexadas no proceso de comunicación científica: erros na atribución de autorías, inadecuada recuperación da información, perda de visibilidade do traballo de investigación dos autores e autoras e da súa institución e dificultade para analizar as […]

A xornada de portas abertas é unha das citas máis relevantes para o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, xa que nelas pode amosar o seu traballo á sociedade. Pero este ano, a covid-19 obrigou a reinventar este tipo de eventos e para esta ocasión o centro organiza unha xornada que […]

atlanTTic, Cinbio e CIM son os tres centros de investigación da Universidade de Vigo que formarán parte da marca Cigus, Centro de Investigación do Sistema Universitario Galego, un novo selo identificativo no que se está a traballar desde o executivo galego e que, tal como anunciou este venres o presidente, Alberto Núñez Feijóo, permitirá proxectar […]

Ao longo da historia, son moitos os relatos artísticos e literarios que versan sobre obxectos arrastrados polo mar ata a costa. Neste contexto, o profesor do Departamento de Pintura Manuel Sendón inaugurou esta semana Crebas, unha mostra individual na que amosa a súa visión persoal arredor deses restos atopados e que pode visitarse no Museo do […]

Cubertas de invernadoiros, túneles, ensilaxe ou películas de polímero para mulching (acolchado). Estas son só algunhas das utilidades dos plásticos en sistemas de produción no caso dos solos agrícolas, aos que tamén chegan a través do rego con augas residuais tratadas, ou mediante a aplicación de lodos de depuradora ou compost, e mesmo arrastrados polo vento. “Se […]

UVigo e Deputación de Pontevedra erguen a bandeira violeta fronte os ‘machitroles’ do mundo dixital

Noticias falsas e desinformación sobre cuestións de xénero, acoso ás mulleres nas redes sociais, ameazas ás feministas, algoritmos machistas nas plataformas web ou empregos tecnolóxicos masculinizados. Todas estas realidades conforman un patriarcado dixital que vén a unirse ás tradicionais desigualdades de xénero que as mulleres levan sufrindo historicamente. Estes novos comportamentos sexistas e discriminatorios relacionados […]

Avanzando co galego na redacción dos TFG e TFM

Ao longo de 130 páxinas a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo achega na súa última publicación, Na universidade avanza co galego. Guía para mellorar a redacción do TFG e do TFM, as claves a prol da mellora da calidade lingüística no galego académico para a redacción de traballos fin de grao e fin […]

Contra vento e marea, 290 estudantes da UVigo viven este curso unha experiencia Erasmus

Non semellaba o mellor ano para embarcarse na aventura de facer unha estadía no estranxeiro, pero finalmente non foron poucos os estudantes da Universidade de Vigo que solicitaron unha bolsa de intercambio nos programas que se manteñen en funcionamento. Actualmente son 209 mozos e mozas dos tres campus os que xa están na súa universidade de acollida, […]

A pandemia agravou a fenda de xénero que xa existía entre as investigadoras e os investigadores

A situación das mulleres nas universidades españolas amosaba xa unha clara diagnose de desigualdade de xénero e a pandemia non fixo máis que agravar esta situación. Así o amosa o resultado do estudo Xénero e investigación científica na Universidade de Vigo en tempos de covid-19, unha investigación posta en marcha pola Unidade de Igualdade co obxectivo […]

A realidade virtual permite abrir ao público os laboratorios do Cinbio

O Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, Cinbio, abre os seus laboratorios ao público a través dunha plataforma virtual nunha nova edición do programa Divulgando Ciencia Singular, que cada ano achega o traballo deste centro á sociedade mediante obradoiros prácticos e diferentes actividades. Debido ás circunstancias sanitarias actuais, o centro decidiu adaptar estas tradicionais xornadas de portas […]

Vigo, segunda universidade española no ránking de transparencia voluntaria na web da Fundación Compromiso e Transparencia

