🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Consellería do Mar remite ás lonxas, á frota e ao sector marisqueiro galego recomendacións para reforzar as medidas de prevención ante o coronavirus

A Consellería do Mar vén de enviar ás confrarías de pescadores galegas unha serie de recomendacións para o desenvolvemento da actividade nas lonxas, nos barcos de pesca e nos bancos e puntos de control marisqueiro ante a situación do coronavirus. Estas medidas preventivas complementan as xa establecidas polo Goberno galego ante a situación do COVID-19 […]

Un informe elaborado pola Xunta constanta o óptimo estado de saúde do mexillón cultivado en Galicia

O Consello da Xunta analizou hoxe un informe do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) sobre a situación zoosanitaria do cultivo de mexillón en Galicia entre os anos 2000 e o 2018. Del despréndese que a saúde dos mexillóns cultivados en Galicia se mantén en estado óptimo desde que se teñen rexistros […]

Galicia aposta por darlle valor aos produtos pesqueiros e fomentar o seu consumo para impulsar a cadea mar-industria

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou hoxe que Galicia está a apostar por darlle valor aos produtos pesqueiros e por fomentar o seu consumo co obxectivo de que a actividade do complexo mar-industria galego siga medrando. Trátase dunha liña de traballo, explicou a titular de Mar, desenvolvida conxuntamente pola Administración e polo propio sector […]

Técnicos galegos do Proxecto Acuipesca Perú proporán melloras tecnolóxicas ao sector acuícola da Baía de Sechura

Expertos do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) e dos seus socios no proxecto Acuipesca Perú participarán a vindeira semana nunha nova misión técnica para presentar os avances acadados no primeiro ano de traballo desta acción, que está financiada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega. Alí proporán melloras tecnolóxicas ao sector […]

A Xunta renovará este ano as súas campañas de promoción do consumo dos produtos do mar entre os escolares galegos

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañou hoxe aos alumnos do CEIP O Foxo no obradoiro da iniciativa Ponlle as pilas ao teu bocata, na que animou aos participantes a consumir conservas de produtos do mar de xeito habitual e resaltou a importancia de incluír estes alimentos na dieta para contar cunha vida máis saudable. […]

Galicia promociona a calidade dos produtos do seu mar na feira Fish International de Bremen

Galicia participou esta semana na feira Fish International, que se celebrou en Bremen (Alemaña) entre os días 9 e 11 de febreiro, co obxectivo de promocionar a calidade dos produtos do mar galegos, chegar a novos mercados e ampliar as posibilidades de negocio do sector pesqueiro. A comunidade estivo presente neste evento cun posto da […]

Galicia contribúe a aumentar a poboación de lumbrigante coa solta de 500 xuvenís da especie en Carnota

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Susana Rodríguez, participou hoxe na solta de 500 exemplares de xuvenís de lumbrigante que realizou esta mañá o alumnado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) na Praia do Mar de Lira, no concello de Carnota. Con esta acción a Xunta busca contribuír a […]

Galicia promove a colaboración entre os investigadores e o sector para a defensa do mar e dos seus profesionais

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe en Ferrol a importancia de tender pontes entre os profesionais do sector e os investigadores en beneficio do mar de Galicia. Nesta liña subliñou que a Xunta sempre apostou e aposta polo traballo conxunto e a transferencia de coñecemento entre ambas partes para a defensa dos intereses […]

A Xunta pide claridade ao Goberno central e que ofreza seguridade xurídica ás empresas do mar

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou hoxe ao Goberno estatal que ofreza seguridade xurídica ás empresas do mar, un sector do que dependen moitos postos de traballo na nosa comunidade, empresas que marcan a calidade de Galicia e dos seus produtos. Alfonso Rueda, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores […]

Un estudio del Instituto Español de Oceanografía  confirma la escasa presencia de basura en los fondos marinos de la División 3L del área NAFO

Aproximadamente 7 millones de toneladas de residuos son arrojados o llegan anualmente a los mares y océanos de nuestro planeta: neumáticos de coches, botellas de plástico, latas, líneas y redes de pesca o bolsas de plástico. Según la ONU, 8 millones de objetos son arrojados al agua cada día y 45.000 pedazos de residuos plásticos […]

Galicia recoñece ante Anmupesca a necesidade de que se revisen os coeficientes redutores en actividades do sector pesqueiro como a das redeiras

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou hoxe todo o seu apoio á Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) durante a celebración da súa asemblea xeral e informou de que a Xunta está a facer xestións para mellorar as condicións de traballo das mulleres do sector. De feito, esta semana a titular de Mar […]

Galicia solicita a implicación do Ministerio de Pesca para defender ao sector ante o posible “efecto dominó” que xeraría a reforma do regulamento de Costas

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, expuxo hoxe á secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, a preocupación de Galicia ante o “efecto dominó” que poden ter no complexo mar-industria tanto a estrita aplicación actual do regulamento de Costas como a modificación que ten previsto facer o Estado. Nesta […]

