A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro e de vento que afectará ao oeste e suroeste da provincia da Coruña a partir deste mediodía. Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir das 14 horas de hoxe espérase temporal por […]
O vindeiro 10 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura #IURISTICGAL18, a VIII Xornada de Informática Xudicial que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega). Nesta VIII edición a xornada leva como título Privacidade, blockchain e ciberseguridade e os seus contidos, estruturados […]
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca a cuarta edición do curso ‘Xestión e dirección de proxectos de participación xuvenil: aprende participando, decide aprendendo’. O obxectivo é ofrecer un apoio na mellora das habilidades e competencias de planificación, redacción e xestión de proxectos de participación xuvenil […]
Falar do que acontece despois de formarse na Facultade de Belas Artes, pero tamén das expectativas coas que o alumnado chega a este centro do campus pontevedrés, así como dalgunhas iniciativas que se levan a cabo na facultade máis aló da actividade docente. Estes son os tres propósitos cos que naceu Antes, durante, despois, o libro […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a a convocatoria das axudas destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario de 38 prazas de policía local convocadas pola Xunta de Galicia. Un total de 423 persoas presentaron a súa solicitude para formar parte do proceso selectivo e obter unha das 38 prazas ofertadas para traballar en 23 concellos […]
A Xunta de Galicia aboará a partir da nómina de setembro unha suba salarial adicional do 0,25% a todos os seus empregados públicos, de xeito que a partir deste mes percibirán un 1,75% máis do salario que percibían a 31 de decembro de 2017, tal como establece a orde da Consellería de Facenda publicada hoxe […]
A Xunta de Galicia abre maña e durante un mes o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á nova convocatoria de axudas para a posta en marcha de ata un máximo de 30 Casas do maior, experiencia piloto destinada a atender a homes e mulleres de máis de 60 anos de idade en situación […]
As persoas afectadas pola explosión da pirotécnica de Paramos (Tui) contará cun mes adicional de prazo para a presentación das solicitudes de axudas destinadas a sufragar os gastos de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico derivados da explosión. Esta medida vén a cumprir o avanzado o pasado 29 de agosto, […]
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén publicar as gravacións últimas sesións de #DemosXWeb, nas que se expuxeron temas de actualidade como a nova Normativa Xeral de Protección de Datos (RXPD), as subvencións para mellorar o ERP na empresa e o uso profesional da aplicación de mensaxería […]
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou esta mañá en Rodeiro unha nova edición do programa de cinema de verán na rúa Redecinema, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que este ano chegará a 15 concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Desta vez, os filmes escollidos son as […]
Esquerda Unida demanda un ano máis a implicación da Xunta de Galicia en labores precisas e efectivas de extinción de lumes, así como a prevención dos mesmos, tendo moi presente a vaga de lumes do pasado ano. Se ben o Goberno galego aprobou fai tres meses o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios […]
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou esta mañá un paquete de medidas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) para o próximo curso 2018/19, enmarcadas na Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020. Tal e como destacou, “a acción prioritaria nesta estratexia STEM” será a posta en marcha do Bacharelato […]
A Xunta de Galicia apela ao apoio da sociedade galega para que o vindeiro día 16 de xuño as 22 batidas de limpeza da iniciativa 1m2 pola natureza sexan un éxito e se avance un paso máis na mitigación do impacto do lixo nos espazos naturais. Así o trasladou esta mañá a directora xeral de Calidade […]
A Xunta pon a disposición dos viaxeiros afectados polas cancelacións de voos no aeroporto vigués de Peinador todos os medios cos que conta a Administración autonómica para que poidan defender os seus dereitos. Así, todos os pasaxeiros poden recibir información e asesoramento nas oficinas do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) nas sete […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no DOG o calendario escolar para o vindeiro curso 2018/19, para os centros sostidos con fondos públicos, polo que se fixan os períodos lectivos e vacacións correspondentes. Deste xeito, para o alumnado matriculado en 2º ciclo de infantil, en primaria e en educación especial as clases comezarán […]
O prazo de solicitude para optar ás axudas do Bono Autónomo, de ata 3000 euros, rematará o próximo 4 de xullo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a convocatoria do programa da Consellería de Economía, Emprego e Industria para este ano, que está dotado cun investimento de 3 millóns de euros. Trátase […]
No DOG deste 31 de maio saen publicadas as bases das axudas económicas para os traballadores e familias monoparentais (homes ou mulleres) que se acolleran a unha redución de xornada para o coidado das crianzas. Estas axudas teñen como obxecto a conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade. Poderán ser […]
As empresas galegas de 10 ou máis empregados superan a medida estatal no uso de software libre, ascendendo do noveno posto no ranking de Comunidades Autónomas ao quinto lugar. Cabe salientar o crecemento deste indicador se producen tanto nas empresas galegas con 10 ou máis empregados, cun aumento de 1,4 puntos, como nas microempresas, que […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de resolver as axudas para a realización de estadías para a mellora da competencia do alumnado en linguas estranxeiras, na que este ano se duplican as prazas ao convocar un total de 1400, fronte ás 682 postas a disposición o curso pasado. Así mesmo, o orzamento […]