Nun ano marcado pola pandemia, a Universidade de Vigo confírmase como unha das tres segundas mellores universidades de España no ránking elaborado pola Fundación Compromiso y Transparencia. Segundo o Informe de transparencia voluntaria en la web de las universidades españolas, entendendo por transparencia voluntaria na web “o esforzo por difundir e publicar a información relevante da […]

26 investigadores e investigadoras da UVigo, no ránking dos máis citados da Stanford University

Unha das facianas do traballo investigador é a difusión dos avances acadados en publicacións científicas. As citas que unha ou un investigador ten, a súa cantidade e o tipo de publicacións nas que se inclúen, son tidas en conta en diferentes eidos académicos e investigadores. Co obxectivo de ofrecer “información estandarizada sobre citas”, desde a […]

A Cátedra de Feminismos 4.0 convida a hackear o patriarcado

Ás tradicionais desigualdades de xénero que as sociedades arrastran dende hai milenios, estanse a sumar novos comportamentos sexistas e distriminatorios relacionados coas novas tecnoloxías, a economía dixital ou as redes sociais. Así, ademais da fenda de xénero nas profesións STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths) e dos nesgos sexistas e racistas dos algoritmos tamén […]

A Universidade outorga os II Premios Consello Social UVigo-Humana á asociación Provivienda e ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A asociación Provivienda e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade son as entidades gañadoras dos II Premios Consello Social UVigo-Humana, galardóns cos que a Universidade e o seu Consello Social buscan recoñecer o labor desenvolto por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera […]

Os homes da UVigo perciben un maior grao de igualdade na institución académica ca no resto da sociedade

A diagnose realizada pola Unidade de Igualdade sobre as actitudes e opinións respecto da violencia exercida contra as mulleres constata que os homes da comunidade universitaria perciben un maior grao de igualdade na institución académica que no resto da sociedade. Non obstante, este estudo reflicte unha serie de fortalezas e debilidades acerca da percepción da […]

Enxeñería Industrial e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur organizan unha xornada para fomentar a solicitude de patentes

Co obxectivo de reforzar o crecemento das solicitudes de patentes en Galicia a Escola de Enxeñaría Industrial e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur organizaron para este xoves unha xornada sobre patentes e propiedade intelectual centrada nos ámbitos biomédico e industrial. Debido ás actuais circunstancias sanitarias a cita celebrarase a partir das 16.00 horas de xeito […]

Ciencias Xurídicas e do Traballo programa cinco conferencias virtuais sobre Dereito Concursal

Xuíces, letrados da administración da xustiza, profesores universitarios e administradores concursais participarán entre maña mércores e o vindeiro 9 de decembro no VIII Ciclo de conferencias de Dereito Concursal, unha actividade dirixida polos catedráticos Anxo Tato e Julio Costas, e coordinada por Pablo Fernández Carballo-Calero e Miguel Ángel Bouza, profesores da Área de Dereito Mercantil da […]

A área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Facultade de Xurídicas e do Traballo organiza a xornada O emprego en Europa: o sector da pesca que ten lugar entre os días 25 e 26 de novembro co obxectivo de achegar aos estudantes, tanto universitarios como de Formación Profesional, así como á sociedade, as diversas saídas […]

Os Premios Incuvi decidiranse este curso entre 24 iniciativas empresariais

O xurado dos premios Incuvi ao Emprendemento dedicirá as propostas gañadoras desta edición entre 24 iniciativas empresarias: 14 solicitudes optan aos premios Incuvi Emprende que acadan xa a súa novena edición e nos que se outorgarán un máximo de 12 axudas; nove solicitudes optan aos Incuvi Avanza, que van pola súa quinta edición e dos que se […]

Vigo participa nun proxecto internacional que fomenta a aprendizaxe baseada en xogos entre o alumnado de enxeñaría e economía

A Universidade de Vigo é un dos cinco socios do proxecto europeo HERA, Higher Education Re-engineering through Active Learning for Growth, un traballo financiado con preto de 300.000 euros (Erasmus+) que ten como principal obxectivo desenvolver entre o alumnado de educación superior en enxeñaría e economía habilidades de resolución de problemas a través dun enfoque educativo baseado […]