Vigo lidera a alianza europea para actualizar as necesidades formativas e de demanda de emprego do sector marítimo

Loxística, pesca, construción naval… os perfís profesionais relacionados co sector marítimo son múltiples e as necesidades formativas destes traballadores e traballadoras mudan á mesma velocidade que o fai a propia realidade do sector. De cara a identificar as principais necesidades formativas e de demanda de emprego deste ámbito púxose en marcha o proxecto europeo MarENet, […]

Galicia insta ao Goberno do Estado a aclarar de xeito oficial se paraliza a reforma do regulamento de Costas que tiña en marcha

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, instou hoxe ao Goberno do Estado a aclarar oficialmente se é certo que decidiu paralizar a modificación do regulamento xeral de Costas, tal e como anunciou onte un concelleiro socialista durante a celebración do pleno municipal de Vilanova de Arousa, e lamentou que a Xunta de Galicia non recibise […]

Más de 40 ONGs norteamericanas interesadas en la experiencia prática del estándar de responsabilidad social de la flota atunera española

La flota atunera española muestra hoy en Londres su estándar de pesca sostenible, denominado APR (Atún de Pesca Responsable) y actualmente el único operativo en el mundo que integra la sostenibilidad social junto a la medioambiental. Es precisamente esta vertiente social del modelo español la que ha llamado la atención de más de 40 ONG […]

Hoxe comeza o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente

Hoxe abre o prazo de matrícula para os exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico (Vigo), Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira e o […]

El estándar de pesquerías de MSC garantiza la rigurosidad del proceso de certificación para todas las pesquerías que entran en proceso de evaluación

MSC ha recibido por parte de WWF una objeción a la recomendación dada por la entidad certificadora independiente, Control Union Pesca Ltd., de conceder a la pesquería de atún rojo con palangre del Atlántico Nororiental, Usufuku Honten, la certificación conforme al Estándar MSC de Pesquerías. Esta pesquería de palangre, compuesta por un único barco cuya […]

WWF: “Nos oponemos a la primera certificación MSC para el atún rojo del Atlántico”

Nos hemos opuesto formalmente a la primera certificación de MSC de una pesquería de atún rojo del Atlántico debido a que generaría un incentivo peligroso para el mercado y comprometería a largo plazo la recuperación de esta especie. A pesar de que el atún rojo está en proceso de recuperación tras estar al borde colapso hace tan […]

Planas sinala que se inicia un semestre crave para o futuro da PAC a nivel europeo e para os intereses de España

Á entrada do Consello, o ministro subliñou que se inicia un semestre crave para o futuro da Política Agrícola Común (PAC), tanto a nivel europeo, como para os intereses de España. Sinalou que nas próximas semanas deberán alcanzarse acordos en torno ao orzamento comunitario e aos regulamentos de aplicación da PAC, nun período presidido pola […]

Galicia alerta de que a reforma do regulamento de Costas pon en risco “como minimísimo” a máis dun cento de empresas do seu complexo mar-industria

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, alertou hoxe de que a proposta de modificación do regulamento xeral de Costas impulsada polo Goberno central pon en risco “como minimísimo a máis dun cento de empresas” do complexo mar-industria asentadas no litoral Galicia, como depuradoras, cetáreas, cocedoiros ou fábricas de conservas, e explicou que este cambio normativo […]

Galicia impulsará o funcionamento e mellora da competitividade das súas confrarías de pescadores a través das súas federacións

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, enxalzou hoxe o papel que desempeñan as federacións galega e provinciais de confrarías de pescadores na representación tanto das 63 entidades existentes en Galicia como dos seus profesionais e salientou a importancia de apoiar o seu funcionamento e a mellora da súa competitividade. Con ese obxectivo, destacou, as catro […]

O complexo mar-industria de Camariñas beneficiouse desde 2009 de preto de 15 millóns de euros para mellorar as súas infraestruturas

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe a importancia de que os distintos elos da cadea mar-industria traballen xuntos para mellorar a súa actividade e lembrou que o sector pesqueiro de Camariñas contou desde 2009 con preto de 15 millóns de euros de investimento para impulsar o seu labor e mellorar as súas infraestruturas. […]

Investigadores del Instituto Español de Oceanografía y profesionales del cerco acuerdan colaborar para mejorar el conocimiento de la dinámica de sardina

El objetivo de esta reunión es mejorar el conocimiento sobre la biología y estado de las poblaciones de peces pelágicos explotadas por esta flota, con el fin último de promover una explotación medioambiental y socio-económicamente sostenible de los recursos pelágicos. En este encuentro, los miembros del IEO presentaron al sector la forma en que se […]

Galicia acolle un encontro para analizar o futuro da frota oceanográfica europea e o seu labor de apoio á ciencia

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar organiza o vindeiro 23 de xaneiro xunto ao European Marine Board (EMB) un encontro para analizar o presente e o futuro da frota europea de buques de investigación. O evento, que se celebra na sede do Cetmar e que contará coa participación de distintos expertos na materia, enmárcase na […]