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, felicitou hoxe á Denominación de Orixe das Rías Baixas por ter conseguido converterse nunha das rutas do viño españolas favoritas dos enoturistas. O ano pasado recibiu máis de 115.000 visitantes e converteuse na sexta preferida polos visitantes. Nava Castro puxo este recoñecemento en valor durante a súa […]
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da terceira edición do programa Principia que impulsará a contratación de 110 mozos e mozas investigadores en empresas e centros de coñecemento galegos co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-090518-0005_gl.html) a resolución da convocatoria de axudas complementarias para o alumnado do Sistema Universitario de Galicia (SUG), que durante o curso 2017/18 participa no Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus+. En total, concédense 950 axudas, a todos os solicitantes que cumpriron […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á orde de prelación e á puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario: persoal de enfermería, persoal de enfermería da Fundación Pública […]
A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas do programa Iniciativa Xove coas que se busca que os mozos e mozas poidan seguir participando e poñendo en marcha proxectos de interese organizados ben por entidades xuvenís ou ben eles mesmos, nos que sexan os auténticos protagonistas. A convocatoria do programa […]
A Xunta continúa desenvolvendo a Estratexia Autónomo 2020 coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da axuda específica encamiñada a favorecer a conciliación laboral e familiar dos traballadores galegos por conta propia e do apoio que permite aos traballadores manter durante seis meses máis a cota reducida á Seguridade Social, pagando, deste xeito, durante o seu […]
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pechou hoxe por acordo unánime os horarios que se establecerán para a vindeira tempada estival para viaxar por transporte marítimo regular ás Illas Cíes, do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. A Xunta de Galicia coordinou as negociacións levadas a cabo en diversas reunións coas […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación provisional de persoas admitidas no proceso selectivo para a cobertura de 109 postos de auxiliar de policía local. A listaxe provisional de aspirantes admitidos/as poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública,http://agasp.xunta.gal. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de cinco días […]
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas destinada a entidades de iniciativa social que desenvolvan programas de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos. En total, a través desta convocatoria -financiada ao 80% polo Fondo Social Europeo- resultaron beneficiarias un […]
Unha páxina web da Consellería do Mar ofrece ao sector e aos axentes interesados información e asesoramento relacionado coas axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Neste espazo, dedicado exclusivamente ao fondo FEMP, as persoas interesadas poden acceder ás convocatorias vinculadas a esta ferramenta de financiamento pesqueiro, ás resolucións de concesión das axudas e tamén a […]
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle, o día 4 de abril, unha xornada que leva por título “Ceph, unha solución aberta para a xestión masiva de datos no teu CPD” (https://cdtic.xunta.gal/ceph) e que se desenvolverá nas súas instalacións de Santiago de Compostela de 9.30 a 14.00 horas. […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a emigrantes galegas e galegos retornados, que teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu regreso á Comunidade Autónoma de Galicia ás familias que presentan máis dificultades para […]
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), salienta que o cambio de hora previsto para esta fin de semana –co comezo do horario de verán, na madrugada do sábado ao domingo deberanse adiantar os reloxos unha hora (ás 02.00 horas serán as 03.00 horas)–, representa un aforro […]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de […]
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará un millón de euros a subvencións a comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública para reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios de vivendas promovidas pola Xunta ou transferidas á comunidade autónoma, segundo recolle a Orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, e que contén as […]
Un total de 386 empregados públicos participarán nas oposicións de promoción interna para lograr un ascenso ou un cambio de categoría, segundo as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). Todas as persoas solicitaron participar nestes procesos co obxectivo de obter unha nova praza en categorías dos […]
A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), sorteará o vindeiro día 6 de marzo cinco vivendas rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, nos edificios Subida á Costa 5 y Subida ao Castelo 12 . As listas de demandantes de vivenda que participarán en ditos sorteos foron xa publicadas […]
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de aplicacións empregando a tecnoloxía Java Spring Web. O código fonte, liberado baixo unha licenza de software, está dispoñible no repositorio de Software Libra da Xunta de Galicia (https://forxa.mancomun.org/projects/archam-spw/). Con esta nova liberación búscase poñer […]
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, no marco da Política Agraria Común (PAC). Son un total de 190 […]
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se someten a información pública dous proxectos para a eliminación de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-552, nos Concellos de Vigo, Nigrán e Baiona. Estas dúas actuacións forman parte do conxunto de tres proxectos de […]