Se hai uns meses o alumnado da Universidade miraba cara este curso con inquedanza, os estudantes sénior da Universidade de Vigo tiñan aínda máis incertezas sobre como se ía desenvolver o seu regreso ás aulas ao seren, en moitos casos, poboación de risco. Pero as medidas de seguridade e os cambios de localización van permitir […]

100% virtuais. Así son os cursos de formación en lingua galega do primeiro cuadrimestre do curso 2020/2021 organizados pola Área de Normalización Lingüística, unha oferta formativa que se compón este ano de seis cursos en liña totalmente gratuítos, que se van desenvolver ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro e nos que se inclúen propostas […]

A Universidade realizará probas PCR mediante saliva a todo o seu persoal

A Universidade de Vigo realizará nas vindeiras semanas probas PCR mediante saliva a todo o seu persoal. Serán arredor de 3000 persoas as que se someterán a estes test, incluíndo o persoal de administración e servizos, o docente e investigador e todas as demais modalidades de contratos de investigación (de predoutoramento, con financiamento de Xunta de Galicia […]

Os centros darán a benvida ao alumnado de novo ingreso cunhas xornadas maioritariamente presenciais

Co inicio do novo curso académico, os centros da Universidade de Vigo prepáranse para recibir ao seu alumnado. Para acoller ás e aos estudantes que por primeira vez entrarán nas súas aulas, facultades e escolas celebrarán do 14 ao 23 de setembro diferentes xornadas de benvida destinadas ao alumnado matriculado en primeiro curso. Adaptados para dar cumprimento […]

A Biblioteca Universitaria rexistrará os seus usuarios para poder facer un rastrexo no caso de darse un positivo

Como no resto das instalacións universitarias, a crise sanitaria marca o inicio de curso nas bibliotecas e salas de estudo dos campus da UVigo. Coa aplicación de medidas de protección, hixiene e seguridade, como a máscara obrigatoria, as distancias mínimas de 1,5 metros entre os postos e un rexistro de entrada, estes espazos volveron xa a recuperar […]

Xoves empregables: unha cita semanal para lanzar a carreira profesional do alumnado

A priori, a actual situación económica derivada da pandemia da covid-19, non semella o mellor momento para comezar a busca activa de emprego. Pero como caso todas as situacións adversas, esta tamén pode supor unha oportunidade para formarse, coñecer as novas necesidades dun futuro mercado laboral da era pos-coronavirus e mellorar a formación. Con esta […]

As universidades galegas dótanse de novos recursos para fomentar a igualdade de xénero na docencia

Promover políticas integrais que favorezan a igualdade de xénero, o  principio de Igualdade de oportunidades e a diversidade na docencia e investigación universitaria. Os tres reitores das universidades galegas presentaron este xoves once guías docentes con perspectiva de xénero, editadas orixinariamente en catalán por Xarxas Vives, a asociación que reúne 22 universidades de territorios nos que […]

O Centro de Linguas reformula e amplía a súa oferta académica para o novo curso

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo arranca o curso 20-21 estreando web e unha oferta académica totalmente renovada e adaptada ao contexto actual. Nesta nova programación gaña peso a oferta de actividades semipresenciais e virtuais para que así todo o alumnado poida atopar o curso que mellor se adapte aos seus horarios e intereses. A […]

Un artigo sobre a redución dos consumos enerxéticos nas tendas, premiado como o mellor do último bienio

A asociación hispano-portuguesa de economistas ambientais Aerna (Spanish-Portuguese Association of Natural and Environmental Resources Economics) seleccionou un artigo do catedrático de Economía da Universidade de Vigo Xavier Labandeira e da catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Loureiro como a mellor publicación científica realizada nos últimos dous anos no eido da economía ambiental. O estudo, Exploring […]